Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de julho 3, 2011

"ACHAR DE MENOS"

As linguas teñen moitas expresións e frases feitas con significados que non podemos deducir pola suma do significado de cada un dos seu compoñentes, estas frases feitas incorpóranse á lingua como un todo indivisible ó que se asocia un sentido. Isto permite que moitas frases feitas, dende un punto de vista histórico, se formen sen un sentido lóxico se partimos dos seus constituíntes, xa que funcionan como un todo que non se pode separar. Na frase do castelán " echar de menos " non podemos adiviñar o significado partindo dos seus compoñentes inmediatos e mesmo partindo do polisémico "echar" parece difícil reconciliar este verbo co significado global da expresión. É por isto que moitos etimoloxistas e entendidos no tema din que esta frase feita do castelán é un calco de " achar de menos " ou " achar en falta " do galego-portugués medieval, que parece que ten máis sentido, sobre todo, se temos en conta expresións do galego moderno como "(a)topar