Avançar para o conteúdo principal

VOCABULARIO A-B

ABANCAR: Apoderarse de algo. Acaparar, abarcar.

- O gusto deles era abancalo todo.

ABELLAR: v. Asusta-lo ghando. Provocar a xente para que reaccione.

- Non abélle-la vaca, a ver se vai escapar.
- Non sei quen abellaría a miña muller que leva uns días contra min que non hai quen pare na casa.

ABELLADO, -A adx. Persoa ou animal que se mostra desconfiado.

ABELLOADO -A adx. Que está aborrecido de comer o mesmo tipo de comida, sobre todo cando estas son pesadas ou enchen moito.

- Dendes que matamos non comemos máis ca porco e xa estou abelloada.
- Polo Nadal tantos doces comín que quedei abelloado pra unha temporada.

ABELLOAR v. Sentir aborrecemento ou fastío por un alimento.

ABLANDAR v. Abrandar.

Ablandar o tempo Diminuír a dureza do tempo frío e seco coa subida da temperatura e a chuvia.

- Esperemos que veña a chover aghora e que ablande un pouco o tempo, porque este frío xa non hai quen-o resista.

ABOAFÈ adx. Persoa sen maldade, demasiado boa, un pouco parva. Parvo, parvanciño.

- Pero non ves que se está a aproveitar de ti . Ti tamén, es máis aboafé cós ghatos pequeno!

ABOIAR v.  Andar a vaca ó boi.

Andar aboiado Andar co ánimo alterado, contestar mal, revirarse contra todo.


ACACHAPAR v.tr. e pron. Agachar, esconder.

- Andabámolos a buscar e estaban alí acachapados no medio das silvas.
- Téñeno alá acachapado e non o deixan vir pá casa!

Relacionado con acachoupar.

ACARIÑAR v. Tratar con cariño. Facer cariños.

- Acariñaban máis a filla máis nova e os outros celábanse.
- Acariña aí o ghato, non miras como se refregha contra ti!

ACASO

Se acaso
- No, non lle boto allo ó peixe, a min gústame que as cousas sepan ó que son, se acaso bótolle un dente de allo no aceite, pero xa llo tiro logo.

Por se acaso

Por acaso

Se por acaso

ACHANTADO adx. Que non se atreve a facer algo, a arriscar, por medo ou covardía.

ACHANTAR v.i. Calar e resignarse por medo ou covardía.

ACHARRUAR v. Desfacer os terróns de terra co legón ou cunha aixada, deixando a terra achandada e sen anacos compatos. Non se di “acharruar coa grade” senón sería “gradar”, é un traballo a man

- Despois de labrar, como non tiñan ghrade tiveron que acharruar toda a veigha.

ACHEGADEIRO, -A adx. Que se dá ben coa xente, que é próximo e inspira confianza.

- Tiña muita xente na barbería porque era mui acheghadeiro, a xente queríalle muito.

ACIFATE s.m. Cesto, cesta. (Arcade, Soutomaior)

- Non estaba mui ben da cabeza, andaba sempre co acifate da roupa ó lombo!

En varios dicionarios e vocabularios galegos aparece sifate, asifate, azafate.

Ver o portugués açafate 'cesto', do áraba as'safat.

ACUCAR v.t. Berrar, publicamente, contra alguén con burlas, insultos, críticas, asubíos para protestar ou deixalo en evidencia. Apupar.

ACURCUÑARSE  v. pron. Baixarse dobrando as pernas e encolléndose sobre o propio corpo.

ADIQUIRIR v. Adquirir, comprar.

ADOA s.f. Doa.

Herba das adoas

AFINAL adv. Expresa conclusión, ó final.

- Afinal como quedamos, imos mañán ou que?
- Afinal quedaron sin nada, tanto pleitear, tanto pleitear...

AFORRADEIRO -A adx. Que aforra.


AFOUTE adx. m. e f. Que ten ou demostra afouteza.

- Sempre foi unha muller mui afoute, non se lle puña nada por diante.

AGHALGHADO: adx. Dise do gando cando está sen comer e ten as illargas metida para dentro coma a dos galgos. Que non está aghasallado ou farto.

- Esa vaca debe pasar unha fame! Eu sempre a miro aghalghada.

AGHANAR v. Esganar

AGHARIMAR v. Tratar ben, coidar ben, estimar.

AGHARIMO s.m. Comida extraordinaria a base de fariña con patacas ou penso que se lle dá ó gando á mañá, como primeira comida, ou á noite como última.

-Despois de monxer ponlle o agharimo á vaca.

