Avançar para o conteúdo principal

O MONTE É NOSO!



Hai uns días que vin este documentario e pareceume moi interesante. Ten un gran valor histórico e etnográfico. Despois de ver o vídeo quedei coa sensación de que as cousas non mudaron moito en corenta anos, todo o contrario, paréceme que foron a peor. Non son conflitos novos a má xestión do monte, a utilización dos nosos recursos para enriquecérense catro a conta de todos. Por desgraza, están de actualidade os mesmo problemas de hai corenta anos: as minas, os incendios e a explotación dos montes. E polo visto continuará así, posto que os que nos gobernan se negan a ordenar o monte e a parar coa depredación. O caso é que mentres alguén se estea a enriquecer con esta triste situación, non mudará.
Á parte do interese histórico, tamén ten un grande interese lingüístico. Hai varias palabras que me chamaron a atención.


(inicio)

"Eu ía co rabaño, había tres rabaños... en Santa María de Xeve, .... no lughar de Fontáns... e ía co rabaño, eu tocaba o corno e había tres rabaños no lugare, había crabas e ouvellas... eu chámolle así, porque... pra... eso... eu chámolle así: crabas e ouvellas... e toda a mirisicordia. Eu viña co rabaño e xuntabámonos aquí todos, os tres rabaños todos xuntabámonos aquí nesta pleada, que aínda non había alcolitos nin había nada, aquí non había nada, era todo isto aquí llano, todo, sin nada, e xuntabámonos aquí todos, e se entraba, despois, despois xa cerraron e se me entraba unha ouvella no cierro, pois, eu tiña que agharrare, paghar, sabes? e pagha-lo o... cinco mil pesetas, que non é o mirmo, eh! tiven que paghar cinco mil pesetas eh! e despois, como lle chaman? ía por aí arriba, por aquí, e veu o ghuardia, a tundas en nós, eu tiven que fuxiri, eu que sei pa onde tiven que fuxiri, tiven que fuxiri unha leghua derviada e deixar queda-las ovellas, e mailo... o rabaño, bah, e coma min todos, porque cando eramos, cando viñamos, eramos pequenas, qu'aghora xa son vella, claro, cando viñamos eramos unhas chavalas pequenas. Eee... pois aghora... talaron isto e quedamos sin nada, sin alcolitros e sin nada, todo, todo. E nós tamén temos unhas fincas, que o dighan estes... temos unhas fincas, que eran reghadías daquí e aghora quedamos sin reghalas nada, unha... é unha finca que inda é de dez ferrados de sembradura, e logho! dez ferrados de sembradura, e non puidemos... e non podemos reghar nada, nadita, nadita, nadita... e así quedamos sin aguas, se queres quedamos sin montes e quedamos sin todo, e sin ovellas, que nós tiñamos un milagre delas e tivémolas que vender todas, porque nolas fixeron vender porque non tiñamos onde as meter, onde... como lle chaman, onde as botar pró monte, dispois tivémolas que vender todas, e logho! tiñamos máis de cincuenta ouvellas, e coma nós todos".


(minuto 27)



"O alcalde de Pontevedra, que era Gharcía Filgheira Valverde, foi o que çedeu o monte ó SID, para... ocupando as propiedades tamén çedeu as propiedades dos viçiños que tiñan matos, fincas, todo asta a carretera que fixeron, que vai a Marín, esa querían, leváronnos todo, asta que nosoutros puxémonos en alçada e botamos unha instançia, para que nos deixaran o monte, que ese monte é un monte que foi sempre da parroquia, e é da parroquia, pero claro, este asunto de que como cando estaba Franco, esto... façía o que lle salía a eles, os satélites que tiña nas provinçias e nun lado e no outro, pois façían os avatares que lle daba a eles a ghana e nosoutros non podiamos daquí a pouco reclamar cousa ningunha. Ahora a ver se vén o momento... que no momento que diçen que ahora o monte é da parroquia, pois nosoutros debiamos ter un dereito e reclamar e que nos digan esta é unha parte do monte, pois unha parte pa poder dirfrutalo, porque äí pastorean os animales, páñase toxo e unha porçión de cousas que rinden na parroquia"

Comentários

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

O TEMPO

En galego para falar do tempo, tanto o cronolóxico coma o atmosférico, hai unha serie de expresións propias e diferentes dos idiomas veciños. Para falar do tempo cronolóxico empréganse tres verbos: HABER, FACER e IR, que moita xente confunde, supoño que por interferencia do castelán. O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado, sen unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana , hai un mes , enténdese que dende o momento en que falamos para atrás hai unha semana ou un mes, pero non se marca con precisión o comezo exacto. O verbo FACER utilízase acompañado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para indica-lo momento exacto a partir do cal contamo-lo tempo que queremos expresar: hoxe fai dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou , onde se expresa unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase para os aniversarios, en galego os anos fanse non se