Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de abril 26, 2026

ACACHAPAR E ACAÇAPAR

  Na miña fala do sur de Pontevedra (Mos) sempre utilicei e oín utilizar a palabra   acachapar   co significado de agacharse, encollerse sobre un mesmo para ocultarse, como aparece definida e con exemplos no vocabulario deste blog. ACACHAPAR   v.tr.  e   pron . Ocultarse ou esconderse co corpo encollido sobre si mesmo. -  Andabámolos a buscar e estaban alí acachapados no medio das silvas . -  Téñeno alá acachapado e non o deixan vir pá casa! O motivo que me levou a escribir este texto, é que nos dicionarios galegos non aparece recollida esta palabra co significado que coñezo, pero o máis curioso é que ese significado é o que lle dan os dicionarios das outras linguas peninsulares, comezando polo portugués, como era esperable. No dicionario da  Real Academia Galega  non aparece recollido, nin no   Digalego . No   Dicionario de Dicionarios da Lingua Galega   está recollida en varios dicionarios, pero co significado de 'coller...