Avançar para o conteúdo principal

Q-Z

QUICA s.f. Galiña anana; quirica, charrisca.

QUICO s.m. Galo anano.

QUIRICA s.f. Galiña anana; quica, charrisca.

QUIRICO s.m. Galo anano.

QUIRO interxección Voz para chamar polo porco; chino.

-Quiro quiro quiro... ven!

RABELO adx. Dise das pezas de roupa que son curtas. (Vimianzo)

RABELUDO adx. De mal xenio, rabudo.

RABIACÁN (mazáns de rabiacán) Tipo de mazá para facer sidra.

RABINA adx. Disposta, botada para adiante, viva.

- A  muller sempre foi máis rabina ca el, máis disposta.

RABISCO -A adx. Que non acepta ben as ordes nin a disciplina. Que ten moito xenio.

- Aghora non se lle pöde dicir nada, que se pön rabisca!!

RABONADA s.f. Reprimenda forte.

RAIANA adx. f. Muller mala, de mal carácter que berrega moito e se alporiza con moita facilidade.

RAIO s.m. Raio. Utilízase como intensificador de adxectivos xa de por si negativos ou para darlle valor negativo a un substantivo. Con adxectivos vai inmediatamente anteposto, con substantivos vai seguido da preposición de.

- Raio parvo do carallo, sácateme de diante!
- Pero como te metes nesa lamallada!!? raio porco!
- Ese raio desa vaca é peor có demo!
- Onde se meteu ese raio de rapaz?
- Pero onde se meteu ese raio!!??
- Que anda a facer ese raio!
- Ese raio de rapaz solo sabe facer mal.
- Raio de muller... non sabe estar calada!
- Raio de homes... son todos ighuales!
- Cala raio! De quen aprenderías a falar ti así!?

Nota: Na maioría dos contextos é susceptible de intercambiar por demo, carallo ou chispa:
Ese demo de rapaz/ ese raio de rapaz 

RAPACÁN s.m. Reprimenda, berregueira. (Arcade)

- Onte levou un rapacán que se caghou na cona!

RAPOSA s.f. Mamífero carnívoro salvaxe da familia dos cánidos (Vulpes vulpes). A forma feminina é a xeral e non marcada.

RARO s.m. Ave de rapina nocturna da familia dos estrixídeos (Strix aluco) de tamaño mediano e cor acastañada. Emite uns son estridentes moi característicos; páxaro raro, páxaro da morte.

RATEIRIÑO adx. Sixiloso, silencioso.

- Pasou rateiriño por debaixo da ventana que non-o oíu ninguén!
- Estabamos todos na sala e el marchou rateiriño que ninguén se deu conta.

*Ver o português sorrateiro.

RAXETE s.m. Cada unha das dúas tiras de carne magra que se extraen da parte inferior do espiñazo do porco ou doutro animal; solombo, lagarto. (Ortoño, Ames)

REBELEAR v.i. Moverse convulsivamente, espernear.

Pode vir de rebelar (do latín rebello -are) co sufixo reiterativo ou frecuentativo -ear.

REBOUTALLO s.m. Parte sobrante de mala calidade que ninguén quixo.
- Décheslle as millores (mazáns) ós teus amigos e agora vésme a min co reboutallo.

REBOUZA s.f. Elevación do terreo á beira dos camiños, dos ríos ou regueiros, etc.; ribada, ribazo. Parede de terra que queda ó escavar o terreo.

REBOUZAR v. Esborrallarse unha zona elevada, vir abaixo unha ribada. Desfacerse unha parede de terra resultado dunha escavación.

- Estaba a face-lo pozo e rebouzou a terra e quedou alí enterrado.

REBULLO s.m. Restos en anacos pequenos que quendan da leña cando se corta, da madeira cando arde, etc. (Vilasantán, Baralla)

REBUMBIA s.f. Disputa, enfrontamento con berros e confusión.

- A min que non me tire do xenio, porque lle monto unha rebumbia que vai mirar...!!