AGHARIMOSO adx. Que expresa ou manifesta agarimo. [Tecido] suave, cálido.

- O teu neto é máis agharimoso cós meus!
- As sábenas novas eran mui agharimosas.
- Ghustáballe aquela manta porque era máis agharimosa.

AGHASALLAR v. Darlle de comer ó gando ata que está servido, pero sen chegar a farto.
Tratar ben unha persoa.

AGHASALLADO adx. Dise do gando cando sen chegar a farto está servido para o día.

AGHASALLO subs. Pequena cousa que se lle dá a alguén, cousa de pouco valor que se lle ofrece a alguén.

AGHATIÑAR v.i. Andar de gatiñas.

- O neno nunca agatiñara, empezou a agatiñar dendes que empezou a andar.

AGHOAR v. Devecer por unha comida.

AGHONEAMENTO s.m. Alteración do aparello dixestivo que produce malestar xeneralizado, con desgana e apatía, ás veces con náuseas.

AGHONEADO

AGHONEAR v.t. Causar malestar xeneralizado, con desgana e apatía, ás veces con náuseas, por unha alteración do sistema dixestivo.

AGHOUCHAR v. Baixarse dobrando as pernas e encolléndose sobre si mesmo.

AGHOURO adx. e subs. Persoa que sempre está pensando no malo, que sempre ve o lado negativo das cosas. Roñón que sempre está enriba da xente criticando todo. Persoa envexosa, que lle mete cobiza todo o que teñen os demais. Avarento.

AGHUADILLA s.f. Humor ou líquido seroso que se forma nas bochas e o que segregan as feridas.
(Do latín aqua tilia)

AGHUANEIRO s.m. Raza de ratos moi grande de cor castaña que viven nos regos e nos sumidoiros.

- Onte matei un aghuaneiro que era coma un coello!

Noutras zonas de Galicia chámanlle aguaneiro, aguaneira, auganeira, aguana, etc. a un curioso mamífero acuático, o Galemys pyrenaicus, propio do noroeste e norte da Península Ibérica.

AGHULLA DE MAREAR: Úsase na expresión sabe-la aghulla de marear: Ser listo, espelido, saber moi ben como desenvolverse para enganar, aproveitarse ou ter dominada outra persoa.

- Esta sabe ben a aghulla de marear, ten o home dominado!!!

ALABASCADO -A adx. [vexetal] Que está queimado ou chamuscado pola peste ou por outras condicións atmosféricas adversas.

ALABASCAR v.t. Queimar ou chamuscar a alabasqueira ou peste as follas das árbores e plantas.

ALABASQUEIRA s.f. Néboa espesa e baixa que queima as plantas e as árbores;  peste, mera.

ALARBIO adx. Que come moito e moi rápido; que come de xeito esaxerado.

- Este rapás é un alarbio, come todo canto hai na casa.

*Ver alarbe

ALARGHAR v.t. Estender ou abrir o que estaba xunto ou amoreado.

- Hai que alargha-la herba seca pra que airee un pouco.
- Alargha as espighas na eira pra que sequen aghora que lle dá o sol.
- Alargha esa colcha encima dalghunha cama que a tes toda enghuruñada.

ALARGHO s.m. Sitio chan e despexado. Zona chan e aberta a un ou ós dous lados dun camiño ou estrada que forma unha especie de praza.

- Tiña o camión parado alí no alargho do Abó.
- Xuntáronse alí no alargho da Gándara.

ALAUDIAR v.t. Loar.

ALCEVIÑO s.m. Acivro, xardón. Tamén arceviño e aceviño.

* Para designar a planta Ilex aquifolium en galego hai moitos nomes ou variantes derivadas da palabra latina aquifolium: acivro, acivo, aciveira... Na zona de Mos teño oído alceviño, arceviño, aceviño; pola zona de Ourense enceviño, en portugués azevinho. Pero tamén hai outras formas de denominalo non latinas como xardón ou sardón propias do oriente galego e das zonas estremeiras leonesas. En Vilasantán (Baralla) chámanlle ó Ilex aquifolium xardón e ó Ruscus aculeatus xarda. No DdD tamén aparece esta última como xardeira, xilbarbeira, xibarda, silbarda, rascacú.

ALDEAR v. Pasear de aldea en aldea parando a falar coa xente. (Monfero)

- Aí vén fulano a aldear...

ALDRABAR v.t. Apoderarse de todo o que se poida utilizando métodos ilícitos.

ALDRABÍO adx. Bruto, que rompe todo.

