Avançar para o conteúdo principal

HERBAS DE SAN XOÁN

Na véspera de san Xoán, antes de que se meta o sol, hai que apaña-las herbas, que varían dependendo da zona. Na actualidade recóllense as herbas que máis arrecenden, o principal obxectivo é que a auga cheire ben cando se lave a cara no outro día á mañá, mesmo así, inda hai xente que as apaña todas seguindo o ritual antigo. Esta plantas non teñen porque ter un arrecendo demasiado forte, apañábanse porque son medicinais e usábanse despois secas en remedios.
O ritual di que a auga onde se boten as herbas de san Xoán ten que ser de sete fontes diferentes.
  • Follas de cana de sete canavais diferentes.
  • Follas e flores de limoeiro e de laranxeiro.
  • Follas de figueira branca.
  • Follas de viña branca.
  • Pétalos de rosa.
  • Silva macho, rosa brava (Rosa canina)
  • Follas e flores de croque ou estralotes (Digitalis purpurea).
  • Follas e flores de croque branco ou croquillo (Verbascum).
  • Funcho, fiúncho, fiollo (Foeniculum vulgare)
  • Tromentelo ou tromentelo do monte (Thymus)
  • Macela (Matricaria recutita).
  • Herba da Nosa Señora, herba madroa (Tanacetum parthenium)
  • Menta
  • Hortelán 'hortelá'  (Mentha sativa)
  • Mentrastos ou mentrastes (Mentha rotundifolia)
  • Poexos (Mentha pulegium)
  • Néboda (Satureja nepeta)
  • Ruda
  • Fenta en crus 'dentabrún' (Osmunda regalis)
  • Carrascos mansos  (Daboecia cantabrica)
  • Carrascos bravos  'uz' (Erica australis..., Calluna vulgaris)
  • Ouroghes 'ouregos' (Origanum vulgare)
  • Herba luísa (Aloysia triphylla)
  • Orxabán ou verxebán  (Verbena officinalis)
  • Orxabán bravo  (Echium plantagineum)
  • Romeu (Rosmarinus officinalis)
  • Sarxa (Salvia officinalis)
  • Lengua de ouvella 'lingua de ovella' (Plantago lanceolata)
  • Té bravo ou herba do té (Bidens aurea)
  • Boca de sapo
  • Uña de gato
No outro día á mañá lávase a cara coa auga que estivo toda a noite ó orballo, despois póñense a seca-las herbas e gárdanse para remedios. Pódense utilizar fervidas en auga para lavar feridas ou picaduras de bechos, para afumarse etc.
Para remedios tamén se utiliza a borralla da fogueira de san Xoán. No outro día á mañá recóllese a borralla, penéirase e gárdase nun bote para utilizar ó longo do ano. As persoas que a usan din que é boa para a tose dos animais. Pódeselle dar coa comida ou facer remedios con outros ingredientes.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

O TEMPO

En galego para falar do tempo, tanto o cronolóxico coma o atmosférico, hai unha serie de expresións propias e diferentes dos idiomas veciños. Para falar do tempo cronolóxico empréganse tres verbos: HABER, FACER e IR, que moita xente confunde, supoño que por interferencia do castelán. O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado, sen unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana , hai un mes , enténdese que dende o momento en que falamos para atrás hai unha semana ou un mes, pero non se marca con precisión o comezo exacto. O verbo FACER utilízase acompañado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para indica-lo momento exacto a partir do cal contamo-lo tempo que queremos expresar: hoxe fai dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou , onde se expresa unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase para os aniversarios, en galego os anos fanse non se