Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro 2, 2018

O MONTE É NOSO!

Hai uns días que vin este documentario e pareceume moi interesante. Ten un gran valor histórico e etnográfico. Despois de ver o vídeo quedei coa sensación de que as cousas non mudaron moito en corenta anos, todo o contrario, paréceme que foron a peor. Non son conflitos novos a má xestión do monte, a utilización dos nosos recursos para enriquecérense catro a conta de todos. Por desgraza, están de actualidade os mesmo problemas de hai corenta anos: as minas, os incendios e a explotación dos montes. E polo visto continuará así, posto que os que nos gobernan se negan a ordenar o monte e a parar coa depredación. O caso é que mentres alguén se estea a enriquecer con esta triste situación, non mudará. Á parte do interese histórico, tamén ten un grande interese lingüístico. Hai varias palabras que me chamaron a atención. (inicio) " Eu ía co rabaño, había tres rabaños... en Santa María de Xeve, .... no lughar de Fontáns... e ía co rabaño, eu tocaba o corno e había tres rabañ