Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

ORXABÁN (Verbena officinalis)

O orxabán , nome común da planta Verbena officinalis no sur da provincia de Pontevedra (Mos, Vigo, Cangas... xa dicía o padre Sarmiento que era propia da provincia de Tui), é unha planta herbácea, perenne, da familia das Verbenáceas, que nace de forma espontánea en terreos ermos, nas beiras dos camiños, en comareiros e en terras de poulo. Ten un talo erecto, que pode chegar ao metro de altura, con follas opostas, oblongas ou lanceoladas, e as flores lilas ou azuladas que saen en espigas terminais. Utilízase na medicina popular en varios remedios, ben como nas herbas de San Xoán. Historicamente é considerada unha planta sagrada, tanto polas civilizacións clásicas, gregos e romanos, como polos celtas e outros pobos. O nome orxabán (Torroso, Mos) non aparece recollido no Dicionario da Real Academia Galega , pero si aparece nas entradas do Dicionario de dicionarios ao lado da forma verxebán , coas variantes gráficas orxaván , orjaban , vergeban . Estas dúas formas tamén figuran...

TOPAR EN FALTA

Xa escribín algunha vez antes sobre a forma “botar de menos” de uso cada vez máis estendido e admitido polo Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega, non así polo Dicionario da Real Academia , aínda que si recolle formas parecidas como botar en falta , botar en falla . Estas formas son un claro calco do castelán echar de menos , non hai dúbidas disto. E como xa escribín noutro post , esta forma castelá parece que procede do galego-portugués medieval achar menos (VER ESTA LIGAZÓN ) . Esta orixe aclararía o significado e a composición estraña tanto en castelán coma en galego de echar de menos e a tradución botar de menos . Curiosamente, esta forma medieval galego-portuguesa lévanos directamente a formas comúns no galego moderno como topar en falta , topar de falta , topar a faltar e outras variantes co verbo encontrar, notar ou poñer. A cuestión que quero pór de relevo aquí é o motivo por que se temos varias formas no galego moderno se impón cada vez máis a castelá? Á...

PECADOS DA PALABRA

No galego estamos todos moi preocupados por normalizar aquelas palabra máis bonitas, máis enxebres, pero teño a sensación de que hai outras palabras que fican aí nun limbo prexudicial para a súa conservación, posto que cando hai algunha dúbida sobre o uso ou a idoneidade dunha expresión ou termo, sempre acaba impóndose a castelá. E xa non digo nada das "palabras feas", dos insultos e dos xuramentos, ata iso se perde. Lémbrome de cando era pequeno que a todas estas "palabras feas" lle chamabamos "pecados", se alguén se cagaba en algo ou alguén, se lanzaba algún exabrupto enseguida había alguén que dicía: "ah, dixeches un pecado" ou un adulto que te reprendía por dicir "pecados". Sen dúbida, non é máis ca unha mostra da omnipresente cultura católica. Hoxe en día ese "dicir pecados" soa tan inxenuo, tan infantil que moita xente opta polo castelán "taco", "dicir tacos", "palabrota", "dicir pal...

AFINAL ERAN BACANAIS!

Unha vez falando coa que teño por miña avoa, contoume un deses relatos, case secretos, que non pode saber a xente decente con temor de Deus. Por este mesmo motivo, porque unha muller honrada, de misa diaria, non podía saber desas cousas, o relato foi entrecortado, sen entrar en detalles precisos e moito menos sen grandes descricións. Esa historia truculenta que me contou foi a dos bochicos. Un bochico , bachical ou bachicage era unha reunión nocturna de xente relacionada coas artes ocultas, coa bruxería, o espiritismo etc. que se facían daquela, nos tempos de antes, dos que ela oía falar cando era rapariga e, sobre todo, dos que lle falaba a súa avoa. Polo que me dixo, esas reunións foron perseguidas e prohibidas polos excesos que se cometían nelas. Parece ser que se xuntaba xente "de pouca reputación" nunha carballeira ou nun lugar de monte apartado das casas e a través de ritos máxicos, de alcol e outras substancias psicótropas os participantes entraban nun estado que pode...

VAI DE CHUMBOS, CHIMPOS E PINCHOS!!

Cada día estou máis convencido de que nunca se acaba de aprender unha lingua, nin a propia. A sabedoría popular reflícteo moi ben co dito: está o vello a morrer, está o vello a aprender. E como eu ando a iso, a aprender, teño o radar sempre aceso, o filtro posto, e non son poucas as veces que cazo palabras novas ou xa coñecidas utilizadas dunha forma nova, con outro significado diferente do que xa sabía. Iso non ten nada de raro, é normal que non se coñezan todas as palabras, pero o que máis me chama a atención é que esas palabras veñan de persoas coas que trato a diario. Son palabras que estaban aí gardadas no seu acervo lingüístico e que non utilizan moito. Por exemplo subacoso , unha mina subacosa 'oculta', 'escondida nun lugar de difícil acceso'... de onde raio sairía esa palabra? De * subaquosus ? Non o creo, para este "enigma" aínda non teño ningunha teoría, nin sequera unha destas teorías loucas. Hai outras palabras e expresións como chumbo de ghato...

O MONTE É NOSO!

Hai uns días que vin este documentario e pareceume moi interesante. Ten un gran valor histórico e etnográfico. Despois de ver o vídeo quedei coa sensación de que as cousas non mudaron moito en corenta anos, todo o contrario, paréceme que foron a peor. Non son conflitos novos a má xestión do monte, a utilización dos nosos recursos para enriquecérense catro a conta de todos. Por desgraza, están de actualidade os mesmo problemas de hai corenta anos: as minas, os incendios e a explotación dos montes. E polo visto continuará así, posto que os que nos gobernan se negan a ordenar o monte e a parar coa depredación. O caso é que mentres alguén se estea a enriquecer con esta triste situación, non mudará. Á parte do interese histórico, tamén ten un grande interese lingüístico. Hai varias palabras que me chamaron a atención. (inicio) " Eu ía co rabaño, había tres rabaños... en Santa María de Xeve, .... no lughar de Fontáns... e ía co rabaño, eu tocaba o corno e había tres rabañ...

ISTO É GALEGO VIVO!!

É unha marabilla oír falar a xente así de ben, con esa expresividade e esa riqueza lingüística, nese galego tan bonito, neste caso o contraste aínda o fai máis evidente. Cando vin este vídeo á parte de encantarme o ben que falan estes veciños de Morás (Arteixo), tamén me chamaron a atención unhas palabras que nunca oíra, e se fixen este post é precisamente por iso, para chamar a atención sobre elas. Só transcribo o que fala unha veciña, a da viseira, porque é a que di as palabras que me interesa comentar. «Eu x'ò vin cos pantalóns todos embaixo de todo... qu'el asta... coidadiño trae uns calzoncillos lindísimos... pero 'taba coma cando su madro lo parió , per'eu como había así aghamarzò  e monte ó lado e había árbores, pillei un pòlôn , así dunha póla, e púxena no carretillo, qu'eu se vén ó alto del e me bota a man, eu doulle onde lle caíran...» «E vas sola e se cadra bótache a man... e... non digho nada...» «El moi ma... moi moi maior non se fai,...