RECADÉN s.m. Gordura que se acumula, sobre todo ás mulleres, nos cadrís. Anchura dos cadrís. (Arcade, Soutomaior)

RECASTAR v.t. Cruzar unha raza [de animais] boa con outra non tan boa, polo que a descendencia perde calidades. [En persoas] diferenciarse un ou varios membros dunha familia dos outros.
- Esta vaca xa non é tan boa coma a nai, xa é recastada.
- Estes dous netos xa non se parecen tanto a vós, estes xa son recastados.

RECOCHAR v.i. Deixar que a comida se acabe de facer co calor residual que queda ao apagar o lume. Continuar a combustión dunha fogueira xa sen lume pola calor das brasas e o rescaldo. Deixarse estar na capa máis tempo do normal.

- A fogheira quedou a recochar toda a noite e á mañán aínda tiña calor.
- Tes a comida a recochar aí, xa debe estar desfeita.

(Do castelán recocho -a e este do latín recoctus, participio pasado de recoquere)

REGHÖZA s.f. Rego ou gabia que se fai á estrema das coutadas ou matos para separar parcelas de donos diferentes, corcova, barroca. (Vilar, Redondela)

REFILAR v. Facerlle fronte a alguén en actitude de ameaza ou defensa, arrefilar arrepoñerse. Contestar mal.

- Este... hai que ter un cuidado con el... refílalle ó pai e todo! 
- Non che andaba con bromas, asta lle refilaba ó pai!

Ver o portugués refilar.
  
RELAXO s.m. Reboutallo, desperdicio. Prostituta

- Colleu todo o mellor e deixou o relaxo.
- Esa é un relaxo de muller.
- Esa é un relaxo.

RELAZO s.m. Restos vexetais relados, desfeitos.

RELICA s.f. Tallada de comestible [friame, queixo] que se corta fina: unha relica de queixo, de chourizo... (Brión)

RENGUELEAR v. Andar rengo, renguear, coxear.

RËNS s.f.pl. Parte lumbar que abarca a zona dos riles.

- Hoxe non me movo, de andar todo o día baixada non resisto as rëns.


REPELO s.m. Filamento ou partícula que se levanta nunha superficie lisa. Peles que se levantan arredor das uñas.

- Facer algo a repelo: a desgusto, contra a vontade, de mala gana

RESTO s.m. O que queda, o que sobra.


De resto Na frase ir de resto ou estar de resto utilízase para expresar que xa queda pouco ou que se está a acabar algo.
Tamén pode significar polo demais, á parte diso, ademais diso...

- Ghracias que xa vai a tarde de resto, porque teño unha ghana de marchar prá casa!!
- Este viño non está nada bo, nótase que xa vai de resto.
- Xa vai o vran de resto, dentro de nada xa vén o mal tempo.

- Se non fora polos problemas que temos aghora coa raparigha, de resto estamos ben.
- Eu estou ben, home, eu estou ben, se non fora polo que me doi esta perna, de resto estou ben.

RETALLA s.f. Tallada de comestible [friame, queixo, pataca] que se corta fina. (Arcade, Soutomaior; Torroso, Mos)

- Mételle unhas retallas de queixo e chourizo a ese cacho de pan e fai un bocadillo.
- Solo quero dúas retallas de queixo e outras dúas de chourizo.
- A min as patatas ghústanme máis cocidas así en retallas.

RETALLAR v.tr. Cortar en retallas. Cortar en anacos pequenos.

 - Retalla unhas patatas das vellas e ponllas á vaca cunha pouca de fariña.
- Retalla unhas patatas e ponas a cocer que xa é tarde. 

RETEAR (de ratear) v.t. Gastar ou consumir o mínimo imprescindible, con contención, para que dure máis no tempo.

- Reteaba as patatas pra que lle duraran pra todo o ano.

RETINTO adx. De cor moi escura e intensa. Un boi retinto.

- Tiñan un boi precioso, era deses rubios retintos... 

RETÓRNICA s.f. (deformación de retórica) Discurso sentencioso longo e demorado dirixido a instruír ou a reprender. 

- Cando cheguei á casa meus pais botáronme unha retórnica que me puxeron fino.

