Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de fevereiro 6, 2011

A CARROUCHA DOS PITOS

En varios lugares do sur de Pontevedra a palabra carroucha utilízase para designar dous tipos de escaravello: o Lucanus cervus e varios escaravellos do xénero Blaps ( Blaps lusitanica , Blaps mucronata , Blaps gigas , etc.). O Lucanus cervus é a vacaloura, escornabois, alicornio, etc. (Á dereita: unha femia e un macho de Lucanus cervus ; abaixo, dous machos loitando) Os outros escaravellos ós que lle chaman carroucha ou máis concretamente carroucha dos pitos son do xénero Blaps ( Blaps lusitanica ).  Chámanse carroucha dos pitos porque hai a crenza popular de que mantan os pitiños e chúchanlle o sangue. Esta crenza parece que non é verdadeira, xa que estes bechos aliméntanse de substancias orgánicas en descomposición, son saprófagos ou mesmo coprófagos (que comen merda, vaia). Estes insectos teñen hábitos nocturnos. Durante o día están agochados en sitios frescos e húmidos. Unha das características que permite recoñecer estes insectos é que cando se senten ameazados seg