No sur de Pontevedra, e polo que se ve neste mapa tamén no Minho portugués, o sufixo - eiro ten os valores xerais do galego e a máis ten outro propio da zona, o de individualizador ou mellor dito de "uninumeralizador". Adquire este valor cando se aplica a substantivos continuos ou colectivos, isto é, aqueles que categorizan as entidades como materia, masa e substancia e os que designan un colectivo en singular, por exemplo granceiro de gran : gran refírese ó conxunto dos grans de millo, ó que noutras zonas lle chaman a gra , granceiro é un único gran. Hai varios exemplos en que - eiro funciona como uninumeralizador: o gran - un granceiro o arroz - un arroceiro a area - unha areeira o millo - un milleiro o pelo - un peleiro a herba - unha herbeira o toxo - un toxeiro a palla - unha palleira o fento - un fenteiro o pendón - un pendoeiro a verdura - unha verdureira silva - silveira xesta - xesteira vide - videira verza - verceira pi...
Este blog naceu porque quería recoller as palabras da miña avoa, Carme d'Isolina, unha muller sabia. Co paso do tempo foi medrando coas palabras da miña familia paterna (Torroso, Mos) e da miña familia materna (Arcade, Soutomaior) e funo enriquecendo con palabras doutras procedencias que me parecían curiosas.