Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro 23, 2018

VAI DE CHUMBOS, CHIMPOS E PINCHOS!!

Cada día estou máis convencido de que nunca se acaba de aprender unha lingua, nin a propia. A sabedoría popular reflícteo moi ben co dito: está o vello a morrer, está o vello a aprender. E como eu ando a iso, a aprender, teño o radar sempre aceso, o filtro posto, e non son poucas as veces que cazo palabras novas ou xa coñecidas utilizadas dunha forma nova, con outro significado diferente do que xa sabía. Iso non ten nada de raro, é normal que non se coñezan todas as palabras, pero o que máis me chama a atención é que esas palabras veñan de persoas coas que trato a diario. Son palabras que estaban aí gardadas no seu acervo lingüístico e que non utilizan moito. Por exemplo subacoso , unha mina subacosa 'oculta', 'escondida nun lugar de difícil acceso'... de onde raio sairía esa palabra? De * subaquosus ? Non o creo, para este "enigma" aínda non teño ningunha teoría, nin sequera unha destas teorías loucas. Hai outras palabras e expresións como chumbo de ghato