Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro 22, 2019

AS GALIÑAS NEGRAS

Os animais negros A etnografía sempre foi unha das miñas grandes paixóns: as crenzas populares, a mitoloxía, os tabús, as supersticións... P aréceme interesantí s imo saber que hai detrás delas, a que responden, as orixes, se son compartidas con outros pobos, en fin, un mundo apaixonante . Pois ben, unha cousa que me intriga bastante é o simbolismo que teñen os animais negros na cultura popular galega. A pesar de que a cor negra se relaciona coa morte, co loito e co mal (co escuro e as tebras), non é infrecuente que os animais desa cor gocen dunha boa consideración na cultura popular . D ende pequeno sempre lle oía dicir aos vellos que ter un animal negro na casa era boa cousa. Podía ser un gato negro, un can negro, unha galiña negra, unha vaca negra etc. Tíñanse por unha especie de protector es da casa, que gardaban a casa de influxos externos nocivos. E dos animais negros, as galiñas tiñan unha especial consideración, posto que mesmo se podían utilizar nunha sorte de “ritu