RETOUZAR v.i. Facer ruído ó mover obxectos.
- Pra limpar unha cociña fai falta tanto ruído? Levas toda a tarde a retouzar coa louza e cos cacharros!!
- Deben estar de mudanza porque levan todo o día a retouzar con caixas, louza, mobles...

RETRAUTO s.m. (retracto) Ir ó retrauto Dereito que ten un estremante de reclamar e quedar cunha propiedade que foi vendida a outra persoa.

RETUPAR v.i. Bater coa cabeza [un carneiro] contra algo ou alguén. Arremeter un carneiro contra algo ou alguén.

REVIRICHAR v.tr. Revirar

RIMA s.f. Gran cantidade de cousas colocadas en orde, estibadas.

- Tiñan unha rima de leña no alboio que roncaba un cacho...

RINGOLEIRA s.f. Ringleira.

RISCAR v. Asinar, firmar.

- Déixame as cousas seguras, non me andes con tramponadas, risca neste papel e quedamos os dous en paz.

ROÑICAS adx. e subs. Que anda sempre a protestar por todo. Que roña por todo. Que non lle gusta gastar ou dar os cartos. (Torroso, Mos)

Nota: Ten un valor atenuante con respecto a roñón.

ROÑOSO adx. Que non lle gusta gastar os cartos; coreño, cotreñoso, tiñoso, miserable.

RÓTEL s.m. (de rótulo) Cartel, letreiro.

- Xa lle puxeron o rótel á casa, seica a van vender.
- Teñen a casa á venda, xa lle puxeron o rótel.

ROUCEAR v. Virar o carro, envorcar.

Ver o galego rousar, roncear.

RUNFADA s.f. Grande cantidade de cousas.

- Traía unha runfada de toxo que aquilo metía respecto ó mundo!

Ver no Dicionario de dicionarios runfar, runfa, runfadela.

RUTINAR v. Cismar, matinar.

- Non lle faghas caso, está todo o día a rutinar na misma historia.

RUTINEIRO adx. Cismón

SABANDIXA s.f. Anfibio da familia das Salamandrae (Salamandra salamandra) de cor negra con pintas amarelas. (Aracade, Soutomaior)

SACUDIRSE v. pron. Espelirse, espabilar.

SAIOLO s.m. (despectivo) Saia longa e frouxa.

SALMOEIRA s.f. Auga saturada de sal. (Torroso, Moraña, Brión)

SALSAFRÁN s.m. Sasafrán, azafrán. (Arcade, Soutomaior)

- Antes as vellas ó azafrán chamábanlle salsafrán, dicíanche: "dáme un papel de salsafrán", "bótalle un pouco de salsafrán".

SANCRA s.f. Rego que se fai nunha leira para que escape a auga, para drenala. Rego fondo entre dúas leiras para marcar as estremas; corcöva, regöza, barröca.

- Estaba toda a veigha encharcada e fun alá co leghón pra abrirlle unha sancra ó regho da aghua.

SARABELA s.f. Sarabia. (Arcade, Soutomaior)

SARAMAGHANTA s.f. Anfibio da familia das Salamandrae (Salamandra salamandra) de cor negra con pintas amarelas; sarmaghanta. (Torroso, Mos)

SARAMPELO s.m. Doenza contaxiosa que se caracteriza  pola aparición de manchas rubias na pel e febre alta.

SARANDÓN s.m. Vento frío.

SARDÓN s.m. Lagarto arnal. (Salvaterra, Fornelos de Montes)
En portugués existe a palabra sardão para designa-lo mesmo animal e unha especie de carballo, tamén sardonisca e sardanisca para designar un lagarto pequeno. No Dicionarios de dicionarios aparece sardón e xardón co significado de 'acivro', 'aciñeira chaparra' como variantes. Repárese na relación entre o animal e a planta tanto en galego coma en portugués. Esta mesma relación é a que se establece entre lagarto arnal e toxo arnal.