ALDRABÓN adx. Persoa avarenta que o quere todo e non lle importa utilizar métodos ilícitos para conseguilo sen ter en conta os máis. Persoa avariciosa que todo lle mete cobiza.

ALISCRÁN s.m. Réptil da familia dos ánguidos (Anguis fragilis) de pequeno tamaño, co corpo en forma de serpe, de cor castaña ou agrisada. Liscrán.

ALOMBARSE v. pron. Aproveitarse do traballo dos outros. Aproveitarse das persoas. Arrimarse a alguén parar tirar algún proveito.

ALEBURAR v.  Apurar, face-las cousas con rapidez. (Vimianzo)

ALTIBANCO (tamén artibanco) s.m.  Banco longo con encosto ou banza e cun caixón en forma de arca debaixo do asento; arquibanco.

AMEIXA DE CAN s.f. Ameixa de mala calidade coa cuncha branca e crebadiza; cadelucha.

AMEIXA VELLA s. f. Variedade de mazá apropiada para facer sidra.

AMICÍO s.m.  Amiguismo??

- Eses son amicíos deles...

AMOAR v.i. Calar, non falar; amuar.

- Nunca fala cando lle preghuntan, sempre amoa.
- Sempre amoa e non di nada, despois faichas por detrás!
- Deixa de amoar e di o que tes!
 
AMORCEGHADO adx. Que anda cos ollos entreabertos polo sono ou polo cambio de intensidade da luz. Que ten dificultade para ver polo reflexo da luz.

AMORRINGADO adx. Que está triste, deprimido, baixo de ánimo.

AMORRIÑADO adx. Que está baixo de ánimo.

AMORRIÑAR v.i. Sentir tristeza, decaemento. Andar baixo de ánimo. 

AMORROADO adx. Que está triste, deprimido. Sen forza.

AMORROAR v.i. Andar triste, baixo de moral. Dise do lume cando non dá prendido, cando arde con moita dificultade.

AMORTAXAR v. Andar sen forzas, débil por unha doenza ou malestar. Andar triste, amorroado; amortexar (Arcade, Soutomaior)

*Ver mortexo.

AMORTAXADO -A adx. Que anda sen forzas, débil por unha enfermidade ou malestar. Triste, deprimido, amorroado; amortexado (Arcade, Soutomaior)

*Ver mortexo.

AMORTUXAR v. Andar sen forza, débil por unha doenza ou malestar. Andar triste, apagado, amorroado. (Amoedo, Pazos de Borbén)

AMOUCADO adx. Que anda baixo de ánimo, triste, decaído.

AMOUCAR v.i. Andar baixo de ánimo, triste, decaído.

AMOUMADO

AMOUMAR v.i. Estar calado, non falar. Estar ausente, triste.
Ver moumiño.

AMPIO s.m. Nome de planta, posiblemente apio.

ANAZAR v. Bater os ovos para facer calquera comida ou doce.

- Anázame aí dous ovos pra reboza-lo peixe que é tarde e non me dá tempo.

Esta palabra xa aparece no Tratado de Albeitaría da primeira metade do século XV, datada entre os anos 1409 e 1420 na vila de Baiona. É unha obra de "natureza pragmática", isto é, non é literaria, senón un libro de consulta dun albeite para curar cabalos.
Os exemplos que aparecen están no participio do verbo anaçar: crara de ouo anaçada con vinagre 24 v.; craras d'ouos moito anaçadas 8 v.; craras d'ouos anaçadas 15 v.; ouo anaçado con azeite 19 v.; nas craras dos ouos anaçados 7 v.
Como se pode ver nestes exemplos sempre se refire a ovos anaçados, como a coñezo eu, pero noutras fontes coma o Dicionario de dicionarios aplícaa a calquera liquido, considéraa como un sinónimo xeral de bater.

ANDA prep. Onda.

- Vou anda a Carme que seica está enferma.
- Se vés anda min douche un caramelo!

ANDAR v. 

Andar a por de (alguén ou algo): andar atrás de, seguir alguén, perseguir.

- A Matona andaba a por do Lino, e salíalle no camiño cando iba pa traballar.

ANDIA s.f. Lugar alto nas igrexas onde están os santos. Plataforma cun banzo a cada lado para saca-lo santo en procesión. Por extensión, ter en boa consideración alguén.
- A andia do santo estábase a descolgar por un lado.
- A túa abuela tente nunha andia, muito che quere!

ANSEAR v. Respirar con dificultade coa boca aberta por mor da calor ou do cansazo. (Silvoso, Ponte Caldelas)

- Tá calado que non vales pra nada, xa vés a ansear coma unha vaca vella.

