Avançar para o conteúdo principal

FENTA EN CRUS (Osmunda regalis)


A fenta en crus (Osmunda regalis) tamén coñecida como dentabrún (dicionario da RAG), fieito real, fento real, dente de agrón, dentagrón, dentragón, dentabrú, dentabruño, dentabrón, dentabú, dentada, dentequil, dentesil, lentexil... é unha especie de fento nativo de Europa, Asia, África e América que medra en zonas húmidas, sobre todo ó pé de correntes de auga. É o maior fento de Galicia.

Na cultura tradicional galega considérase unha planta medicinal que se utiliza en infusións para os cólicos. Di o refrán que o dentragón e a xenciana tódolos males sanan, non sendo a morte, porque é moi forte. (Dentes e moas na fraseoloxía galega. Xesús Ferro Ruibal, Centro Ramón Piñeiro).
Utilízase nas herbas de San Xoán. 



En varias páxinas de Internet podemos encontrar outros usos e propiedades da Osmunda regalis, da folla e da raíz. Ten propiedades diuréticas, purgantes, depurativas, antihemorráxicas, tónicas...






Comentários

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

VOCABULARIO

Se sabedes algunha palabra "rara" ou que consideredes pouco habitual, restrinxida a algunha zona concreta, etc. podedes engadila neste apartado, aprendédenos palabras!!!!