Avançar para o conteúdo principal

DITOS, REFRÁNS E FRASE FEITAS

Hai moitas frases feitas, ditos e refráns que están sendo substituídos por castelanismos por falta de difusión, porque nas televisións se oen máis e máis tempo en castelán, saquemos os nosos á luz!!!

Comentários

  1. Arriba o soño!!!

    A ver unha fracesiña de reghalo que xa ma terás oído máis dunha vez: "Ser máis lento cá renfe".
    Díselle a alghén (ou de alghén) que é moi pousado, que non ten axilidade ningunha para facer as cousas nin para moverse.
    Non che sei se se di en máis lughares, ou tan sequera se o di outra xente; porque, a verdade é que só o oín na miña casa.
    Por suposto: Vilariño (Poio).
    Moita sorte nesta nova angueira.
    Bicos da túa amigha.

    ResponderEliminar
  2. Ai, que me acordei doutra: "Estar (frío) coma a do can". Dise dunha comida que é para comer quente e arrefriou.
    Da miña casa, Vilariño (Poio).

    ResponderEliminar
  3. Pola miña zona, Torroso (Mos) dise: manca-la pata ou manga-la pata cando un está sen facer nada, folgado.

    ResponderEliminar
  4. Cando falamos utilizamos unha chea de comparacións para darlle expresividade ás nosas palabras:
    -San coma un buxo.
    -Feo coma un croio.
    -Feo coma un can.
    -Fraco coma un can.
    -Inchado coma un sapo.
    -Cheo coma un ovo: naquela casa non faltaba de nada, estaba chea coma un ovo.
    -Negro coma un pote.
    -Serio coma unha pataca.
    -Encorreado coma unha pataca.
    -Grande coma un día sen pan.
    -Seco coma unha acha.
    -Ter cara de ferreiro.

    ResponderEliminar
  5. UNHA VELLA E MAIS UN VELLO
    FIXERON UNHA EMPANADA
    A VELLA COMEUNA TODA
    E O VELLO QUEDOU SEN NADA

    ResponderEliminar
  6. A CONA QUE TE BOTOU
    SE BOTARA UNHA PESCADA
    COMIÁMOLA ENTRE TODOS
    E NON NOS CHEGABA A NADA

    ResponderEliminar
  7. Cereixiña (xoaniña) voa voa
    teu pai vai en Lisboa
    túa nai na herba seca
    e non hai quen che dea a teta

    Reirrei
    cantos anos durarei
    vinte e cinco
    non o sei
    un, dous, tres...

    ResponderEliminar
  8. Ábreme a porta do muíño
    que che quero dar castañas
    eu a porta non cha abro
    que eu ben sei as túas mañas

    ResponderEliminar
  9. Eu fun ó muíño con Paula
    eu fun ó muíño con ela
    ela durmiu nos meus brazos
    eu durmín nos brazos dela

    ResponderEliminar
  10. O QUE A LONXE VAI CASAR, OU TEN TACHA OU VAINA BUSCAR.
    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior).

    ResponderEliminar
  11. Miña nai por me casar
    prometeume bois e vacas
    aghora qu'estou casada
    nin unha cunca de papas

    ResponderEliminar
  12. A ver, aí vai unha palabriña que xa hai ben tempo que cha ía mandar e non a dei mandado.

    ENROLLAR (probablemente castelá, pero cun significado curioso)
    Dixo o outro día meu pai: "Os cacahuetes enrollan".
    Con isto quixo dicir que prexudican a evacuación das feces, que non deixan "ir ben por fóra", bah.
    É palabra común en Vilariño (Poio).

    ResponderEliminar
  13. Ola, Xosé Lois. Un pracer, ben sabes....
    ARDEN OS CANGOS, ARRIMARSE A ELES: Escoiteilla á miña mai, como non!, referíndose a que cando alguén gasta moito, aínda que non teña, hai que se aproveitar da situación. Lugo.
    NESTE NIÑO XA NON ESTÁN OS PAXAROS DO ANO PASADO: Escoiteilla a unha amiga da Fonsagrada, referíndose a un rapaz co que estivera e que a deixara. Co paso do tempo, el intentou volver con ela, pero ela xa non tiña os mesmo sentimentos.
    OS NENOS E OS CANS, SEGUNDO OS AFÁS.
    A BESTA VELLA, VAI AOS TOXOS. do meu pai, Lugo.

    E por hoxe chega, que non pode ser todo xunto..... Bicos, e parabéns
    Ana de Lugo

    ResponderEliminar
  14. FOI UNHA E LEVOUNA O GHATO
    O MEU CAN PILLOU UNHA MOSCA

    ResponderEliminar
  15. XA ERA MILLOR BOTARSE Ó PORCO

    ERA MILLOR IR Á CORTE E MATALAS TODAS

    ResponderEliminar
  16. NON SE-LA CHAVE DAS NOCES

    -Non sei para que queres iso, tampouco é que seña a chave das noces!

