Avançar para o conteúdo principal

DITOS, FRASES FEITAS E REFRÁNS


- Durar [algo] menos ca un foghete/fogho no ceu (durar moi pouco)
- Bagho a bagho fixo a vella unha pipa de viño.
- De pequeno verás o boi que terás.
- Que Dio-los dea pra boas fadas (dise dos meniños cando nacen)
- Que Dio-los críe pra boas fadas.
- Foi unha e levouna o ghato.
- O meu can pillou unha mosca.
- O rabo da burra é o máis malo de esfolar (o último dun traballo sempre é o máis difícil de facer)
- Poñer a caír dun burro; poñer a pingar; poñer a feder; poñer a pan pidir.
- Ser un ghalo quirico (ser moi arrichado, un valentón)
- Facer algho no virar dunha man (moi rápido)
- Virarlle as costas a alghén
- Entrar por unha man e saír por outra (gastar moito)
- Que non saiba a túa man esquerda o que fai a dereita.
- Pedirlle permiso a unha man/perna pra move-la outra (ser lento, preguiceiro, pouco resolutivo)

- Non te-las papas na boca.
- Comerlle as papas na cabeza a alghén (ser máis alto ca alguén, ser máis espabilado).
- Pedir papas 
- Darlle a alghén pra atrás
- Tomarlle os talentos a alghén
- Terlle a medida tomada a alghén
- Salouco mouco sae de min e métete noutro (dise cando se ten o salouco)
- O que ten rabo de palla, sempre pensa que llo queiman
- Quen ten cu, ten medo
- Vira-lo cu por riba da cabeza (non parar de traballar)
- Volver por alghén (defender alguén)
- Dar contra alghén (acosar, ir contra alguén)
- Irlle enriba a alguén (baterlle, acosalo)
- Chover a cimbaceu (chover moito, vir o ceu ó chan)
- Pascuas marzales, ano de muitas mortaldades

- Cando cagha un portughés, caghan dous ou tres.
- Facerlle ver a alghén algho: enganar alguén, convecelo de algo. Fíxolle ver que era fillo del e encamboullo.
- Oi... que carallo me nace pró tempo que teño: utilízase para expresar desaprovación ante unha situación inesperada ou que vén a complicar algo xa complicado.
- O carallo vinte e nove, quenn o leva ben se fode
- Pola calada da noite
- Ir á corte e matalas todas: utilízase cando non se lle ve saída ou solución a un problema. - Non sei como imos facer, isto xa era mellor ir á corte e matalas todas!!!
- Botarse ó porco: utilízase cando non se lle ve saída ou solución a un problema.  - Eu non sei como imos facer, xa era mellor botarse ó porco.
- Ter [unha palabra] debaixo da lingua: dise cando non acorda algo, cando non é capaz de lembrar algo. - Íbache dici-lo nombre... téñoo debaixo da lencua e non me sale.
- Subirlle o cinestro a alghén: anoxarse moito, sentir rabia, carraxe; encinestrarse. - Poñédevos quietos, porque como me suba o cinestro ides mirar vós. - Hai que ter cuidado con ela, porque como lle suba o cinestros...!! - Hai que andar con cuidado con ela porque logho lle sobe o cinestro.

- Poñerse na punta da uña: Alporizarse, subi-lo cinestro. - Non hai quen lle digha nada, porque enseguida se pon na punta da uña.
- Ter cara de leite fervido
- Non lle coller un feixón/ghranceiro no cu a alghén (estar todo gabacho)
- Gozar coma un burro/a: alegrarse do mal alleo, coas desgrazas alleas.
- Ser de rapar e peitear: dise dunha persoa que é moi mala, coa que hai que ter coidado. - Esa é mala coma a peste, é de rapar e peitear.
- Facer un pan coma un queixo: dise cando dúas persoas non se levan ben, non se entenden. -
Eses dous xuntos fan un pan coma un queixo.
- Non facer blanca de servicio (non traballar nada, non facer nada; manga-la pata)
- Non facer blanca (non traballar, non facer absolutamente nada)
- Non dar pancada (non traballar, non facer absolutamente nada)
- Manga-la pata (non facer nada, folgar)
- Custar ferro e fariña
- A trique da nada (inmediatamente)
- Da-la cara por alghén: - Ela quérelle ben porque eles sempre a trataron ben, sempre lle deron a cara...