ANTOPEA adx. Que sempre está diante e estorbando, estántiga. Pesado. (Rubiós, As Neves)

APAÑAR v.t. 1) Coller. 2) Recoller froitos ou outros produtos da terra. 3) v.i. Recibir unha agresión. var. pañar

- Deu un chimpo e apañou unha paloma.
- Vou apañar un carro de herba p vaca.
- Ti anda a pinta-la mona que hoxe vas (a)pañar!
- Vas pañar, eh!!
- Apañou unha hostia coma un mundo! 
- Ti queres pañar ou que!? 

APATUÑAR v. Baixarse un animal ou persoa dobrando as pernas ou patas; anasar, anicar, aniñar (Marcón, Pontevedra)

APERREAR v. Obrigar, constrinxir.

- Mirouse aperreado e tuvo que vende-la casa.

(Posiblemente de apedrear ou do castelán aperrear)

APERRICAR v. Apertar moito, apertar a roupa. (Arcade, Soutomaior)

-Levaba o pantalón tan aperricado que case non se podía mover nel.
-Eramos tantos no coche que fomos todo o camiño aperricados.

(Posiblemente sexa unha evolución a partir de apertar ⇒ aperticar ⇒ apetricar ⇒ aperricar)

APETRADO -A adx. Dise dos froitos que teñen manchas, sobre todo, por dentro. No Dicionario de dicionarios vén petrado, petrada co significado de pencado, que ten pencas na cara.  (Arcade, Soutomaior)
- Estas patatas non valen pra nada, están todas apetradas.

APETRAR v. Colleren os froitos manchas.

 Ver apedrar no DRAG

APETRECHAR(SE) v.t. e p. Abastecerse do necesario para un determinado fin. (Arcade; Torroso)
- Hai que apetrecharse ben que veñen aí as festas!!

(En português igual, apetrechar, apetrechos, posiblemente do español pertrechar, pertrechos e este do latín pertractāre 'manipular obxectos'; pertractātĭo 'administración' ou de pertractus participio de pertraho 'arrastar ata un lugar determinado'. O máis probable é que a orixe do galego-portugués e do castelán sexa o occitano antigo pertraire 'facer os preparativos necesarios; pertrach 'aparellos', 'utensilios de guerra', 'provisións', 'mercadoría', 'produto alimenticio'; apertrach 'utensilios de guerra'. En romanche patertgar / paterchar 'pensar' de pertractāre 'estudar a fondo, examinar concienciosamente'.)

APETRENAR v. Feder moito.

*Ver petrena

APISALLAR v. Andar parvo; apirolar

APOIO s.m. Alcuño, alcume.

APOLAR v. Apoiarse [un animal] coas patas de diante nunha superficie vertical. (Torroso, Mos)

- O can do viciño sempre se apola no muro a ladrar cando paso por alí.
- A cadela nova que truxen apólase na rede a ladrarlle ós cans do viciño.

APOÑERSE v.pron. Enfrontarse a alguén; arrepoñerse, arrefilar, facer fronte.

- Era un merdeiro e xa se lle apoñía ó pai!

APOUCHAR v.i. e pron. Baixarse unha ave dobrando as patas e pousándose sobre elas; aniñarse. Baixarse unha persoa dobrando as pernas ata sentar nelas encollendo o corpo sobre si mesmo. Apandar en algúns xogos infantís como a mula ou as lombas para que outros salten por riba.

APOUQUENTAR v. Facer a unha persoa pequena. Facer sentir a unha persoa pouca cousa. Facer sentir inferior; humillar, vexar. (Arcade, Soutomaior)

- Esa muller está apouquentada polo home que ten na casa.

Ver DdD, Carré 1979.

Portugués apoquentar 'aflixir'.

AQUÍ adv

Daquí a pouco loc. adv. Por pouco, case (diferente de daquí a un pouco).

- Entráronlle na casa e daquí a pouco leváronlle todo canto tiñan.
- Daquí a pouco déixano sin nada, se non se mete en pleitos quedaba sin nada.
- Daquí a pouco matámonos contra ese coche, andas coma un tolo!!

- Daquí a un pouco venme buscar que acabo logo de comprar.

Arceviño, ver Alceviño

Areira, ver hareira.

Arenca s.f. Arenque (Arcade).

ARENGA s.f. Arenque (Arcade).

ARGHANEIRA s.f. Argana. Proído na garganta.

- Teño unha arghaneira aquí na gharghanta e non paro de tusir.

ARQUEAR v. Respirar con dificultade coa boca aberta e por veces coa lingua fóra por mor da calor ou do cansazo.

