Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de maio 3, 2015

OS DÍAS DA SEMANA

Xa que me afeccionei ao TMILG e ao Corpus Xelmírez gustaríame compartir algunhas conclusións ás que cheguei. Sempre hai temas polémicos con isto da normalización lingüística do galego, e a denominación dos días da semana é un dos temas controvertidos. Aínda que os nomes baseados no sistema de feiras están admitidos é son normativos o seu uso na lingua oficial é escaso por non dicir nulo, dáselle prevalencia ao sistema baseado nas formas latinas. A polémica radica en que por unha parte as correntes reintegracionistas próximas ao portugués defenden que a única forma galega é a baseada no sistema de feiras igual có portugués e que a baseada no sistema latino é un calco do castelán. A versión "oficialista", digamos, aposta polas denominacións pagás porque son as máis utilizadas, aínda que admiten a masiva castelanización do sistema, sobre todo miércoles , jueves e viernes . Do sistema de feiras aducen que só se recordan algunhas formas como corta/cuarta feira e quinta feira

LOIS OU LUÍS

A onomástica galega dá como sinónimos os nomes Lois e Luís, di que son variantes do mesmo nome tal como Roi e Rui ou que polo menos se consideran variantes, aínda que non é seguro, debido a que a orixe de Lois non está de todo clara, sobre todo pola distinta acentuación. Non hai unha explicación clara para xustificar estas dúas variantes. A orixe de Luís está clara, non é ningunha novidade que vén do francés Louis. O cambio de Louis a Luís é mínimo, só muda a grafía. Aínda que en francés moderno non se pronuncia o ese final, Louis dise /lwi/.  Como dicía, a orixe de Louis é coñecida, pódese encontrar en calquera libro ou dicionario de nomes ou en infinidade de páxinas de internet que falan deste tema. Así e todo ímola recordar. O nome francés Louis vén do nome xermánico Hlúthawig  (algunhas fontes afinan máis e din que vén do nome franco  Hlodowig ou Hlodwig ). Este nome está formado por dúas palabras ou formantes de nomes do xermánico antigo: "Hlod" que significa 'fa