Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de outubro 6, 2013

BOUDAÑA

Dando un paseo polo monte vin unhas "correolas" cargadas de froito, unhas bagas encarnadas que eu coñecía como uvas de can , e cando lle preguntei á miña acompañante: "Esas son uvas de can, non? Respondeume: "Non, esa planta chámase boudaña ". Unha palabra nova que nunca na vida oíra, a pesar de que a miña informante é miña avoa, eu sempre coñecín esa planta por uvas de can , estou case seguro de que lle oín máis dunha vez a meu pai chamarlle uvas de can, e parece que non somos os únicos que a coñecemos por ese nome, no Dicionario de dicionarios e noutras páxinas en internet coma o Minatlas xeobotánico de Galicia aparece recollida así. A planta a que me estou a referir ten o nome científico de Tamus communis (non confundir coa Bryonia cretica dioica ). Coma en moitos outros casos hai confusión de nomes e de especies. No Dicionario de dicionarios asígnaselle o nome de boudaña tanto a unha especie coma a outra dependendo do dicionario e da zona. No Dicionario