Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

"ANOMALÍAS" NA LINGUA?

Ás veces encóntranse na lingua "anomalías" que parecen obvias, pero que se continúan reproducindo e copiando duns dicionarios ou gramáticas a outras sen razoar sobre iso, se cadra é porque ninguén reparou nelas. Unha das últimas cousas que me chamou a atención é a etimoloxía que os dicionarios dan para hostia . Varias persoas tíñanme preguntado se hostia era con hache, se era diferente hostia 'oblea' de hostia 'golpe', e incluso a palabra malsoante. Buscando nos dicionarios e en internet vin que hostia aparece nos dicionarios de galego e castelán como unha única palabra, unha soa entrada nos dicionarios con dous semas básicos: un relacionado coa linguaxe relixiosa, que remite á etimoloxía latina de hostia 'vítima ofrecida en sacrificio' e outro sema relacionado con golpe, impacto, agresión. A simple vista non teñen moito que ver estes dous semas, e incluso se podería pensar que debaixo desa palabra haxa dúas palabras con etimoloxías diferentes. A miñ...

BOUDAÑA

Dando un paseo polo monte vin unhas "correolas" cargadas de froito, unhas bagas encarnadas que eu coñecía como uvas de can , e cando lle preguntei á miña acompañante: "Esas son uvas de can, non? Respondeume: "Non, esa planta chámase boudaña ". Unha palabra nova que nunca na vida oíra, a pesar de que a miña informante é miña avoa, eu sempre coñecín esa planta por uvas de can , estou case seguro de que lle oín máis dunha vez a meu pai chamarlle uvas de can, e parece que non somos os únicos que a coñecemos por ese nome, no Dicionario de dicionarios e noutras páxinas en internet coma o Minatlas xeobotánico de Galicia aparece recollida así. A planta a que me estou a referir ten o nome científico de Tamus communis (non confundir coa Bryonia cretica dioica ). Coma en moitos outros casos hai confusión de nomes e de especies. No Dicionario de dicionarios asígnaselle o nome de boudaña tanto a unha especie coma a outra dependendo do dicionario e da zona. No Dicionario...

NÉBODA

A néboda ou nébeda ( Calamintha nepeta, Satureja nepeta, Clinopodium nepeta ) é unha planta herbácea da familia das Labiadas, vivaz, moi ramificada, con follas opostas, flores rosadas ou purpúreas reunidas en inflorescencias espiciformes e cheiro agradable e intenso. Utilízase como herba aromática na cociña tradicional en guisos e tamén para cocer as castañas, soa ou con fiúncho. Tamén se usa nas herbas de San Xoán e na medicina tradicional.

Retallos do Tártaro

Ás veces óese o comentario de que a cultura antiga e tradicional galega se está a perder, e pensas nos labores tradicionais e nos tempos de antes, e que é inevitable porque as cousas cambian e a vida de agora non é a mesma cá de antes. Pero realmente non se pensa en todo o que mudan as cousas, como se vai perdendo, sobre todo, o imaxinario popular, as crenzas, as certezas que tiñan sobre o seu mundo os nosos avós e como só nos quedan retallos dunha cultura inmaterial. Non es consciente ata que o ves cos teus propios ollos, xa di o refrán, aínda que pareza un pouco forzado: ninguén escarmente en cabeza allea. A min pasoume moitas veces porque me intereso por estas cousas que lle chaman "dos vellos". Cando lía cousas sobre as mouras e lle preguntaba ós meus pais ou a algún veciño dos máis vellos do lugar, sempre había alguén que dicía: "Ai si, tíñalle oído a miña avoa falar diso...", "Boh, iso son contos de vellos... que contaban antes...", "Iso son par...

"ACHAR DE MENOS"

As linguas teñen moitas expresións e frases feitas con significados que non podemos deducir pola suma do significado de cada un dos seu compoñentes, estas frases feitas incorpóranse á lingua como un todo indivisible ó que se asocia un sentido. Isto permite que moitas frases feitas, dende un punto de vista histórico, se formen sen un sentido lóxico se partimos dos seus constituíntes, xa que funcionan como un todo que non se pode separar. Na frase do castelán " echar de menos " non podemos adiviñar o significado partindo dos seus compoñentes inmediatos e mesmo partindo do polisémico "echar" parece difícil reconciliar este verbo co significado global da expresión. É por isto que moitos etimoloxistas e entendidos no tema din que esta frase feita do castelán é un calco de " achar de menos " ou " achar en falta " do galego-portugués medieval, que parece que ten máis sentido, sobre todo, se temos en conta expresións do galego moderno como "(a)topar...

HERBAS DE SAN XOÁN

Na véspera de san Xoán, antes de que se meta o sol, hai que apaña-las herbas, que varían dependendo da zona. Na actualidade recóllense as herbas que máis arrecenden, o principal obxectivo é que a auga cheire ben cando se lave a cara no outro día á mañá, mesmo así, inda hai xente que as apaña todas seguindo o ritual antigo. Esta plantas non teñen porque ter un arrecendo demasiado forte, apañábanse porque son medicinais e usábanse despois secas en remedios. O ritual di que a auga onde se boten as herbas de san Xoán ten que ser de sete fontes diferentes. Follas de cana de sete canavais diferentes. Follas e flores de limoeiro e de laranxeiro. Follas de figueira branca. Follas de viña branca. Pétalos de rosa. Silva macho, rosa brava ( Rosa canina ) Follas e flores de croque ou estralotes ( Digitalis purpurea ). Follas e flores de croque branco ou croquillo ( Verbascum ). Funcho, fiúncho, fiollo ( Foeniculum vulgare ) Tromentelo ou tromentelo do monte ( Thymus ) Macela ...

CHOPOS

Coa palabra chopo en galego coñécense varias especies de árbores do xénero Populus : o Populus nigra, o Populus alba , etc. que tamén teñen os nomes populares de lamigueiro e álamo . Pero neste artigo quero falar doutras plantas que reciben o nome de chopo. Unha delas é a Digitalis purpurea , esta planta ten moitísimos nomes dependendo das zonas: croque , estralote , estraloque , abeluria ,  seoane , savane , dedaleira , etc. O Padre Sarmiento xa recolle no século XVIII o nome de chopo negro. Digitalis purpurea Pero hai outras plantas da familia das Scrophulariaceae cun tipo de folla semellante ó croque negro ( Digitalis purpurea ) que reciben o mesmo nome, hai que ter en conta que esta situación varía dunhas zonas a outras e dunhas variedades do galego a outras. Na zona de Torroso (Mos) hai tres especies da familia das Scrophulariaceae relancionadas: os croques ou estralotes ( Digitalis purpurea ), o croque branco ou croquillo ( ...