Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de novembro 17, 2019

TOPAR EN FALTA

Xa escribín algunha vez antes sobre a forma “botar de menos” de uso cada vez máis estendido e admitido polo Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega, non así polo Dicionario da Real Academia , aínda que si recolle formas parecidas como botar en falta , botar en falla . Estas formas son un claro calco do castelán echar de menos , non hai dúbidas disto. E como xa escribín noutro post , esta forma castelá parece que procede do galego-portugués medieval achar menos (VER ESTA LIGAZÓN ) . Esta orixe aclararía o significado e a composición estraña tanto en castelán coma en galego de echar de menos e a tradución botar de menos . Curiosamente, esta forma medieval galego-portuguesa lévanos directamente a formas comúns no galego moderno como topar en falta , topar de falta , topar a faltar e outras variantes co verbo encontrar, notar ou poñer. A cuestión que quero pór de relevo aquí é o motivo por que se temos varias formas no galego moderno se impón cada vez máis a castelá? Á