- Face-lo pau pró lombo dun; busca-lo pau pró lombo dun: dise cando alguén busca mal para si mesmo, cando fai cousas en prexuízo propio.
- Face-lo conto

- Facerlle a rosca a [alguén] (facerlle o conto, adular)
- Ter [a alguén] debaixo dun dente: terlle mala idea a alguén, collerlle  manía.
- Arreghaña-lo dente

- Andar na fura de fóra: dise de alguén que anda moi encomodado, moi anoxado.
- A todo pano/a todo tren: -Quería ir á casa de miña prima a todo pano!


Con OLLO:
- Enche-lo ollo [algo ou alguén]
- Caí-los ollos [por algo]
- Poñer ollos de boi

- Mirar con ollos de boi
- Arregala-los ollos (arrelagha-los ollos).

- Estralar unha castaña na boca (levar un desgusto, levar un pau)
- Levar un carallo (levar un desgusto)

- O que ten tenda que a atenda, senón que a venda.
- O que a lonxe vai casar ou ten tacha ou vaina buscar.
- O día que casaches ti, casei eu, pau ti, pau eu.
- Se a raposa anda ós ghrilos, mal polo pai, pior polos fillos.
- A raposa muda de pelo, pero non de mañas. 
Pra quen é o burro, chégalle ben a albarda.
- Poñer as peras a carto: poñer alguén no seu sitio, botarlle unha boa berregheira.
- O que ten amigos, non morre na cadea.
- Morra Marta, morra farta.
- Cada can que lamba a súa caralla.
- Boi solto, de seu se lambe.
- A cabalo morto, cebada ó rabo: utilízase esta expresión para indicar que algo xa non ten solución, que xa é demasiado tarde para facer algo, enténdese que despois de morto o cabalo ou burro (hai varias versións) non hai maneira de cebalo.
-Tres parvos nun burro perdidos van.