- Mete as ghaliñas pra dentro que están aí a arquear ó sol e inda lle vai dar algho.

ARRASO s.m. Utilízase na expresión "un arraso de herba" para dicir unha pouca de herba. Unha cantidade pequena de herba que non pase dos bordos do carretillo ou do monico.

- Vou alí nun salto a buscar un arraso de herba e xa veño logho!

ARREAR v. soltar.

Arreando embora: expresión que se utiliza para convidar ou obrigar alguén a iniciar a marcha, a marchar dun lugar.

- O can non arreaba a peza nin a paus.
- Non arrea os cartos nin de broma!
-Arreando embora, que esta xente quere recollerse!

ARRECONTRACHEGHARSE v.p. Achegarse a alguén ou algo; arreconchegar, aconchegar.
- Arrecontrachéghate pr'acá que non te como ho!!

ARREFILAR v. Facerlle fronte a alguén como ameaza ou para defenderse; refilar, arrepoñerse, apoñerse.

ARREPELAR v.t. e pron. Tirar dos pelos. Tirar polos pelos en sinal de dor ou arrepentimento.

-Xa había tempo que lle tiña ghanas, e cando a colleu na feira botoulle as mans ós pelos e arrepelouna alí diante de todo o mundo.
-Antes cando facían o pranto arrepelábanse e tirábanse ó chan...

ARROCHAR v. t. Apertar algo cun atillo, unha corda, etc. rodeándoo.

- Cando se fai un bardeiro de palla hai que arrochar ben pra que non se arrúe.

ARROIAR v.i. Vir algo en gran cantidade.

- Este ano as viñas están carghadas, carghadas, arroian en viño!

ARROMBAR v. Pór todo en orde, ordenar. Colocar calquera cousa en orde para que non estorbe. Apartar do medio.

- Antes de ir a ningún lado hai que deixar o gando arrombado.
- Hai que arrombar esta casa que está feita un cristo.
- Arromba pra alá vaca!

ARROUSAR v. Facer ruído arrastando mobles ou calquera outra cousa polo chan. (Arcade, Soutomaior)

- Deixa d’arrousar coa mesa que os viciños de baixo vannos chama-la atención.
- Non sabes arromba-las cousas sen arrousar?

ARRUAR v. (do lat. ruo) Derrubar unha construción. Desfacerse calquera estrutura.

- Arruaron os cortellos que tiñan ó pé da casa.
- Arruaron a casa pra facer unha nova.
- Era unha casa mui vella e as paredes xa se estaban arruando.
- Non ataron ben o bardeiro de palla e arruouse co vento

ARRUFADA s.f. Sentimento de forza e valentia. Exaltación do ánimo.

- Ela que xa non pode nada, estaba alí sentadiña e de repente deulle unha arrufada e quíxose levantar, que quería andar, seica, e levámola a dar unha voltiña.

ARRUMAR v.t. Pór en orde. Deixar os animais recollidos e prontos. Arrombar. (Silvoso, Ponte Caldelas)

ASENTES s.p. (Arthemisia absinthium) Planta da familia das compostas, perenne, de ata un metro de altura, aromática e moi amarga que se utiliza en diversos remedios tradicionais. (Couso, A Estrada)

ASITIO s.m. Terreo pequeno e cerrado apegado á casa, eixido, enxido. Pequena horta cerrada apegada á casa, cortiña. (Campañó)

ASPRÓN adx. Persoa seca, desagradable. De trato pouco afable. (Tui)

ASTORA adv. Neste momento; agora, arestora. (Xinzo de Limia)

ASUMIAR v.t. Coller barolo (sumio) unha superficie, un tecido polo efecto da humidade. Estragarse pola humidade. (Xinzo de Limia)

ATACAR v.t. Encher ata os topes.

ATACUÑAR v.t. Apertar, atestar.

- As ghalletas estaban atacuñadas na caixa. 

ATILLO s.m. Nó ou atadura, sobre todo a que se fai para ata-la viña e para atar un móllo con vimbias ou calquera outro material vexetal.

ATOFAGAR v. Cubrir con roupa para protexer do frío. Abrigar, acochar. (Torroso, Louriñó)

- Aghora levaban o neno de vran, cun pantalonciño corto e unha camisetiña, pero levábanlle unha muda pra atofaghalo ben á noite.

En Moraña dise atafaghar.


Ver: Atafegar 

ATOFAGADO -A adx. Moi abrigado, con moita roupa.

ATOFADO, -A adx. Persoa grande e forte. Voluminoso, anchote, gordote. Botado para adiante, valente, arriscado. Atufado.

