A herba dos carpinteiros ou herba dos tacos (Achillea millefolium) tamén recibe os nomes de milfollas e aquilea. Segundo a tradición popular axuda a cicatrizar as feridas, por iso se di que é a herba dos carpinteiros, e por iso mesmo tamén recibe os nomes de herba das cortadelas, herba dos golpes (DdD).
É unha planta propia de Asia e do sur de Europa que medra en terreos de poulo, nas beiras dos camiños e regueiros; dáse, sobre todo, en lugares húmidos.
O uso desta planta na mediciona tradicional remóntase á antigüidade. Os gregos xa eran sabedores das súas propiedades antiinflamatorias, cicatrizantes e vulnerarias.
Utilízanse as súas follas, talos e flores en emplastos ou consómese en infusión como tónico dixestivo e para as regras dolorosas, demasiado abundantes ou irregulares.
Utilízase nas herbas de San Xoán, que despois de secas serven para afumarse.


É unha planta propia de Asia e do sur de Europa que medra en terreos de poulo, nas beiras dos camiños e regueiros; dáse, sobre todo, en lugares húmidos.
Utilízanse as súas follas, talos e flores en emplastos ou consómese en infusión como tónico dixestivo e para as regras dolorosas, demasiado abundantes ou irregulares.
Utilízase nas herbas de San Xoán, que despois de secas serven para afumarse.
Comentários
Enviar um comentário