Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

HERBAS DE SAN XOÁN

Na véspera de san Xoán, antes de que se meta o sol, hai que apaña-las herbas, que varían dependendo da zona. Na actualidade recóllense as herbas que máis arrecenden, o principal obxectivo é que a auga cheire ben cando se lave a cara no outro día á mañá, mesmo así, inda hai xente que as apaña todas seguindo o ritual antigo. Esta plantas non teñen porque ter un arrecendo demasiado forte, apañábanse porque son medicinais e usábanse despois secas en remedios. O ritual di que a auga onde se boten as herbas de san Xoán ten que ser de sete fontes diferentes. Follas de cana de sete canavais diferentes. Follas e flores de limoeiro e de laranxeiro. Follas de figueira branca. Follas de viña branca. Pétalos de rosa. Silva macho, rosa brava ( Rosa canina ) Follas e flores de croque ou estralotes ( Digitalis purpurea ). Follas e flores de croque branco ou croquillo ( Verbascum ). Funcho, fiúncho, fiollo ( Foeniculum vulgare ) Tromentelo ou tromentelo do monte ( Thymus ) Macela ...

CHOPOS

Coa palabra chopo en galego coñécense varias especies de árbores do xénero Populus : o Populus nigra, o Populus alba , etc. que tamén teñen os nomes populares de lamigueiro e álamo . Pero neste artigo quero falar doutras plantas que reciben o nome de chopo. Unha delas é a Digitalis purpurea , esta planta ten moitísimos nomes dependendo das zonas: croque , estralote , estraloque , abeluria ,  seoane , savane , dedaleira , etc. O Padre Sarmiento xa recolle no século XVIII o nome de chopo negro. Digitalis purpurea Pero hai outras plantas da familia das Scrophulariaceae cun tipo de folla semellante ó croque negro ( Digitalis purpurea ) que reciben o mesmo nome, hai que ter en conta que esta situación varía dunhas zonas a outras e dunhas variedades do galego a outras. Na zona de Torroso (Mos) hai tres especies da familia das Scrophulariaceae relancionadas: os croques ou estralotes ( Digitalis purpurea ), o croque branco ou croquillo ( ...

ANIMAIS TABÚ

     En tódalas culturas hai tabús de orixe antiquísima motivados por diferentes causas, pero en xeral son de carácter psicolóxico. Wundt pensa que o tabú obedece ó medo a un poder demoníaco supostamente escondido no tabú e que o contaxio se evita mediante cerimonias expiatorias. Aínda que a palabra tabú se aplica a direntes ámbitos do sagrado e do prohibido, a min interésame a vertente relacionada coa anterior afirmación de Wundt, a asociación de certos animais cun carácter demoníaco ou maldito.      En moitas culturas os animiais prexuciais para a comunidade e polo tanto temidos convértense en tabú e non só o animal, tamén o nome porque se pensaba que pronunciando o nome se invocaba o animal. Un dos casos máis citados é o do nome do oso nas linguas eslavas e xermanas, onde se substituíu o nome orixinal indoeuropeo *rks-  por un eufemismo, nas linguas xermanas cambiáronlle o nome por un eufemismo que facía re...

HERBA DA TOUCA

     A herba da touca ou touca ( Lamium purpureum, Lamium maculatum, etc. ) é unha herba silvestre que se utiliza tradicionalmente para curar doenzas relacionadas co aparello dixestivo dos animais, sobre todo, empachos. As persoas que a usan, ante a mesma doenza dixestiva, diferencian entre animais e persoas: ós animais dáselle herba da touca e ás persoas dáselle boca de sapo ou sarxa ( Salvia oficinalis ).

BELDRO

Beldro ( Portulaca oleracea ), tamén beldroega . A palabra beldro á parte de referirse a esta planta, considerada unha herba mala que se pode converter nunha praga nos cultivos difícil de erradicar, tamén se utiliza como insulto para referirse a unha persoa desprezable.

OS CURRUMIÑOS

Agora que estamos no tempo do Entroido lémbrome de como era cando era pequeno. Daquela en Torroso (Mos) o Entroido era moito máis caseiro, sempre nos disfrazabamos con roupa vella que había nas huchas e no fondo dos armarios dos nosos pais ou dos avós. Cando estabamos caracterizados erámo-los currumiños . Os currumiños disfrazábanse para ir polas casas pedindo unha pesetiña ou un oviño. Acórdome que iamos casa por casa entoando unha ladaíña repetitiva: -cuuurumiiiño, cuuuurumiiiiño unha pesetiña, un oviño . A maioría da xente dábanos algo e facíanos rabear un pouco, pero había unha veciña que nos facía bailar o currú currú , era unha canción que só tiña esa letra, currú currú , cun ritmo que case sempre nos marcaba ela, dicíanos que tiñamos que gaña-lo que nos dese, era moi divertido. Os disfraces máis típicos eran de vellos, os rapaces disfrazábanse de mulleres e as raparigas de homes, de fantasmas cunha saba vella pola cabeza, de traballadores cunha funda, etc. Ó final do día rep...

O TEMPO

En galego para falar do tempo, tanto o cronolóxico coma o atmosférico, hai unha serie de expresións propias e diferentes dos idiomas veciños. Para falar do tempo cronolóxico empréganse tres verbos: HABER, FACER e IR, que moita xente confunde, supoño que por interferencia do castelán. O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado, sen unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana , hai un mes , enténdese que dende o momento en que falamos para atrás hai unha semana ou un mes, pero non se marca con precisión o comezo exacto. O verbo FACER utilízase acompañado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para indica-lo momento exacto a partir do cal contamo-lo tempo que queremos expresar: hoxe fai dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou , onde se expresa unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase para os aniversarios, en galego os anos fanse non...