Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de outubro 27, 2019

PECADOS DA PALABRA

No galego estamos todos moi preocupados por normalizar aquelas palabra máis bonitas, máis enxebres, pero teño a sensación de que hai outras palabras que fican aí nun limbo prexudicial para a súa conservación, posto que cando hai algunha dúbida sobre o uso ou a idoneidade dunha expresión ou termo, sempre acaba impóndose a castelá. E xa non digo nada das "palabras feas", dos insultos e dos xuramentos, ata iso se perde. Lémbrome de cando era pequeno que a todas estas "palabras feas" lle chamabamos "pecados", se alguén se cagaba en algo ou alguén, se lanzaba algún exabrupto enseguida había alguén que dicía: "ah, dixeches un pecado" ou un adulto que te reprendía por dicir "pecados". Sen dúbida, non é máis ca unha mostra da omnipresente cultura católica. Hoxe en día ese "dicir pecados" soa tan inxenuo, tan infantil que moita xente opta polo castelán "taco", "dicir tacos", "palabrota", "dicir pal