Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de fevereiro 24, 2019

AFINAL ERAN BACANAIS!

Unha vez falando coa que teño por miña avoa, contoume un deses relatos, case secretos, que non pode saber a xente decente con temor de Deus. Por este mesmo motivo, porque unha muller honrada, de misa diaria, non podía saber desas cousas, o relato foi entrecortado, sen entrar en detalles precisos e moito menos sen grandes descricións. Esa historia truculenta que me contou foi a dos bochicos. Un bochico , bachical ou bachicage era unha reunión nocturna de xente relacionada coas artes ocultas, coa bruxería, o espiritismo etc. que se facían daquela, nos tempos de antes, dos que ela oía falar cando era rapariga e, sobre todo, dos que lle falaba a súa avoa. Polo que me dixo, esas reunións foron perseguidas e prohibidas polos excesos que se cometían nelas. Parece ser que se xuntaba xente "de pouca reputación" nunha carballeira ou nun lugar de monte apartado das casas e a través de ritos máxicos, de alcol e outras substancias psicótropas os participantes entraban nun estado que pode