SARMAGHANTA s.f. Anfibio da familia das Salamandrae (Salamandra salamandra) de cor negra con pintas amarelas. Saramaghanta. (Torroso, Mos)
En portugués rexional utilízanse as variantes salamaganta, salamântiga, saramântiga, saramela.
Outros nomes en galego: píntega, pinchorra, sapagueira, sabandixa, sabanduxa, sacabeira.

SARRADËLA s.f. Clase de herba (Ornithopus compressus). Serradela. (Arcade)

SEQUELLONA adx. Muller moi fraca.

SILVAREDO s.m. Lugar onde abundan as silvas; silvedo, silveiral.

SILVEDO s.m. Lugar onde abundan as silvas; silveiral.

SILVEIRA s.f. Silva.

SILVEIRAL s.m. Lugar onde abundan as silvas; silvedo.

SÍNFANO s.m. Cínfano, cínife. (Torroso, Mos)

Ver cínifre.

SOCOTROCO adx. e s. Dise de algo ou alguén desprezable, o peor do peor (Ribeira)

Nota: Na Arxentina e no Uruguai un socotroco é un pedazo grande de algo, algo grande.

SOLLOSO -A adx. Que recibe moita luz solar.

- Un lugar (eido) solloso, unha casa sollosa.

SOÑENTO -A adx. Que está atordado, desorientado, estraño despois de espertar de súpeto por un mal soño ou pola interrupción allea do sono. (Arcade, Soutomaior; Torroso, Mos)

-Deixa a criatura tranquila, non miras que está soñenta, como empece a chorar vala aturar ti.
-Levantouse soñento e empezou a chorar que non había quen-o parara, asta lle estrañaba ó pai!

*Ver o português sonento.

SOTRETE adx. Persoa moi falsa, falsísima. (Aguiño, Ribeira)

SUBACOSO -A adx. Oculto, escondido.

- Estaban escondidos naquela mina de aghua que é bastante subacosa, está prá parte dalá daquela ladeira e pra un lado hai aqueles laranxeiros e pró outro hai aquel silvedo.

SULEVARSE v.pr. (de sublevar) Protestar de forma irada contra calquera comentario contrario, orde ou imposición. (Arcade, Soutomaior)

- Non se lle pode dicir nada que logho se suleva!

SUMIO s.m. Peluxe branca ou verdosa formada por fungos que aparece en obxectos ou superficies expostos á humidade; barolo, balor, mofo. (Xinzo de Limia)

SUPIA s.f. Persoa amiga de andar a axexar os veciños e andar a falar deles. (Urdilde, Rois; A Barbanza)

SURCIR v.t. Coser os buratos da roupa.

TALENTOS s.m.pl. Úsase na expresión tomarlle os talentos a alguén: saber cal é o punto débil dunha persoa, saber como é e como reacción; tomarlle a medida, saberlle a agulla de marear, collerlle a agulla de marear.

TAMPARANTÁN subs. Utilízase na expresión "dar un tamparantán" que significa trampuxar, empurrar, botar por alguén. (Arcade, Soutomaior)

-Deulle un tamparantán e tirou con ela.

TANGA s.f. Pedra pequena e arredondada coa que se xoga á mariola. (Arcade, Soutomaior)

- Lanza a tanga rápido que me toca a min despois.
- Lanzaches a tanga fóra, perdeches a túa vez.

*Ver peletre.

No dicionario Estraviz aparece recollida a palabra tanga 2 co significado de "moeda asiática", "peso de prata", do sánscrito tanka a través do persa tanga; parece unha etimoloxía razoable.

TANOCO s.m. Toco dunha póla pequena ou rama que queda na árbore despois de cortar esta.

- Cando podaba sempre deixaba un tanoco con tres ollos.
- Deixou o gorro colgado nun tanoco da maceira.

*Ver tano.

Do célta *tanno.

TANXARINA s.f. Especie de laranxa máis pequena e aromática e coa casca doada de sacar; mandarina, clementina. (Arcade, Soutomaior)

En portugués tangerina.

TANXARINEIRO s.m. Árbore que dá as tanxarinas.

TARAMËLA adx.  Persoa que lle gusta adular, que di cousa bonitas e agradables a outros para convencelos de algo, para conquistalos, para facerlle o conto, para quedar ben, un pouco paxareteira; ser unha taramëla.

