Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro 25, 2011

Retallos do Tártaro

Ás veces óese o comentario de que a cultura antiga e tradicional galega se está a perder, e pensas nos labores tradicionais e nos tempos de antes, e que é inevitable porque as cousas cambian e a vida de agora non é a mesma cá de antes. Pero realmente non se pensa en todo o que mudan as cousas, como se vai perdendo, sobre todo, o imaxinario popular, as crenzas, as certezas que tiñan sobre o seu mundo os nosos avós e como só nos quedan retallos dunha cultura inmaterial. Non es consciente ata que o ves cos teus propios ollos, xa di o refrán, aínda que pareza un pouco forzado: ninguén escarmente en cabeza allea. A min pasoume moitas veces porque me intereso por estas cousas que lle chaman "dos vellos". Cando lía cousas sobre as mouras e lle preguntaba ós meus pais ou a algún veciño dos máis vellos do lugar, sempre había alguén que dicía: "Ai si, tíñalle oído a miña avoa falar diso...", "Boh, iso son contos de vellos... que contaban antes...", "Iso son par