S egundo algunhas etimoloxías propostas, coello (de CUNĪCŬLUS ) significaba canciño, cadeliño. A palabra cunīcŭlus , de etimoloxía descoñecida, sabemos que ten orixe na península ibérica , os gregos e os romanos descoñecían o animal, endémico da península e, por tanto, non tiñan nome para el. As primeiras atestacións da palabra son do grego Polibio , que viviu no século II a. C. e estivo en Hispania nas campañas de conquista romana . Segundo Polibio, de lonxe, os coellos parecían lebres, pero ao collelos na man víase que eran moi diferentes. El é o primeiro que recolle a palabra κύνικλος ( kýniklos ) coa que os autóctonos denominaban o tal animal. Esta palabra pasou despois ao latín como cunīcŭlus , con ī longo, pero acabou por adaptarse no latín vulgar da península ibérica ao resto dos diminutivos latinos en - ĭc ŭ lus con ĭ breve ( ap ĭ c ŭ la 'abella', ov ĭ c ŭ la 'ovella'), por iso hoxe temos coello ,...
Este blog naceu porque quería recoller as palabras da miña avoa, Carme d'Isolina, unha muller sabia. Co paso do tempo foi medrando coas palabras da miña familia paterna (Torroso, Mos) e da miña familia materna (Arcade, Soutomaior) e funo enriquecendo con palabras doutras procedencias que me parecían curiosas.