- Déixateme de parvadas e non me seas taramëla eh.

TARËCO s.m. Cacho pequeno de madeira, de louza ou cerámica. Falabarato.

TAREIXADA s.f. Golpe de chuvia forte, repentino e de pouca duración. (Torroso, Mos)

Ver: treixada.

TARIMBA s.f. Tarima (Torroso, Redondela)

*Ver o portugués tarimba.

TÁRTARO s.m. Úsase na expresión: andar/saír de noite coma o tártaro. (Arcade, Soutomaior)

- Sales á noite... non che dá verghonza andar sempre de noite coma o tártaro?

TATALEXO adx. e subs. Persoa que ten dificulatades para articular correctamente, que prende ó falar. (Arcade, Soutomaior)

TATELO adx. e subs. Persoa que ten dificultades para articular correctamente, que prende na fala. (Arcade, Soutomaior)

TEIXUGHO s.m. Animal mamífero da familia do Mustelídeos (Meles meles). Persoa pouco sociable que se comporta como se lle tivese medo á xente. Persoa introvertida e pouco sociable. (Arcade, Soutomaior)

- Esta rapaza é coma un teixugho, pasa pola xente e non fala, nin mira pa un!

TÉ BRAVO s.m. (Bidens aurea) Herba do té

TENZA DE, Á locución conxuntiva Con motivo de, aproveitando que, xa que. (Torroso, Mos)

- Á tenza de operala dunha cousa xa a operan da outra tamén!
- Á tenza de viren os outros a buscalo tamén vai el a andar na bicicleta.
- Estes cans son o demo, teñen todo mexado, un á tenza do outro mexan todo (cando mexa un mexa o outro).
- Á tenza de mexar un, mexa o outro.

TËRRIZO s.m. Terra formada por materia orgánica en descomposición e mesturada co solo; humus. Restos de esterco mesturado con terra que se raspa do fondo das cortes despois de libralas ou dos currais.

En portugués terriço.

TERROXEIRO s.m. [tərroxeiro] Terreo moi seco e improdutivo. Terreo moi seco onde se levanta poeira.

- Non regharon o turreiro e aquilo era un torroxeiro!
- Aí non botes as patatas que non dá nada, ó vi-lo vrán é un torroxeiro.

TESTUDO adx. Testán, teimoso.

TINTÍN: utilízase na expresión "tintín por tintán" que significa con todo o detalle, ata o último pormenor.

- Primeiro non quería dicir nada, pero despois acabou contando todo tintín por tantán.
- Quero saber todo o que pasou tintín por tintán!

TIRADO preposición Excluída a persoa ou cousa que se expresa; quitado, sacado.

- Tirado teu pai, todos os amigos xa estaban casados.
- Tirado aquel [gatiño] máis escuro, que xa llo prometín á miña neta, os outros pódelos levar ti todos, se queres.

TIRANDO preposición Excluíndo a persoa ou cousa que se expresa; quitando, sacando.

TÖL s.f. Töleira (Tui; Rubiós, As Neves)

- Vira-la töl: abrir ou cerrar a töleira para deixar pasar a auga ou sacala dunha veiga. (Cabreira, Salvaterra de Miño).

En Riba de Mouro (Monção) utilízase a mesma expresión "birar a tola" coa variante tola:
-Biro a tola nim que tu te remitches toda. (Grupo de Facebook Lá D'Riba)

En Touro utilízase a expresión "torna-la auga" para expresar a mesma acción.

TÖLEIRA s.f.  Abertura nun rego ou nunha poza por onde sae a auga para conducila ás veigas. (Torroso, Mos; Arcade, Soutomaior)

- Vai tapa-la töleira da poza pra que encha.
- Tapáronlle a töleira e perdeu de reghar toda a noite.

TOMARA interxección Utilízase para expresar un desexo; quen me dera.

