Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de junho 12, 2022

UNHA CASA LÓGRIMA

  Ao recoller palabras de uso popular que non están rexistradas sempre xorden dúbidas de cal será a forma máis adecuada, de cal será a orixe, se hai outras formas da palabra xa recollidas e comeza un proceso de busca que non sempre dá froitos. Un deses casos é a palabra "lógrima" que lle escoitei varias veces a miña avoa. Nun primeiro momento chamoume a atención e preguntei que significaba, ao que me respondeu que era unha casa sen dividir, onde todo o espazo interior está nunha única peza: a cociña, o dormitorio... No uso espontáneo a forma que usou foi sempre "lóghrima/alóghrima", penso que sen excepción, pero ao pedir aclaracións sobre a forma da palabra xurdiron as vacilacións entre "lóghrima", "lóghrida" e "lóghria", con preferencia por "lógrida". Así e todo, no uso espontáneo sen a presión do observador a forma utilizada foi sempre "lóghrima", polo que esa ten que ser a forma da que parta para determinar a orix