- Ceu empedrado, chan mollado.
- Neve na lama, chuvia na cama.
- Tucurrutú María Antonia!! (para expresar incredulidade)
- Un home non chora inda que lle corten o cu cunha poda.
- Danzar no aro da peneira/andar (sempre) no aro da peneira/criba: andar sen moito sentido, correr riscos innecesarios, meterse en problemas.
- Méé, fillo d'ouvella, quen te pariu que te manteña, senón te quere manter, que te leve á feira a vender.
- Meter a man na bulsa; ir á bulsa: gasta-lo carto.
- Te-la bulsa; se-lo amo da bulsa: ser o amo dos cartos
- Morreu o rato, tapouse o burato.
- Entrar/marchar rateiriño: en silencia e sixilosamente para que ninguén se dea conta.
- Cando dorme o ghato, bailan os ratos.
- Cando dorme o ghato, fan festa os ratos.
- O que nunca tivo nada e aghora ten un porquiño, anda todo o día currí currichiño.
- O que nunca tivo nada e aghora ten un porquiño, anda todo o día quino quiniño.
- Os de fóra rachan leña: utilízase para expresar que o que digan os outros, a opinión dos outros non importa, non se lle fai caso. O que diga a xente de fóra non importa.
- Dille o pote ó caldeiro: - Sácate pra alá, non me lixes!
- Empeñados por cinco, empeñados por cicuenta.
- Rubias ó mar, vellas a [a]sollar: dise nas Rías Baixas cando á noitiña está o ceu rubio contra o mar, quere dicir que no outro día vai estar día de sol, que vai estar bo tempo.
- Debe esta-lo demo a caghar: dise cando pasa algunha cousa (en xeral positiva), que non acontece normalmente.
- Anda o demo solto: dise cando pasan moitas cousas más, moitas desgrazas.
- Éche o demo que se quere meter nun.
- Zamora non se tomou nunha hora: quere dicir que se precisa tempo para facer as cousas, que todo leva o seu tempo.
- Ser/non ser para tirar/botar foghetes.
- Alucina pola perneira.
- Apertar/meter os collóns (collonciños) nas vrillas: acovardarse.
- Rabea pola peneira, rabea por peneirar, rabea por ter amores, rabea por se casar.
- Mirarlle (verlle) o cu á curuxa (verse en apuros).
- Mirarlle (verlle) as ourellas ó lobo (ver o perigo moi cerca).
- Mira-la morte ós ollos (verse en perigo de morte, estar á beira da morte).
- Enfiar alghén polo cu dunha aghulla (facer o que se quere de alguén)
-Facer de [alguén] un pandeiro (facer o que se quere del)
- O que testa na rúa, sírvese pola súa (cando unha propiedade estrema co camiño non ten dereito a servidume pola doutros).
- O que veña atrás que arree!
- As miñas leiriñas, as miñas vaquiñas (todo o que hai nas miñas propiedades é meu, no meu fago o que quero).
- O que fai un fillo en muller allea, perde o fillo e maila feitura.
- Andarlle [a alguén] coa roupa das festa (botarlle unha boa berregueira, reprimenda, irlle ó lombo).
- Andar coa alma nun/por fío
- Empreñar polos oídos (entender cousas que non son, entender mal, inventa algo a partir doutra cousa que oíu)
- Dígocho fillo, enténdeme nora.
- Os fillos das miñas fillas meus netos son, os dos meus fillos serán ou non.
- Bendigo eu e non digo misa!
- A máis non poder
- Con toda
- A todo dar
- Andar na brasa
- Ser por de máis (demasiado)
- Dicir algo de boca pra fóra (sen sentilo, sen pensalo realmente).
- Ou nas mans ou nos pés, has de saír a quen és.
- Ou nas mans ou nos pés, has te de parecer a que és.
- Túa nai cabra, teu pai mé, fillo de cabra, cabrito é.
- Andar ás xaneiras (andar en celo).
- Vaiche boa, Vilaboa!
- Cara de ferreiro
- Na casa do ferreiro, espeto de pau.
- Andar danado (andar rabeado)
- Cando naceu o sapo, naceu a sapa
- Se a vaca non come a canda os bois, ou comeu antes ou come despois.
- A vaca da miña viciña dá máis leita cá miña.
- Ser [algo] unha viña vindimada (ser fácil, doado).
- Meterse en camisa de once varas.
- Ser quente da vrilla
- Botarse á freba (gustarlle a un home en exceso as mulleres)
- Ser botado á freba (home que anda atrás das mulleres, promiscuo, putañeiro).
- Ter barrigha de becho (barriga grande e prominente).
- Máis vale andar ca ornear
- Andar ós ghrilos (pasar mal, vivir miserablemente)
- Andar ás minchas (pasar mal, vivir miserablemente)
- Andar ás piñas (pasar mal, vivir miserablemente)
- Se-la ruína de Palmira (gastar moitos cartos, verse obrigado a gastar moito).

