Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de Junho 26, 2011

HERBAS DE SAN XOÁN

Na véspera de san Xoán, antes de que se meta o sol, hai que apaña-las herbas, que varían dependendo da zona. Na actualidade recóllense as herbas que máis arrecenden, o principal obxectivo é que a auga cheire ben cando se lave a cara no outro día á mañá, mesmo así, inda hai xente que as apaña todas seguindo o ritual antigo. Esta plantas non teñen porque ter un arrecendo demasiado forte, apañábanse porque son medicinais e usábanse despois secas en remedios.
O ritual di que a auga onde se boten as herbas de san Xoán ten que ser de sete fontes diferentes.
Follas de cana de sete canavais diferentes.Follas e flores de limoeiro e de laranxeiro.Follas de figueira branca.Follas de viña branca.Pétalos de rosa.Silva macho, rosa brava (Rosa canina)Follas e flores de croque ou estralotes (Digitalis purpurea).Follas e flores de croque branco ou croquillo (Verbascum).Funcho, fiúncho, fiollo (Foeniculum vulgare)Tromentelo ou tromentelo do monte (Thymus)Macela (Matricariarecutita).Herba da Nosa Señora, …