- Túa irmán sempre foi a máis atufada de todos, a ela non se lle pon nada por diante.
- Había tempo que non-a miraba e está máis atofada!

ATORRANTE adx. Persoa molesta que sempre anda a preguntar con insistencia. Tamén persoa maleducada e impertinente. (Arcade, Soutomaior)

Dende logho que atorrantiño es, non hai quen te ature meu fillo!

ATOUBAR v. Meterse un animal no medio da vexetación espesa. Meterse nun lugar oculto ou inaccesible para esconderse.

ATROUXADO, mal  Persoa que non é xeitosa, que non se amaña. Mal vestido, que non conxuta ben a roupa e que anda con ela por fóra.

- Dende logho que mal atrouxado é ese rapás non fai nada ó dreito.
- Que mal atrouxado es, non te sabes nin vestir minimamente ben.

ATUFADO adx. Persoa grande e forte. Valente, afoute. Atofado.

(Ver atufado no Dicionário Estraviz)

(En portugués europeo existe atufado e entufado co sentido de encher, inchar; e no portugués brasileiro estufar: "...nego Patinhas media quase dois metros, quando estufava o peito semelhava um monumento", no libro Quincas berro d'água de Jorge Amado.)


ATURRANTE s.m. Desvergonzado (Rianxo)

ATURULLAR v. t. e pr. Facer que alguén se confunda ou atrapalle. Confundirse.

- Metíalle tanta présa para que acabase o traballo, que se aturullou e deixouno todo a medio facer.
- Sempre se aturulla ó face-las contas, non se lle pode facer caso!
- Estádesme falando e xa me aturullastes, non podo facer dúas cousas á xunta!

AVANTAXE s.f. Exceso, esforzo.

- Inda había pouco que tuvera a filla, fixo unha avantaxe e púxose malísima.

- Volvín facer outra avantaxe: acarrexei toda a terra dese monte ós carretillos. Despois doíanme os pulsos e os brazos que non-os aghuantaba.

AVISADO adx. Emprégase na expresión "non ser ben avisado" co significado de non ser ben listo, que ten algunha falta.

- Ese non debe ser ben avisado, porque pra facer esas cousas que fai, non me dighas...

AZARANZAR v. Causar a diminución ou anulación da funcionalidade dos sentidos; atordoar, aparvoar.

- Cando me operaron, eu sentía todo, estaba azaranzada pola anestesia, pero sentía todo o que falaban os médicos.
- Estaba azaranzada coa anestesia, pero oía os médicos como falaban.
- Pasei polo sono e cando chegharon estaba azaranzada, pero secasí oínos cheghar. 

En portugués azaranzar

AZOUGHADO, -A adx. Andar co ánimo alterado.

- Ela non era mala, traíana azoughada, por iso se portaba así.

AZUCRE ROXO s.m. Azucre moreno.

BACALLOEIRO adx. Desleixado, sucio, groseiro. Poufeiro, pousón.

BADA s.f. 1) Parte inferior de algunhas pezas de roupa como saias, vestidos, mandís... que caen pendentes dende a cintura. 2) Parte do corpo dunha persoa cando está sentada que vai dende a cintura ós xeonllos, colo. 3) Cantidade de cousas que caben na bada recollida en forma de recipiente.

- Muito lle ghusta sentarse na miña bada!
- Sentábaseche naquel cañoto e botaba a tarde a debullar, primeiro debullaba prá bada e despois ía botando pró monico.
- Apañei unha bada de mazás pra lle botar ós porcos.

(Do latín ălăpa 'palma da man', 'labazada' ⇒ aba ⇒ abada   [a]bada)

Ver aba abada no DRAG, tamén o portugués aba.

BALANDRÁN m. Persoa desleixada e pouco traballadora. Persoa sen sentido.

BALDROCAS s. Persoa sucia e descoidada no aspecto persoal; baldrogas

BALDROEIRO -A s. e adx. Persoa sucia e descoidada no aspecto persoal.

BADULAQUE adx. Moinante, pachorrento, porcallón.

BALDRUCAR v. Mover ou axitar un líquido dentro dun recipiente; batuxar. Saír un líquido por fóra dun recipiente ao movelo ou axitalo. 

- Non baldruque-lo viño que se levanta todo o pouso.

BANDO s.m. Grupo de amigos. Conto, rumor que anda corrido.

- Marchou co seu bando e andaba a pasalo ben por aí.
- Sacaron o bando de que xa andaba con outro.
   
BANDULLÁN adx. Que ten a barriga ou bandullo grande e avultado.