-Tomara que viñeran teus padriños hoxe, que xa ía con eles.
-Tomara eu que o pudera mirar, pero xa non chegho alá

TORELLO s.m. Excrementos compactos de forma cilíndrica; turullo, zurullo, cagallón, cirillote.

TORENA s.f. Serie de golpes fortes dados a alguén como castigo ou malos tratos; tunda, zamblea, marimba, felpa, coza, somanta.

TORCELLÓN s.m. Dor intensa e punzante nas tripas; cólico.

TORCIDAS s. f. pl. Anacos de leite callado que lle saen dos tetos ás vacas cando teñen mamite.

TORMENTELO s.m. (Thymus vulgaris) Planta aromática, tromentelo, tromentelo do monte, tomentelo. (Arcade, Soutomaior; Torroso, Mos)

TOSELO s.m. Parte saínte dos ósos que forman a articulación da perna co pé; tornecelo, nocello, nocelo, nortello. (Carantoña, Vimianzo)

TOUCEIRA s.f. Árbore formada por varias varas que saen do chan dun mesmo pé. Cañoto dunha árbore do que saen varias varas.

-A macheta está vella pero inda cortei unhas touceiras de carballo.

TOUCIÑEIRO -A adx. Que non anda limpo nin ben vestido; porco touciñeiro, porco.

- É coma un porco touciñeiro, anda sempre cheo de merda.
- Andaba o coitado coma un touciñeiro, daba pena.

TOUPOROUTOU adx. e subs. Persoa sen palabra en quen non se pode confiar, badanas. Ser un touporoutou. Variante: toutoroutou.

TOURA s.f. Vaca nova que inda non pariu.

TOUREAR v.i. Correr e chimpar como divertimento, como desafogo...

-Non me estraña que estean cansados, levan todo o día a tourear por aí.
-Cando soltan o porco prá eira toureacanto lle dá a ghana!  

TOURO -A s. Cría da vaca, touriño, pucho, becerro.

Nota: O macho da vaca é o boi, tanto o capado coma o enteiro. Dise boi de posto para o semental, levar a vaca ó boi, andar aboiada (unha vaca), etc. Touro, toura, touriño, touriña só se utiliza para a cría da vaca. (Torroso, Mos)

TOURÓN s.m. (Meles meles) Teixugo, porco teixo. Rapaz bruto e inquedo que non para, que rompe todo e só sabe facer mal.

TOUTIZO adx. Persoa insociable que escapa da xente.

TOVALLA s.f. Toalla

TRAMAR v. Quedar o corpo ou os membros ríxidos ou insensibles polo frío ou pola falta de movemento; entumecer, entalar.

- Tiña o corpo tramado con tanto frío.
- Estaba tramada co frío.

TRAMPUXAR v. Empurrar.

TRAMPUXÓN s.m. Empurrón.

TRAQUEADO adx. Persoa experimentada e curtida.

- Inda non é tan fácil engañalo, está mui traqueado.
-É un home mui traqueado que sabe ben o que fai.

*Ver o portugués traquejar, traquejo, matraqueado, matraquear.

TRESOLLAR v. Estragárense os ollos das patacas na terra, polo que non nacen.

TRINCA s.f. Acción de trincar. Bocada de alimento que se corta cos dentes.

- Pediulle unha trinca de bocadillo e cando se deu conta xa llo tiña medio comido!
- Se me dás unha trinca do teu bocadillo, eu tamén che deixo probar o meu.

TRINCAR v. Cortar cos dentes unha porción de alimento. Apertar entre os dentes.

TRIQUE Utilízase na expresión a trique de nada: dalí a nada, dalí a pouco tempo.

- Chegaba á casa e a trique de nada xa chegaba o home.
- Chamaba por el e a trique de nada xa se deixaba caír alí.

TRIQUINAR v. Fuchicar, foder.

TRISCADELA s.f. Pequeno corte feito coa tiseira de forma involuntaria, triscada, triscazo.

TRISCAR v. Cortar pouco algo, corta-las puntas de algo.

TRISCAZO s.m. Pequeno corte feito coa tesoira de forma involuntaria, triscadela, triscada.

