Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de maio 10, 2015

O 'CONGO' COMPOSTELÁN

Xa hai tempo que levo oíndo que o barrio de Conxo de Santiago en realidade se debería chamar Congo (coma o africano ), que é un destes casos de reintrerpretación da gheada e que de Congo pasou a Congho e de Congho se reintrerpretou ou regaleguizou como Conxo. Xa é case coma unha lenda urbana. A orixe que se lle dá a este topónimo para f acelo chegar a Congo é CANONICUM que en galego deu cóengo e coongo. Pero xa nos textos antigos en latín que fan referencia a este lugar a forma que ten o topónimo é CANOGIUM e CANOGIO, que como é esperable dá Coonjo ou Conjo /konʒo/ e este evolúe a Conxo / kon ʃo/. Se partimos dun Conjo (/konxo/) con pronuncia castelá, isto é, que o iota  se pronuncie como unha fricativa velar xorda /x/, ata parece razoable e todo. Pero non é de aí de onde partimos, esa si que é a pronuncia expuria, partimos de  Coonjo /konʒo/, dunha fricativa prepalatal sonora. E sobre isto non hai dúbida ningunha se vemos os textos antigos, os exemplos que aparecen son claros.