Algaruxo s.m. Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto. Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres . L esar v.t. C
ESCOFELLAR: revolverense as galiñas na terra. Rañarse ou cofarse continuamente.
ResponderEliminar-Con este calor as ghaliñas están todo o día a escofellarse na terra.
-Deixa de escofellarte que pareces un piolloso!!
Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)
ENCUNICAR ou enconicar: te-la roupa toda apertada e engurrichada nun lugar.
ResponderEliminar-Te-la roupa toda encunicada na maleta e imos ver quen a plancha!!
-Se había de te-lo armario ordenado e a roupa dobrada, non, tena aí toda encunicada!!
Torroso, Arcade, Tui
Lamber: lambericar
ResponderEliminarLavar: lavaricar.
Piar: piouchar.
Pidir: pidichar (pidichón, pingón).
Correr: corricar.
Mandar: mandaricar.
Ghobernar: ghobernichar.
Cantar: cantaruxar, cantaricar, cantarolar.
Comer: comichar, comiscar.
Saltar: saltaricar.
Escavar: escavichar, escaravellar (ghravellar).
Pelar: espelicar
Escribir: escribiñar
Enghurrar: enghurrichar (enghurrichado), enghurripar (enghurripado).
Petar: petiscar.
Chorar: choringar, choromicar (choromicas). En portugués é choramingar.
Cuspir: cuspiñar.
Chover: chuviscar, chuviñar.
Apertar: aperricar.
Revirar: revirichar.
Beber: bebericar, bebichar, bebiscar.
Escorrer: escurrichar, escurripar; (ghurricho, ghurrucho).
Comer: comichar (comichón).
Cofar > escofar: escofellar.
Fozar: fuchicar; forfellar? focorellar?
Escachar: escachifar
Esmaghar: esmaghallar
Torrar > esturrar: esturruxar
Bourar, boirar: esbourar, esboirar
Bracear: esbracexar.
Branquear: esbrancuxado, abrancuxar, abrancuxado
Falar: falaricar, falotear
Recachar: arriquichar
Arrichar: arriquichar
Morrer: morringar
Amorroar: amorriñar
Fregar: fregotear
Bater: batuxar
Aforrar: aforrichar (aforrichas, forrichas)
Ferver: fervellar
Pintar: pintorrear.
Esfurricar
Ulir: uliscar.
APERRICAR: moi apertado.
ResponderEliminar-Anda coa roupa toda aperricada ó corpo que non sei como se move.
Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)
MORRINGAR: estado de somnolencia en que se move a cabeza para os lados involuntariamente; caír co sono, monear, toquenear, moquear, cotelear.
ResponderEliminar-Vai para a cama dunha vez, levas unha hora a morringar contra a parede!
Torroso (Mos), Soutomaior (Arcade)
Na miña casa temos dous sinónimos de "morringar": "toupenear ou toupenexar"; e "moquear".
ResponderEliminarSupoño que non serán só propias de Barro ou do Salnés.
ESCACHIFAR de escachar.
ResponderEliminarNos dicionarios aparece ESCACHIZAR.
Tremelicar de tremer.
ResponderEliminarEscagharruar de caghar