- Métese a rapa-las ouvellas sen saber e deixounas cheas de triscazos.
- Deulle un triscazo ó pantalón novo e estraghouno.

TROCHAR v. Dobrar ou torcer algo flexible ou correoso sen chegar a tronzar. Torcer un pé ou tornecelo sen chegar a escordalo.

- Vai desenlea-la mangueira que trochou e non sale agua.
- A vimbia trochou e non foi capaz de rompela.
- No outro día tropecei e trochei un tornecelo, ghracias que non o escordei.

TROMENTELO s.m. (Thymus vulgaris) Planta aromática, tromentelo do monte, tormentelo, tomentelo. (Torroso, Mos)

TROSCO, -A adx. Parvo (Boiro)

TROSEGHAR v. Trasfegar. (Do castelán trasegar)

TURULLO s.m. Torello, zurullo, cagallón, cerollo.

URRAR v.i. Berrar [un animal ou unha persoa] moito e con forza.

 - Estades todo o día a urrar, os viciños inda nos han de chama-la atención.

 * Ver o português urrarComparar co italiano urlare e o francés hurler. Posiblemente do latín ululare.

VALADO s.m. Elevación do terreo formada por terra ou por terra e pedras que serve para delimitar propiedades, camiños, etc.

VALEIRA s.f. Gabia para planta-la viña.

-Hai que abri-la valeira pra planta-los pés de viña que comprei.

VALER v.

A valer  muito, en alto grao (utilízase para enfatizar algo).

- Aqueles teus viciños teñen unha casa a valer!
- Trueron un carro de toxo a valer!

(En portugués, igual. A valer a sério, deveras)

VARDEIRÖL s.m. Paxaro de plumaxe de cor verde da familia dos frinxilídeos (Chloris chloris). Tamén recibe os nomes de verderol, verderolo. (Arcade, Soutomaior; Torroso, Mos; O Caeiro, Cabral)

VEXOUCA s.f. Lesión na pel por rozamento ou queimadura con inchazo por acumulación de líquido; boxa, bocha, vinchoca, vexiga. (Xunqueira, Pazos de Borbén)

VIDIGHÓN s.m. Pólas gordas da viña de varios anos que se distribúen por riba do emparrado.

VIDE s.f. Ramificacións superiores da viña de cada ano. Estas ramificacións cando se poda a viña; videira, vidras

- Hai que apañar as vides antes de que medre a herba.

VIDEIRA s.f. Cada unha das ramificacións da viña.

- Andaba a apañar na herba debaixo da viña e meteu unha videira nun ollo.
- A espicha para proba-lo viño novo faise cunha videira. 

VIDEIRO s.m. Cordón umbilical; vidueiro. (Arcade)

*Ver o portugués vide, envide, envidilha.

VIDUEIRO s.m. Cordón umbilical; videiro. (Torroso, Mos)

VINCACIÓN s.f. Vinganza.

- Esas son vincacións que lle fan uns ós outros, por cousas deles, que tuveron (cortáranlle os pés de viña a rente).

VINCAR v.t. e pron. Vingar. Utilízase coa preposición en, vincarse en alguén.

VIÑA s.f. Nome xenérico para a planta Vitis vinifera e para as estruturas que forma esta. A palabra vide e videira ou vidreira utilízanse para as ramificacións superiores da planta.

Pé de viña: cada unha das plantas da viña, bacelo.

Ser unha viña vindimada: ser algo moi fácil (Guizán, Mos)

VIÑO DO PÉ: Viño que se obtén ó aperta-lo bagazo no lagar.

VIRA s.f. Tira arredor dun tecido que destaca por estar dobrada ou bordada, como por exemplo a parte decorada ou dobrada do embozo das sabas, dunha alfombra, etc. Cordón que queda arredor da empanada resultado de unir a parte de abaixo coa de arriba. (Arcade, Soutomaior)

XABREADEIRA s.f. Escava feita por dentro das doelas dos barrís, todo arredor da borda, para encaixar o fondo e a fondama. (Torroso, Mos)

- Pra que os ghabexos non perdan, hai que botarlle bastante sebo de carneiro na xabreadeira e apertar ben a fondama.

