Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro 1, 2019

ORXABÁN (Verbena officinalis)

O orxabán , nome común da planta Verbena officinalis no sur da provincia de Pontevedra (Mos, Vigo, Cangas... xa dicía o padre Sarmiento que era propia da provincia de Tui), é unha planta herbácea, perenne, da familia das Verbenáceas, que nace de forma espontánea en terreos ermos, nas beiras dos camiños, en comareiros e en terras de poulo. Ten un talo erecto, que pode chegar ao metro de altura, con follas opostas, oblongas ou lanceoladas, e as flores lilas ou azuladas que saen en espigas terminais. Utilízase na medicina popular en varios remedios, ben como nas herbas de San Xoán. Historicamente é considerada unha planta sagrada, tanto polas civilizacións clásicas, gregos e romanos, como polos celtas e outros pobos. O nome orxabán (Torroso, Mos) non aparece recollido no Dicionario da Real Academia Galega , pero si aparece nas entradas do Dicionario de dicionarios ao lado da forma verxebán , coas variantes gráficas orxaván , orjaban , vergeban . Estas dúas formas tamén figuran