Avançar para o conteúdo principal

HERBA DA TOUCA











     A herba da touca ou touca (Lamium purpureum, Lamium maculatum, etc.) é unha herba silvestre que se utiliza tradicionalmente para curar doenzas relacionadas co aparello dixestivo dos animais, sobre todo, empachos. As persoas que a usan, ante a mesma doenza dixestiva, diferencian entre animais e persoas: ós animais dáselle herba da touca e ás persoas dáselle boca de sapo ou sarxa (Salvia oficinalis).

Comentários

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

VOCABULARIO

Se sabedes algunha palabra "rara" ou que consideredes pouco habitual, restrinxida a algunha zona concreta, etc. podedes engadila neste apartado, aprendédenos palabras!!!!