Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de Janeiro 9, 2011

REFLEXIÓNS

Hai palabras que dunhas variedades dialectais a outras só se diferencian porque nunhas zonas a palabra ten un [m] e noutras un [b]. Parece como se nalgunhas palabras [m] e [b] se intercambiasen ou houbese vacilación entre estes dous fonémas nalgún período do idioma e en cada dialecto se fosilizase un dos dous alófonos: borno/morno, mandil/bandil, boneco/moneco, amoumado /aboubado, amoumar/aboubar, camallón/caballón/cabañón/camballón (en portugués: camalhão e cambalhão), borrea/murrea, menda/venda, mendar/vendar, tarabela/taramela, bonifate/bonifrate/monifate (en port. bonifrate), abeneiro/ameneiro/amieiro, cotobelo/cotomelo, garamelo/garabelo, bica/mica, barbaña/marmaña, barbañar/marmañar, marmallar/barballar, bochechas/mochechas, bornal/embornal/mornal, boucelo/moucelo, esboucelar/esmoucelar, mencía/bencía, carabuña/caramuña/carambuña; cotobelo/cotomelo, bocarte/mocarte, espavento posiblemente deu pamento, perico/mirica, amorroar/aborroar, enmorroada/aborroada, morra/borra, bacallau/…