BANDULLEIRO adx. Que ten a barriga ou bandullo grande e avultado. 

BARBO s.m. Cada un dos pelos longos e ríxidos que teñen os animais ós dous lados no labio superior.

- Se lle corta-los barbos ó ghato non caza.
- Cando a miraba vir coa comida de lonxe xa lambía os barbos.

Lamber os barbos: Pasar a lingua polos labios (ou os barbos no caso dos animais) cando se agoa por unha comida.

BARDEIRO s.m. Meda de palla de millo en forma de cono; meda, palleiro. Barriga grande.

- Fixeron dous bardeiros no eido pra meteren toda a palla.
- Anda preñada de sete meses e ten un bardeiro daquí alá adiante.

BARRIGHA s.f. Barriga, ventre.


Barriga de becho Barriga grande e gorda, bandullo.

BARRÖCA s.f. Rego ou gabia que se fai á estrema dunha coutada ou mato para separar parcelas de diferentes propietarios. (Louredo, Mos)

BATUME s.m. Herba que nace de xeito espontáneo no monte que se emprega para estrumar as cortes. Tamén esta herba angazada xunto con restos de follas e frouma.

- Fun ó batume pra estrarlle ás ouvellas.

BEILLAR v. Bailar.

BEILLE s.m. Baile

- Esta moza tan ghuapa, non quererá botar un beille comigho?

BELDRO s.m. Planta das familias portulacaceas (Portulaca olaracea). 2. adx. Persoa desprezable, muller de mala vida, baldreu, bandallo.

BERETE s.m. (Trigla lastoviza) Escacho, escarcho.

BERREGHAR v. Emitiren [os animais] a súa voz. Discutir con alguén. Chamarlle a antención a alguén. Reprender duramente a alguén; borreghar.

BERREGHEIRA s.f. Reprimenda severa; borregheira.


- Onte o meu pai botoume unha berregheira, que non sabes ti ben, por cheghar tarde á casa.

BÉVORA s.f. Clase se figo máis grande có común; bévera

Pódense oír as variantes con disimilación de bilabiais dévora, dévoda.

Bexouca s.f. Vexouca.

BICA s.f. Rato moi pequeno. Cría de rato, mica.

BIX interxección Voz para chamar polo gato.

BIXO 1. interxección Voz para chamar polo gato. 2. s.m. Gato, micho.

- Bixo, bixo, ven!!! Bix bix bix...

BIQUEIRO, -A adx. Amigo de dar bicos.

-Eu xa nunca fun mui biqueira, pero agora os netos còlghanse nun, e veña a bicos en min, e a bicos en min...

BITOQUE s.m. Cravo grande para as rodas dos carros. (Alxén, Salvaterra de Miño)

BÖCHES: s.m. Pulmóns.

- Vés tan sofocado que parece que vas bota-los boches pola boca.
- Eu non lle aproveito os boches do porco, porque na nosa casa non se comen.

BOCHICO s.m. 1) Reunión nocturna de xente relacionada coas artes ocultas (bruxas, espiritistas...), normalmente en carballeiras ou lugares apartados, que a través de ritos máxicos, de alcol e doutras substancias psicótropas, invocaban os espíritos e outros entes sobrenaturais. Buchico, bachical, bachicaghe. 

2) Remedio para abortar. (Torroso, Mos)

(En francés existe a palabra bachique 'relacionado con Baco e o seu culto'. Bachique procede do latín Bacchicus 'de Bacchus', relativo ás festas e orxías das bacantes. Ten sentido que tanto bachical como bachicage estean relacionadas con esta orixe, posiblemente deriven do francés ou do latín medieval ao ler Bacchicus como [batʃico] ➜ bachico ➜ bochico ➜ buchico [con labialización ou centralización da vogal pretónica e elevación do timbre de a para o], non son estraños ao galego popular este tipo de mudanzas no vocalismo átono: terreiro ➜ torreiro ➜ turreiro; atafegar ➜ atofagar.)

BÖFA s.f. Calor abafante con humidade. Aire quente e molesto; bafa, calmizo, calmuceiro, chorrazo.
- Con esta böfa non hai quen fagha nada, estou completamente amaiado.

BOIATO s.m. Boi novo que aínda non vai ó carro.

- Estaban a criar un boiato pra vender.

BOLBETE s.m. Pequenas bólas compactas que se forman ó mesturar unha substancia en po [normalmente fariña] cun líquido.

- Revolve ben a masa non vaian quedar bolbetes.

