O escarpón (de escorpión) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire.
O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa.
Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro, que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo, rela e tamén grilo ceboleiro.
O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa.
Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro, que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo, rela e tamén grilo ceboleiro.
No Morrazo, desde pequeno escoitei esa palabra, pero sempre aplicada a unha persoa pouco sociable, que lle escapa á xente. Invariable en masculino e feminino.
ResponderEliminarEx.: Esa muller mira que é escarpón; non fala con ninguén. Teu irmán está feito un escarpón.
Aplicado, no Morrazo, ao peixe chamado escarpón, un deles, porque en Galicia hai 3 diferentes. Tamén se chaman lagartos nalgunhas zonas.
ResponderEliminarEste vive nos fondos blandos de area ou grava. Son moi desconfiados, e corren a enterrarse ante ó mínimo perigo. Os machos adultos teñen tonalidades azuis e unhas aletas tamén con bandas desa cor. As fémias e os xóvenes son menos chamativos, con tons marróns con manchas brancas, e as veces levan como 4 ou 5 sillas de montar no dorso. O fuciño e moi pronunciado.
No Morrazo aplícase ao peixe chamado escarpón, un deles, porque en Galiza hai 3 diferentes. Tamén se chaman lagartos nalgunhas zonas.
ResponderEliminarEste vive nos fondos blandos de area ou grava. Son moi desconfiados, e corren a enterrarse ante o mínimo perigo. Os machos adultos teñen tonalidades azuis e unhas aletas tamén con bandas desa cor. As fémias e os xóvenes son menos chamativos, con tons marróns con manchas brancas, e as veces levan como 4 ou 5 sillas de montar no dorso. O fuciño e moi pronunciado.
Moi bo blog.Mira a ver se o "raro" é en realidade Caprimulgus,e non Strix.Dígoo porque no Morrazo "ralo" é Caprimulgus e na Peneda-Gerês tamén "raro".Grazas
ResponderEliminar