XABREIRA s.f. 1) Lugar onde hai xabre. Canteira de xabre.
2) Escava feita por dentro das doelas dos barrís, todo arredor da borda, para encaixar a fondama; xabreadeira (Torroso, Mos)

XALBÖTE, -A adx. Persoa pouco espelida e con poucas luces, apoucado, parvallán, pampallón. (Arcade, Soutomaior)

En Moraña dise xarbote, xarbota.
En Riba de Mouro (Monção) dise xalmote 'tolo', 'maluco'.

XARO s.m. Nome de varias plantas da familia das Araceaes coma o Arum italicum, o Arum maculatum, a Zantedeschia aethiopica, etc.; aro, herba das anadas.
En portugués jarro, en castelán jaro e aro.

Úsase nas expresións estar máis verde có xaro, estar coma o xaro para dicir que está moi verde.
- Estas mazáns están máis verdes có xaro, non hai quen as coma!!

XISMAR v. Cismar, matinar, rutinar.

-Está todo o día a xismar no mismo.

XO interx. Voz para facer para-lo gando; gho.

Nota: Con vogal moi fechada.

intex. Voz para escorrentar aves.

- Xö ghaliña pra alá!!!

Nota: Con vogal moi aberta.

XOIO s.m. Planta da familia das gramíneas (Avena fatua), (Avena sterilis), semellante á avea que medra espontaneamente nos campos.

XÖRRA s. f. Zudre, zurro, xurro.

- Aquilo daba noxo, aquela xörra a escorrer por diante da porta da casa!

XOTO, -A adx. Persoa pouco espelida, con poucas luces e asutadiza.

XUFRADEIRA s.f. Especie de fol con que se lle daba o xufre ás viñas.

XUFRE s.m. Substancia química de cor amarela e cheiro intenso moi característico, que se utiliza na industria e na agricultura para loitar contra pragas; xofre.

XUNTA de avoghados: despacho de avogados, bufete.

ZAFEIRA s.f. Parte carnosa das queixadas de certos animais, sobre todo o porco; faceira. (Arcade, Soutomaior)

ZALÖIA adx. f. Muller mala, de mal carácter, de conduta reprobable. (Torroso, Mos)

Véxase zaloya no Dicionario de dicionarios da lingua galega e saloia no dicionario Priberam.

ZAMBALADA

ZAMBLEA s.f. Serie de golpes dados a alguén como castigo ou malos tratos; tunda, torena, soba, marimba, felpa, coza, somanta.

ZAMPANÒ adx. Parvo, parván, lapaxoubas, papán, parvallán. (Arcade)

ZAPA s.f. Rolla de cortiza para tapar o burato máis grande dos bocois e barrís situado no alto da barriga destes.

ZAPAR v. Tapa-los buracos dos bocois e barrís.

ZARAMËLA: Aduladora, muller que gaba e adula, que lle gusta face-lo conto. Taramëla. (deformación do castelán zalamera).

ZONZONAR v. Cantar polo baixo de forma repetitiva e monótona, cantaruxar.

*Ver o português zonzonar.

ZOUQUELEAR v. Bambear, abanear, sacudir, andar ós chimpos. (Arcade)

- Había tantos buracos que fomos todo o camiño a zouquelear no carro.
- Anda a chimpar tanto que inda lle vai zouquelear a criatura na barrigha.

Posiblemente de salouco; ver salouquearsolouquear.

ZUDRE s.f. Liquido que bota o esterco; xörra, zurro, xurro.

ZURRICHAR v. Lanzar ou expeler un líquido con forza pola boca ou cun tubo; cichar.

Mensagens populares deste blogue

DITOS, REFRÁNS E FRASE FEITAS

Hai moitas frases feitas, ditos e refráns que están sendo substituídos por castelanismos por falta de difusión, porque nas televisións se oen máis e máis tempo en castelán, saquemos os nosos á luz!!!

EXPRESIÓNS E PALABRAS DA TERRA CHÁ

Algaruxo s.m.  Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo  subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto.   Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres .   L esar v.t. C