BOLADO adx. 1) Impresionado ou sorprendido con algo. 2) Bloqueado, paralizado   (Arcade, Soutomaior)

- Cando me dixo aquilo quedei tan bolada...que non sabía que dicir!
- Baixeime a coller unhas chaves que me caíran e rompeume o pantalón alí no medio da xente...Quedei tan bolada que non sabía onde me meter!

(No portugués do Brasil ten o mesmo uso e significado, ver bolado. No dicionario da RAE aparece recollido como volado, propio do castelán americano)

BOLECHA s.f. Cada unha das partes carnosas a cada lado da cara cando son gordas e avultadas.

BORRALLO s.m. Poeira que se levanta da terra seca

BORREGHAR v. Reprender asperamente; berreghar.

BORREGHEIRA s.f. Reprimenda severa; berregheira.

BORREIRO s.m. Rolla de cortiza para zapa-los bocois, cubas e barrís, de tamaño medio, comparado coa máis pequena para embotellar e a máis grande que é a zapa. Tamén o burato máis pequeno das pipas, bocois e barrís adecuado a este tamaño, que é onde se pon a billa, tanto se o bocoi ou barril están deitados como se están de pé.

- Comprei na tenda cinco borreiros e catro zapas.

BORRO s.m. Sedimento que deixa o viño e outros líquidos. Residuo que deixa o fume nas paredes e nos obxectos. Substancia negra que expelen os cefalópodos como método de defensa. Borra.

BÖSTEIRA s.f.  1) Morea de excrementos que deixa o gando vacún nunha soa evacuación. 2) Persoa torpe que anda a caír sempre. Persoa torpe, sen habilidade, que non se amaña a nada.

- Eu non sei como fai, é coma unha bosteira, anda sempre a caír.
- Esa é unha bosteira, non vale pa nada, non fai nada ó dreito!

BOTADA s.f. 

BOUDAÑA s.f. Planta silvestre rubideira da familia das discoreáceas (Tamus communis), vive en zonas sombrías e húmidas de árbores ou matogueiras. É unha especie de correola gabeadora con follas acorazonadas que nace dun bulbo napiforme; os froitos son unhas bagas encarnadas.

BRAGHADA s.f. Órgano dalgúns peixes coma o rapante, o linguado, o rodaballo, etc. onde teñen as ovas; míllaras.

- Non quero rapantes que nesta epoca teñen as braghadas moi ghrandes.

BRAGHANTE m. Home de maus costumes cunha vida desordenada que abandona as súas obrigas para andar de festa, polas tabernas... gastando todo o diñeiro. Breghante.

BRAVÚ s.m. Bravún, bravío, ferún.

BRAXAR v.t. Mallar a palla, varear (Torroso, Mos)

Braxa-la palla

Ver no Dicionario de dicionarios braxar

BREGHANTE m. Braghante.

BRINCOS, ÓS loc. adv. Andar ás présas.


BRÍOS, ÓS loc. adv. Andar ós bríos: andar moi apurado e dilixente para solucionar algo. Andar ós brincos.

- Por pouco quítanlle a casa, tuveron que andar ós bríos!!!

BROUCO -A adx. Persoa rara, pouco sociable de trato difícil; toutizo. Parvo, tolo.

BRUTALLÁN adx.

BRUTALLÓN -ONA adx.

BULSA s.f. Bolsa de tea ou coiro que levaban as mulleres atadas á cintura ou cosida ás saias onde gardaban os cartos; fraltriqueira, faldriqueira. 

- Aquí a que ten a bulsa son eu, os cartos adminístroos eu!

Meter a man na bulsa: Gastar cartos de máis.
Ir á bulsa: Gastar cartos.

BURRO s.m. Nubes negras que ameazan treoboada.

- Mira que burros veñen aí, vai caír unha bataghada...!!!!

BURRO s.m. Estrutura formada por un pau colocado horizontalmente enriba de varias patas a onde se arrima a palla de millo por ámbolos dous lados para conservala durante o ano.

BURRICAXE adx. Que ten poucos coñecementos ou dificultades para adquirilos.

- Con este rapás non hai maneira de que aprenda nada, é un burricaxe!!

Comentários

Mensagens populares deste blogue

DITOS, REFRÁNS E FRASE FEITAS

Hai moitas frases feitas, ditos e refráns que están sendo substituídos por castelanismos por falta de difusión, porque nas televisións se oen máis e máis tempo en castelán, saquemos os nosos á luz!!!

EXPRESIÓNS E PALABRAS DA TERRA CHÁ

Algaruxo s.m.  Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo  subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto.   Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres .   L esar v.t. C