Avançar para o conteúdo principal

VERBOS ITERATIVOS

Os verbos iterativos son aqueles que expresan unha acción que se repite.

Comentários

  1. ESCOFELLAR: revolverense as galiñas na terra. Rañarse ou cofarse continuamente.

    -Con este calor as ghaliñas están todo o día a escofellarse na terra.
    -Deixa de escofellarte que pareces un piolloso!!

    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  2. ENCUNICAR ou enconicar: te-la roupa toda apertada e engurrichada nun lugar.
    -Te-la roupa toda encunicada na maleta e imos ver quen a plancha!!
    -Se había de te-lo armario ordenado e a roupa dobrada, non, tena aí toda encunicada!!

    Torroso, Arcade, Tui

    ResponderEliminar
  3. Lamber: lambericar
    Lavar: lavaricar.
    Piar: piouchar.
    Pidir: pidichar (pidichón, pingón).
    Correr: corricar.
    Mandar: mandaricar.
    Ghobernar: ghobernichar.
    Cantar: cantaruxar, cantaricar, cantarolar.
    Comer: comichar, comiscar.
    Saltar: saltaricar.
    Escavar: escavichar, escaravellar (ghravellar).
    Pelar: espelicar
    Escribir: escribiñar
    Enghurrar: enghurrichar (enghurrichado), enghurripar (enghurripado).
    Petar: petiscar.
    Chorar: choringar, choromicar (choromicas). En portugués é choramingar.
    Cuspir: cuspiñar.
    Chover: chuviscar, chuviñar.
    Apertar: aperricar.
    Revirar: revirichar.
    Beber: bebericar, bebichar, bebiscar.
    Escorrer: escurrichar, escurripar; (ghurricho, ghurrucho).
    Comer: comichar (comichón).
    Cofar > escofar: escofellar.
    Fozar: fuchicar; forfellar? focorellar?
    Escachar: escachifar
    Esmaghar: esmaghallar
    Torrar > esturrar: esturruxar
    Bourar, boirar: esbourar, esboirar
    Bracear: esbracexar.
    Branquear: esbrancuxado, abrancuxar, abrancuxado
    Falar: falaricar, falotear
    Recachar: arriquichar
    Arrichar: arriquichar
    Morrer: morringar
    Amorroar: amorriñar
    Fregar: fregotear
    Bater: batuxar
    Aforrar: aforrichar (aforrichas, forrichas)
    Ferver: fervellar
    Pintar: pintorrear.
    Esfurricar
    Ulir: uliscar.

    ResponderEliminar
  4. APERRICAR: moi apertado.
    -Anda coa roupa toda aperricada ó corpo que non sei como se move.

    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  5. MORRINGAR: estado de somnolencia en que se move a cabeza para os lados involuntariamente; caír co sono, monear, toquenear, moquear, cotelear.

    -Vai para a cama dunha vez, levas unha hora a morringar contra a parede!

    Torroso (Mos), Soutomaior (Arcade)

    ResponderEliminar
  6. Na miña casa temos dous sinónimos de "morringar": "toupenear ou toupenexar"; e "moquear".
    Supoño que non serán só propias de Barro ou do Salnés.

    ResponderEliminar
  7. ESCACHIFAR de escachar.

    Nos dicionarios aparece ESCACHIZAR.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

EXPRESIÓNS E PALABRAS DA TERRA CHÁ

Algaruxo s.m.  Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo  subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto.   Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres .   L esar v.t. C