Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de junho 12, 2011

CHOPOS

Coa palabra chopo en galego coñécense varias especies de árbores do xénero Populus : o Populus nigra, o Populus alba , etc. que tamén teñen os nomes populares de lamigueiro e álamo . Pero neste artigo quero falar doutras plantas que reciben o nome de chopo. Unha delas é a Digitalis purpurea , esta planta ten moitísimos nomes dependendo das zonas: croque , estralote , estraloque , abeluria ,  seoane , savane , dedaleira , etc. O Padre Sarmiento xa recolle no século XVIII o nome de chopo negro. Digitalis purpurea Pero hai outras plantas da familia das Scrophulariaceae cun tipo de folla semellante ó croque negro ( Digitalis purpurea ) que reciben o mesmo nome, hai que ter en conta que esta situación varía dunhas zonas a outras e dunhas variedades do galego a outras. Na zona de Torroso (Mos) hai tres especies da familia das Scrophulariaceae relancionadas: os croques ou estralotes ( Digitalis purpurea ), o croque branco ou croquillo ( Verbascum thapsus ) e ( Verbascum nigru

ANIMAIS TABÚ

     En tódalas culturas hai tabús de orixe antiquísima motivados por diferentes causas, pero en xeral son de carácter psicolóxico. Wundt pensa que o tabú obedece ó medo a un poder demoníaco supostamente escondido no tabú e que o contaxio se evita mediante cerimonias expiatorias. Aínda que a palabra tabú se aplica a direntes ámbitos do sagrado e do prohibido, a min interésame a vertente relacionada coa anterior afirmación de Wundt, a asociación de certos animais cun carácter demoníaco ou maldito.      En moitas culturas os animiais prexuciais para a comunidade e polo tanto temidos convértense en tabú e non só o animal, tamén o nome porque se pensaba que pronunciando o nome se invocaba o animal. Un dos casos máis citados é o do nome do oso nas linguas eslavas e xermanas, onde se substituíu o nome orixinal indoeuropeo *rks-  por un eufemismo, nas linguas xermanas cambiáronlle o nome por un eufemismo que facía referencia á cor do pelo do oso bher ou berun 'bruno', os eslavos