Avançar para o conteúdo principal

BOUDAÑA

Dando un paseo polo monte vin unhas "correolas" cargadas de froito, unhas bagas encarnadas que eu coñecía como uvas de can, e cando lle preguntei á miña acompañante: "Esas son uvas de can, non? Respondeume: "Non, esa planta chámase boudaña". Unha palabra nova que nunca na vida oíra, a pesar de que a miña informante é miña avoa, eu sempre coñecín esa planta por uvas de can, estou case seguro de que lle oín máis dunha vez a meu pai chamarlle uvas de can, e parece que non somos os únicos que a coñecemos por ese nome, no Dicionario de dicionarios e noutras páxinas en internet coma o Minatlas xeobotánico de Galicia aparece recollida así.
A planta a que me estou a referir ten o nome científico de Tamus communis (non confundir coa Bryonia cretica dioica). Coma en moitos outros casos hai confusión de nomes e de especies. No Dicionario de dicionarios asígnaselle o nome de boudaña tanto a unha especie coma a outra dependendo do dicionario e da zona. No Dicionario da RAG aparece a Bryonia cretica como saltasebes.



E como non podía ser doutra maneira a sabedoría de miña avoa non quedaba aí, senón que coñecía para que é boa e como se fai o remedio.
Explicoume que a pesar de ser velenosa (que a ninguén se lle ocorra comela) que é moi boa para as dores de moas. Cando temos unha moa ou un dente inchado hai que coller as bagas da boudaña (pódense conservar secas nun papel) e rustilas en aceite. Con ese rustido empápase un pano (branco) e ponse coma un emplasto na cara. Seica baixa a inflamación e pasa a dor. Haberá que seguir investigando para saber que principios ten esta planta!

Comentários

  1. Prodígate más, que cada una de tus entradas es una joya!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas por lerme e máis polo cumprimento. Intarei ser máis produtivo logo, pero non se pode estar a todo.
      Un saúdo, e grazas outra vez!

      Eliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

VOCABULARIO

Se sabedes algunha palabra "rara" ou que consideredes pouco habitual, restrinxida a algunha zona concreta, etc. podedes engadila neste apartado, aprendédenos palabras!!!!