Na miña fala do sur de Pontevedra (Mos) sempre utilicei e oín utilizar a palabra acachapar co significado de agacharse, encollerse sobre un mesmo para ocultarse, como aparece definida e con exemplos no vocabulario deste blog. ACACHAPAR v.tr. e pron . Ocultarse ou esconderse co corpo encollido sobre si mesmo. - Andabámolos a buscar e estaban alí acachapados no medio das silvas . - Téñeno alá acachapado e non o deixan vir pá casa! O motivo que me levou a escribir este texto, é que nos dicionarios galegos non aparece recollida esta palabra co significado que coñezo, pero o máis curioso é que ese significado é o que lle dan os dicionarios das outras linguas peninsulares, comezando polo portugués, como era esperable. No dicionario da Real Academia Galega non aparece recollido, nin no Digalego . No Dicionario de Dicionarios da Lingua Galega está recollida en varios dicionarios, pero co significado de 'coller...
S egundo algunhas etimoloxías propostas, coello (de CUNĪCŬLUS ) significaba canciño, cadeliño. A palabra cunīcŭlus , de etimoloxía descoñecida, sabemos que ten orixe na península ibérica , os gregos e os romanos descoñecían o animal, endémico da península e, por tanto, non tiñan nome para el. As primeiras atestacións da palabra son do grego Polibio , que viviu no século II a. C. e estivo en Hispania nas campañas de conquista romana . Segundo Polibio, de lonxe, os coellos parecían lebres, pero ao collelos na man víase que eran moi diferentes. El é o primeiro que recolle a palabra κύνικλος ( kýniklos ) coa que os autóctonos denominaban o tal animal. Esta palabra pasou despois ao latín como cunīcŭlus , con ī longo, pero acabou por adaptarse no latín vulgar da península ibérica ao resto dos diminutivos latinos en - ĭc ŭ lus con ĭ breve ( ap ĭ c ŭ la 'abella', ov ĭ c ŭ la 'ovella'), por iso hoxe temos coello ,...