Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de fevereiro 27, 2011

OS CURRUMIÑOS

Agora que estamos no tempo do Entroido lémbrome de como era cando era pequeno. Daquela en Torroso (Mos) o Entroido era moito máis caseiro, sempre nos disfrazabamos con roupa vella que había nas huchas e no fondo dos armarios dos nosos pais ou dos avós. Cando estabamos caracterizados erámo-los currumiños . Os currumiños disfrazábanse para ir polas casas pedindo unha pesetiña ou un oviño. Acórdome que iamos casa por casa entoando unha ladaíña repetitiva: -cuuurumiiiño, cuuuurumiiiiño unha pesetiña, un oviño . A maioría da xente dábanos algo e facíanos rabear un pouco, pero había unha veciña que nos facía bailar o currú currú , era unha canción que só tiña esa letra, currú currú , cun ritmo que case sempre nos marcaba ela, dicíanos que tiñamos que gaña-lo que nos dese, era moi divertido. Os disfraces máis típicos eran de vellos, os rapaces disfrazábanse de mulleres e as raparigas de homes, de fantasmas cunha saba vella pola cabeza, de traballadores cunha funda, etc. Ó final do día reparti