Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

HERBA DOS CARPINTEIROS (Achillea millefolium)

A herba dos carpinteiros ou herba dos tacos ( Achillea millefolium ) tamén recibe os nomes de milfollas e aquilea . Segundo a tradición popular axuda a cicatrizar as feridas, por iso se di que é a herba dos carpinteiros, e por iso mesmo tamén recibe os nomes de herba das cortadelas, herba dos golpes ( DdD ). É unha planta propia de Asia e do sur de Europa que medra en terreos de poulo, nas beiras dos camiños e regueiros; dáse, sobre todo, en lugares húmidos. O uso desta planta na mediciona tradicional remóntase á antigüidade. Os gregos xa eran sabedores das súas propiedades antiinflamatorias, cicatrizantes e vulnerarias. Utilízanse as súas follas, talos e flores en emplastos ou consómese en infusión como tónico dixestivo e para as regras dolorosas, demasiado abundantes ou irregulares. Utilízase nas herbas de San Xoán, que despois de secas serven para afumarse.

FENTA EN CRUS (Osmunda regalis)

A fenta en crus ( Osmunda regalis ) tamén coñecida como dentabrún (dicionario da RAG), fieito real, fento real, dente de agrón, dentagrón, dentragón, dentabrú, dent abruño, dentabrón, dentabú, dentada, dentequil, dentesil,   lentexil ... é unha especie de fento nativo de Europa, Asia, África e América que medra en zonas húmidas, sobre todo ó pé de correntes de auga. É o maior fento de Galicia. Na cultura tradicional galega consid érase unha planta medicinal q ue se utiliza en infusións para os c ólicos. Di o refrán que o dentragón e a xenciana tódolos males sana n, non sendo a morte, porque é moi forte . ( Dentes e moas na fraseoloxía galega . Xes ús Ferro Ruibal, Centro R amón Piñeiro). Utilízase nas her bas de San Xoán.   En varias páxinas de Internet podemos encontrar outros usos e propiedades da Osmunda regalis , da folla e da raíz. Ten propiedades diuréticas, purgantes, depurativas, antihemorráxicas, tónicas...

HERBA DO TÉ, TÉ BRAVO (Bidens aurea)

A herba do té ou té bravo é unha planta herbácea da familia das Asteraceae procedente de América Central e o sur de América do Norte. Ten propiedades medicinais.

EXPRESIÓNS E PALABRAS DA TERRA CHÁ

Algaruxo s.m.  Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro. Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas. Arrincachantas subs . Parvo Baño s.m. Maseiro grande. Calquizo s.m. Musgo Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma. Cancelo s.m. ( Anguis fragilis ) Aliscrán, liscrán, esc áncer. Catramulo  subs . Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar. Cochorizo adx . O sco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente. Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos. Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas. Estoupapoceiras subs . Parvo. Gazpeto s.m . Cañoto que queda no c han e sobresae uns centímetros despois de cortar u nha árbore nova ou un arb usto.   Infre adx . Aplícase á terr a que non é boa para o cultivo por ser pobre en nut rientes, estar sempre asolagada, et c... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres . ...

O 'CONGO' COMPOSTELÁN

Xa hai tempo que levo oíndo que o barrio de Conxo de Santiago en realidade se debería chamar Congo (coma o africano ), que é un destes casos de reintrerpretación da gheada e que de Congo pasou a Congho e de Congho se reintrerpretou ou regaleguizou como Conxo. Xa é case coma unha lenda urbana. A orixe que se lle dá a este topónimo para f acelo chegar a Congo é CANONICUM que en galego deu cóengo e coongo. Pero xa nos textos antigos en latín que fan referencia a este lugar a forma que ten o topónimo é CANOGIUM e CANOGIO, que como é esperable dá Coonjo ou Conjo /konʒo/ e este evolúe a Conxo / kon ʃo/. Se partimos dun Conjo (/konxo/) con pronuncia castelá, isto é, que o iota  se pronuncie como unha fricativa velar xorda /x/, ata parece razoable e todo. Pero non é de aí de onde partimos, esa si que é a pronuncia expuria, partimos de  Coonjo /konʒo/, dunha fricativa prepalatal sonora. E sobre isto non hai dúbida ningunha se vemos os textos antigos, os exemplos que aparece...

OS DÍAS DA SEMANA

Xa que me afeccionei ao TMILG e ao Corpus Xelmírez gustaríame compartir algunhas conclusións ás que cheguei. Sempre hai temas polémicos con isto da normalización lingüística do galego, e a denominación dos días da semana é un dos temas controvertidos. Aínda que os nomes baseados no sistema de feiras están admitidos é son normativos o seu uso na lingua oficial é escaso por non dicir nulo, dáselle prevalencia ao sistema baseado nas formas latinas. A polémica radica en que por unha parte as correntes reintegracionistas próximas ao portugués defenden que a única forma galega é a baseada no sistema de feiras igual có portugués e que a baseada no sistema latino é un calco do castelán. A versión "oficialista", digamos, aposta polas denominacións pagás porque son as máis utilizadas, aínda que admiten a masiva castelanización do sistema, sobre todo miércoles , jueves e viernes . Do sistema de feiras aducen que só se recordan algunhas formas como corta/cuarta feira e quinta feira ...

LOIS OU LUÍS

A onomástica galega dá como sinónimos os nomes Lois e Luís, di que son variantes do mesmo nome tal como Roi e Rui ou que polo menos se consideran variantes, aínda que non é seguro, debido a que a orixe de Lois non está de todo clara, sobre todo pola distinta acentuación. Non hai unha explicación clara para xustificar estas dúas variantes. A orixe de Luís está clara, non é ningunha novidade que vén do francés Louis. O cambio de Louis a Luís é mínimo, só muda a grafía. Aínda que en francés moderno non se pronuncia o ese final, Louis dise /lwi/.  Como dicía, a orixe de Louis é coñecida, pódese encontrar en calquera libro ou dicionario de nomes ou en infinidade de páxinas de internet que falan deste tema. Así e todo ímola recordar. O nome francés Louis vén do nome xermánico Hlúthawig  (algunhas fontes afinan máis e din que vén do nome franco  Hlodowig ou Hlodwig ). Este nome está formado por dúas palabras ou formantes de nomes do xermánico antigo: "Hlod" que significa 'fa...