- COMPARACIÓNS:
Ser máis vello ca Adán/Matusalén
Inchado coma un sapo
Cheo coma un ovo
- Na casa tiñan de todo, tíñana cheíña coma un ovo.
Fino coma un coello
Listo coma un allo
Máis falso ca un burro
Pequeno coma un rato
Pequeno coma un carto
Grande coma un mundo
Grande coma un día sen pan
Gordo coma un burro/becerro/vaca
Máis parvo ca Pichingau
Durmir coma unha pedra (durmir profundamente)
Durmir coma unha marmota (moito tempo, estar sempre a durmir)
Manso coma unha mandria
Manso coma un pato/patiño
Delicado coma un figo (paso)
Triste coma unha noite
Chorar coma unha videira/vide
Comer coma un abade
Beber máis ca unha fuste: Refírese a unha persoa que bebe moito viño ou calquera alcol, borracho. (Unha fuste é unha vasilla para o viño máis grande do normal).
Beber coma unha dragha (beber moita auga)
Mexar coma unha cesta
Suar coma un boi
Suar coma un porco
Rabear coma a mona
Andar rabeado coma unha mona
Pasar máis fame ca un can
Fraco coma un can
Quente coma o lume
Quentiño coma un roxón
Encarnado coma o lume
Frío coma a neve
Feo coma o demo; feo coma un can; feo coma un croio; feo coma un corno.

Rubio coma a grana
Frío coma un caramelo
Forte coma un touro
Ser coma un buxo
San coma un buxo
Haber cartos coma area
Coma unha londra (gordo e brilloso).
Comer coma un pito/pitiño (comer pouco).
Ser coma un pau de virar tripas (ser moi fraco)
Ser un pau de virar tripas
Negro coma os meus pecados
Tremer coma unha vara verde

- Planta na calle, merda na casa
- Polo pan baila o can.
- O home e o can van a onde as dan.
- Do demo para a nai pouco vai.
- Chéirame a can, ghaliñas serán.
- Meus peciños, meus pezáns, se non forades vós, comíanme os cans.
- A cabra co vicio dá cos cornos no cu.
- Bota-los fíghados (gomitar, devolver. Esforzarse moito).
- Facerlle un traxe a alghén (falar mal de alguén, criticar)
- Ser de rapar e peitear (de mal carácter, malo de levar, mala persoa).
- Tanto dá dar no cu coma no cu dar.
- Face-lo cu Lucas Lucas (ter medo)
- Molla-lo ollo (chorar)
- Non ter paraxe (dise das persoas moi inquedas que non paran de facer cousas, de moverse).
- Non dar nin a merda que cagha (ser moi avarento, coreño, cotroso, tiñoso).
- Poñerse nos cornos da lúa (encomodarse moito).
- Ter máis merda ca un pau do galiñeiro.
- Ter millo no canastro (ter cartos, ter capital).
- Tan bo e Xan coma Pericán.

- Hoxe é luns mañán é martes, corta feira logo vén, de mañán en oito días é a semana que vén.
- Hoxe é luns, mañá é martes, carta feira logo vén, tárdame que veña o domingo para ver a quen quero ben.

- Salú e forsa no cu (fórmula de brinde)
- Leite nas tetas e muitas pesetas (fórmula de brinde).
- Perdón polo ghato lambón (utilízase como resposta cando che piden perdón, para quitarlle ferro ó asunto).

- Andar co credo na boca (andar asustado, intranquilo, temeroso)
- Nin vou alá, nin fagho falta
- Medrar coma o leite no lume

Andar pra dentro,
andar fedorento,
andar pra fóra,
andar que namora.

- A uns empréñanlle/páirenlle os bois,
e a outros arrebéntanlle as vacas

- Andar a toque de caixa
- Traer a toque de caixa

- Andar de noite coma o Tártaro.
- Contar algo tintín por tintán (con todos os detalles)
- Estar ata os ollos de algo ou alguén (estar farto ou cheo de algo).
- Buscarlle as uñas ó ghato (buscar problemas onde aparentemente non os hai).



Mensagens populares deste blogue

DITOS, REFRÁNS E FRASE FEITAS

Hai moitas frases feitas, ditos e refráns que están sendo substituídos por castelanismos por falta de difusión, porque nas televisións se oen máis e máis tempo en castelán, saquemos os nosos á luz!!!

EXPRESIÓNS E PALABRAS DA TERRA CHÁ

Algaruxo s.m.  Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo  subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto.   Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres .   L esar v.t. C