Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

ISTO É GALEGO VIVO!!

É unha marabilla oír falar a xente así de ben, con esa expresividade e esa riqueza lingüística, nese galego tan bonito, neste caso o contraste aínda o fai máis evidente. Cando vin este vídeo á parte de encantarme o ben que falan estes veciños de Morás (Arteixo), tamén me chamaron a atención unhas palabras que nunca oíra, e se fixen este post é precisamente por iso, para chamar a atención sobre elas. Só transcribo o que fala unha veciña, a da viseira, porque é a que di as palabras que me interesa comentar. «Eu x'ò vin cos pantalóns todos embaixo de todo... qu'el asta... coidadiño trae uns calzoncillos lindísimos... pero 'taba coma cando su madro lo parió , per'eu como había así aghamarzò  e monte ó lado e había árbores, pillei un pòlôn , así dunha póla, e púxena no carretillo, qu'eu se vén ó alto del e me bota a man, eu doulle onde lle caíran...» «E vas sola e se cadra bótache a man... e... non digho nada...» «El moi ma... moi moi maior non se fai,...

HERBA DOS CARPINTEIROS (Achillea millefolium)

A herba dos carpinteiros ou herba dos tacos ( Achillea millefolium ) tamén recibe os nomes de milfollas e aquilea . Segundo a tradición popular axuda a cicatrizar as feridas, por iso se di que é a herba dos carpinteiros, e por iso mesmo tamén recibe os nomes de herba das cortadelas, herba dos golpes ( DdD ). É unha planta propia de Asia e do sur de Europa que medra en terreos de poulo, nas beiras dos camiños e regueiros; dáse, sobre todo, en lugares húmidos. O uso desta planta na mediciona tradicional remóntase á antigüidade. Os gregos xa eran sabedores das súas propiedades antiinflamatorias, cicatrizantes e vulnerarias. Utilízanse as súas follas, talos e flores en emplastos ou consómese en infusión como tónico dixestivo e para as regras dolorosas, demasiado abundantes ou irregulares. Utilízase nas herbas de San Xoán, que despois de secas serven para afumarse.

FENTA EN CRUS (Osmunda regalis)

A fenta en crus ( Osmunda regalis ) tamén coñecida como dentabrún (dicionario da RAG), fieito real, fento real, dente de agrón, dentagrón, dentragón, dentabrú, dent abruño, dentabrón, dentabú, dentada, dentequil, dentesil,   lentexil ... é unha especie de fento nativo de Europa, Asia, África e América que medra en zonas húmidas, sobre todo ó pé de correntes de auga. É o maior fento de Galicia. Na cultura tradicional galega consid érase unha planta medicinal q ue se utiliza en infusións para os c ólicos. Di o refrán que o dentragón e a xenciana tódolos males sana n, non sendo a morte, porque é moi forte . ( Dentes e moas na fraseoloxía galega . Xes ús Ferro Ruibal, Centro R amón Piñeiro). Utilízase nas her bas de San Xoán.   En varias páxinas de Internet podemos encontrar outros usos e propiedades da Osmunda regalis , da folla e da raíz. Ten propiedades diuréticas, purgantes, depurativas, antihemorráxicas, tónicas...

HERBA DO TÉ, TÉ BRAVO (Bidens aurea)

A herba do té ou té bravo é unha planta herbácea da familia das Asteraceae procedente de América Central e o sur de América do Norte. Ten propiedades medicinais.

EXPRESIÓNS E PALABRAS DA TERRA CHÁ

Algaruxo s.m.  Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo  subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto.   Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres . ...

O 'CONGO' COMPOSTELÁN

Xa hai tempo que levo oíndo que o barrio de Conxo de Santiago en realidade se debería chamar Congo (coma o africano ), que é un destes casos de reintrerpretación da gheada e que de Congo pasou a Congho e de Congho se reintrerpretou ou regaleguizou como Conxo. Xa é case coma unha lenda urbana. A orixe que se lle dá a este topónimo para f acelo chegar a Congo é CANONICUM que en galego deu cóengo e coongo. Pero xa nos textos antigos en latín que fan referencia a este lugar a forma que ten o topónimo é CANOGIUM e CANOGIO, que como é esperable dá Coonjo ou Conjo /konʒo/ e este evolúe a Conxo / kon ʃo/. Se partimos dun Conjo (/konxo/) con pronuncia castelá, isto é, que o iota  se pronuncie como unha fricativa velar xorda /x/, ata parece razoable e todo. Pero non é de aí de onde partimos, esa si que é a pronuncia expuria, partimos de  Coonjo /konʒo/, dunha fricativa prepalatal sonora. E sobre isto non hai dúbida ningunha se vemos os textos antigos, os exemplos que aparece...

OS DÍAS DA SEMANA

Xa que me afeccionei ao TMILG e ao Corpus Xelmírez gustaríame compartir algunhas conclusións ás que cheguei. Sempre hai temas polémicos con isto da normalización lingüística do galego, e a denominación dos días da semana é un dos temas controvertidos. Aínda que os nomes baseados no sistema de feiras están admitidos é son normativos o seu uso na lingua oficial é escaso por non dicir nulo, dáselle prevalencia ao sistema baseado nas formas latinas. A polémica radica en que por unha parte as correntes reintegracionistas próximas ao portugués defenden que a única forma galega é a baseada no sistema de feiras igual có portugués e que a baseada no sistema latino é un calco do castelán. A versión "oficialista", digamos, aposta polas denominacións pagás porque son as máis utilizadas, aínda que admiten a masiva castelanización do sistema, sobre todo miércoles , jueves e viernes . Do sistema de feiras aducen que só se recordan algunhas formas como corta/cuarta feira e quinta feira ...