    A Mariña (Lugo)

    ResponderEliminar
  17. Cando abril rechaca
    inda a vella queima a acha

    ResponderEliminar
  18. O home é o lume,
    a muller estopa,
    vén o demo e sopra

    ResponderEliminar
  19. Rabo de boi
    rabo de besta
    dixo meu pai
    que era esta

    ResponderEliminar
  20. Rabo de boi
    rabo de besta
    díxome Deus
    que era esta

    ResponderEliminar
  21. Febreiro mouco
    solo dura vinte e oito
    se chega a durar máis catro
    non queda nin can nin ghato

    ResponderEliminar
  22. Febreiro mouco
    solo dura vinte e oito
    se chega a durar máis
    non quedan nin ghatos nin cans

    ResponderEliminar
  23. Vaite febreiro
    cos teus vinte e oito
    que se duras máis catro
    non queda nin can nin ghato

    ResponderEliminar
  24. Febreiro mouco
    vaite cos teus vinte e oito
    que se duras máis catro
    non queda nin can nin ghato

    ResponderEliminar
  25. Remenda o teu pano
    que che durará un ano
    vólveo remendar
    qu'aínda che volve durar

    ResponderEliminar
  26. A CHUVIA NO MES DE SAN XOÁN, TOLLE O VIÑO E NON DÁ PAN

    ResponderEliminar
  27. NO SAN XOÁN, INDA A VELLA DI POR ONDE VÉN O VRAN

    ResponderEliminar
  28. No mes d'abril
    foxe o porco pró cubil

    Así e todo
    a rola a rolare
    o cuco a cucare
    colle o cestiño
    e vai sementare

    Pero así e todo
    a vella meteuse dobaixo da xesteira
    e pasoulle o tempo da sementeira

    Así e todo
    canta cuco, canta cuco
    na rabixa do arado
    as mozas que aghora hai
    quéroncho mui avivado

    ResponderEliminar
  29. NON SIRVAS A QUEN SERVIU, NIN PIDAS A QUEN PEDIU

    ResponderEliminar
  30. NON SIRVAS A QUEN SIRVEU, NIN PIDAS A QUEN PIDEU

    ResponderEliminar
  31. O DÍA QUE CASACHES TI, CASEI EU, PAU TI, PAU EU

    ResponderEliminar
  32. NACE O CORVO NA PENA E SEMPRE QUE PODE VOLVE A ELA

    ResponderEliminar
  33. LÚA NOVA TRONADA, TRINTA DÍAS MOLLADA

    ResponderEliminar
  34. LÚA NOVA DE TRONADA, TRINTA DÍAS É MOLLADA

    ResponderEliminar
  35. Vinde rapaces,
    mulleres e todos
    vinde ve-lo dote
    que me deu meu sogro
    unha cabra cega,
    un cabirto coxo
    unha manta rota
    cun remendo roxo

    ResponderEliminar
  36. O DÍA DAS CANDELAS (Candeloria)
    Se chove e venta
    inverno entra
    se chove e encora
    inverno fóra
    que ría que deixe de rir
    a metá do inverno está por vir

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cando a Candeloria chora
      medio inverno vai fóra,
      e que chore ou que deixe de chorar
      a metade o inverno está por pasar

      Eliminar
  37. EL SECRETO DE TU PECHO
    NO SE LO CUENTES A TUS AMIGOS
    QUE LAS AMISTADES SE ACABAN
    Y TE SIRVEN DE TESTIGOS

    ResponderEliminar
  38. Adicionais da Mariña:
    "En Maio, aínda a vella quenta o tallo" (=sentada ao pé da lareira, en maio aínda vai frío).
    "Cando de nordés chove, ata as pedras move".

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

VOCABULARIO

Se sabedes algunha palabra "rara" ou que consideredes pouco habitual, restrinxida a algunha zona concreta, etc. podedes engadila neste apartado, aprendédenos palabras!!!!

OS DÍAS DA SEMANA

Xa que me afeccionei ao TMILG e ao Corpus Xelmírez gustaríame compartir algunhas conclusións ás que cheguei. Sempre hai temas polémicos con isto da normalización lingüística do galego, e a denominación dos días da semana é un dos temas controvertidos. Aínda que os nomes baseados no sistema de feiras están admitidos é son normativos o seu uso na lingua oficial é escaso por non dicir nulo, dáselle prevalencia ao sistema baseado nas formas latinas.
A polémica radica en que por unha parte as correntes reintegracionistas próximas ao portugués defenden que a única forma galega é a baseada no sistema de feiras igual có portugués e que a baseada no sistema latino é un calco do castelán. A versión "oficialista", digamos, aposta polas denominacións pagás porque son as máis utilizadas, aínda que admiten a masiva castelanización do sistema, sobre todo miércoles, jueves e viernes. Do sistema de feiras aducen que só se recordan algunhas formas como corta/cuartafeira e quintafeira, máis ca …