Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

VAI DE CHUMBOS, CHIMPOS E PINCHOS!!

Cada día estou máis convencido de que nunca se acaba de aprender unha lingua, nin a propia. A sabedoría popular reflícteo moi ben co dito: está o vello a morrer, está o vello a aprender. E como eu ando a iso, a aprender, teño o radar sempre aceso, o filtro posto, e non son poucas as veces que cazo palabras novas ou xa coñecidas utilizadas dunha forma nova, con outro significado diferente do que xa sabía. Iso non ten nada de raro, é normal que non se coñezan todas as palabras, pero o que máis me chama a atención é que esas palabras veñan de persoas coas que trato a diario. Son palabras que estaban aí gardadas no seu acervo lingüístico e que non utilizan moito. Por exemplo subacoso , unha mina subacosa 'oculta', 'escondida nun lugar de difícil acceso'... de onde raio sairía esa palabra? De * subaquosus ? Non o creo, para este "enigma" aínda non teño ningunha teoría, nin sequera unha destas teorías loucas. Hai outras palabras e expresións como chumbo de ghato...

O MONTE É NOSO!

Hai uns días que vin este documentario e pareceume moi interesante. Ten un gran valor histórico e etnográfico. Despois de ver o vídeo quedei coa sensación de que as cousas non mudaron moito en corenta anos, todo o contrario, paréceme que foron a peor. Non son conflitos novos a má xestión do monte, a utilización dos nosos recursos para enriquecérense catro a conta de todos. Por desgraza, están de actualidade os mesmo problemas de hai corenta anos: as minas, os incendios e a explotación dos montes. E polo visto continuará así, posto que os que nos gobernan se negan a ordenar o monte e a parar coa depredación. O caso é que mentres alguén se estea a enriquecer con esta triste situación, non mudará. Á parte do interese histórico, tamén ten un grande interese lingüístico. Hai varias palabras que me chamaron a atención. (inicio) " Eu ía co rabaño, había tres rabaños... en Santa María de Xeve, .... no lughar de Fontáns... e ía co rabaño, eu tocaba o corno e había tres rabañ...

ISTO É GALEGO VIVO!!

É unha marabilla oír falar a xente así de ben, con esa expresividade e esa riqueza lingüística, nese galego tan bonito, neste caso o contraste aínda o fai máis evidente. Cando vin este vídeo á parte de encantarme o ben que falan estes veciños de Morás (Arteixo), tamén me chamaron a atención unhas palabras que nunca oíra, e se fixen este post é precisamente por iso, para chamar a atención sobre elas. Só transcribo o que fala unha veciña, a da viseira, porque é a que di as palabras que me interesa comentar. «Eu x'ò vin cos pantalóns todos embaixo de todo... qu'el asta... coidadiño trae uns calzoncillos lindísimos... pero 'taba coma cando su madro lo parió , per'eu como había así aghamarzò  e monte ó lado e había árbores, pillei un pòlôn , así dunha póla, e púxena no carretillo, qu'eu se vén ó alto del e me bota a man, eu doulle onde lle caíran...» «E vas sola e se cadra bótache a man... e... non digho nada...» «El moi ma... moi moi maior non se fai,...

HERBA DOS CARPINTEIROS (Achillea millefolium)

A herba dos carpinteiros ou herba dos tacos ( Achillea millefolium ) tamén recibe os nomes de milfollas e aquilea . Segundo a tradición popular axuda a cicatrizar as feridas, por iso se di que é a herba dos carpinteiros, e por iso mesmo tamén recibe os nomes de herba das cortadelas, herba dos golpes ( DdD ). É unha planta propia de Asia e do sur de Europa que medra en terreos de poulo, nas beiras dos camiños e regueiros; dáse, sobre todo, en lugares húmidos. O uso desta planta na mediciona tradicional remóntase á antigüidade. Os gregos xa eran sabedores das súas propiedades antiinflamatorias, cicatrizantes e vulnerarias. Utilízanse as súas follas, talos e flores en emplastos ou consómese en infusión como tónico dixestivo e para as regras dolorosas, demasiado abundantes ou irregulares. Utilízase nas herbas de San Xoán, que despois de secas serven para afumarse.

FENTA EN CRUS (Osmunda regalis)

A fenta en crus ( Osmunda regalis ) tamén coñecida como dentabrún (dicionario da RAG), fieito real, fento real, dente de agrón, dentagrón, dentragón, dentabrú, dent abruño, dentabrón, dentabú, dentada, dentequil, dentesil,   lentexil ... é unha especie de fento nativo de Europa, Asia, África e América que medra en zonas húmidas, sobre todo ó pé de correntes de auga. É o maior fento de Galicia. Na cultura tradicional galega consid érase unha planta medicinal q ue se utiliza en infusións para os c ólicos. Di o refrán que o dentragón e a xenciana tódolos males sana n, non sendo a morte, porque é moi forte . ( Dentes e moas na fraseoloxía galega . Xes ús Ferro Ruibal, Centro R amón Piñeiro). Utilízase nas her bas de San Xoán.   En varias páxinas de Internet podemos encontrar outros usos e propiedades da Osmunda regalis , da folla e da raíz. Ten propiedades diuréticas, purgantes, depurativas, antihemorráxicas, tónicas...

HERBA DO TÉ, TÉ BRAVO (Bidens aurea)

A herba do té ou té bravo é unha planta herbácea da familia das Asteraceae procedente de América Central e o sur de América do Norte. Ten propiedades medicinais.

EXPRESIÓNS E PALABRAS DA TERRA CHÁ

Algaruxo s.m.  Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo  subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto.   Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres . ...