Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de Julho 16, 2017

ISTO É GALEGO VIVO!!

É unha marabilla oír falar a xente así de ben, con esa expresividade e esa riqueza lingüística, nese galego tan bonito, neste caso o contraste aínda o fai máis evidente. Cando vin este vídeo á parte de encantarme o ben que falan estes veciños de Morás (Arteixo), tamén me chamaron a atención unhas palabras que nunca oíra, e se fixen este post é precisamente por iso, para chamar a atención sobre elas. Só transcribo o que fala unha veciña, a da viseira, porque é a que di as palabras que me interesa comentar.





«Eu x'ò vin cos pantalóns todos embaixo de todo... qu'el asta... coidadiño trae uns calzoncillos lindísimos... pero 'taba coma cando su madro lo parió, per'eu como había así aghamarzò e monte ó lado e había árbores, pillei un pòlôn, así dunha póla, e púxena no carretillo, qu'eu se vén ó alto del e me bota a man, eu doulle onde lle caíran...»

«E vas sola e se cadra bótache a man... e... non digho nada...»

«El moi ma... moi moi maior non se fai, el é i-alto, así ben es…