Algaruxo s.m. Partícula pequena de algo que se mete nos ollos ou cae nun líquido; lixo, argueiro.
Anasarse v.pr. Anicarse as galiñas.
Arrincachantas subs. Parvo
Baño s.m. Maseiro grande.
Calquizo s.m. Musgo
Cambeleira s.f. Buraco que se deixa na corte para que a vaca saque a cabeza e coma.
Cancelo s.m. (Anguis fragilis) Aliscrán, liscrán, escáncer.
Catramulo subs. Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar.
Cochorizo adx. Osco, desconfiado, que non lle gusta estar coa xente.

Copeto s.m. Maseiro pequeno para cans e gatos.
Escallar v. Escaravellar no chan as galiñas.
Estoupapoceiras subs. Parvo.
Gazpeto s.m. Cañoto que queda no chan e sobresae uns centímetros despois de cortar unha árbore nova ou un arbusto.
Infre adx. Aplícase á terra que non é boa para o cultivo por ser pobre en nutrientes, estar sempre asolagada, etc... Tamén se pode dicir de aldeas ou lugares que son pobres.
Lesar v.t. Causar lesión. Causar prexuízo. Ofender a reputación ou o interese de.
- Pobriña... lesouna. (referido a unha muller violada)
Ver o portugués lesar.
Pandar v. Cambar as táboas ou poñer o cu en pompa.
Sulimo s.m. Pau que xungue as vacas ao arado; soliño.
Tarabelo s.m. Trebello para espantar os paxaros dos cultivos; viraventos. Por extensión, muíños de vento.
Meter ó trillo (estrear, dar uso)
- Esas botas son novas? Hai que metelas ó trillo.
- Chégache mañá o coche? Hai que metelo ó trillo.
Hai que limpar cando fai vento
Soña o cocho co farelo (que máis quixeras)
O meu can chapou unha mosca (equivalente a o burro tocou a frauta)
Facer algo na arte do demo (moi rápido)
Ese fai os mistos (é capaz de calquera cousa)
Ser un chaqueta de la (fan del o que queren)
Ese fai as moscas (inventa o que non hai)
Ese ten a vara e mais a besta (teno todo)
Son o fol e a amarralla (son tal para cal)
Encima de mel, filloas
Desasnar o xenio (botalo fóra)
Máis me valera cagar e lambela (metín a pata)
Tanto traballar para morrer á mesma hora
Andar co sulimo de arrastro (deixar fillos por todas as partes)
A onde irás boi que non ares! (vaia a onde vaia sempre hai traballos)
Volverse ovella (facer parvadas)
O que non o costa non o vale (o barato sae caro)

Parabéns polo blog!!
ResponderEliminarXa había tempo que non ouvía o de "fíxoo na arte do demo". Ademais desta, moitas outras tamén se din pola miña zona (Viveiro), tal como "fol e amarralla", "por riba de mel, filloas", ou "limpar cando fai vento".
saúdos
Moitas grazas polo teu comentario e a túa contribución!
EliminarAodgiAdaeso Daryl Han click
ResponderEliminaregwhatheuta