Avançar para o conteúdo principal

NÉBODA



A néboda ou nébeda (Calamintha nepeta, Satureja nepeta, Clinopodium nepeta) é unha planta herbácea da familia das Labiadas, vivaz, moi ramificada, con follas opostas, flores rosadas ou purpúreas reunidas en inflorescencias espiciformes e cheiro agradable e intenso.


Utilízase como herba aromática na cociña tradicional en guisos e tamén para cocer as castañas, soa ou con fiúncho.

Tamén se usa nas herbas de San Xoán e na medicina tradicional.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

VOCABULARIO

Se sabedes algunha palabra "rara" ou que consideredes pouco habitual, restrinxida a algunha zona concreta, etc. podedes engadila neste apartado, aprendédenos palabras!!!!