Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

UNHA CASA LÓGRIMA

  Ao recoller palabras de uso popular que non están rexistradas sempre xorden dúbidas de cal será a forma máis adecuada, de cal será a orixe, se hai outras formas da palabra xa recollidas e comeza un proceso de busca que non sempre dá froitos. Un deses casos é a palabra "lógrima" que lle escoitei varias veces a miña avoa. Nun primeiro momento chamoume a atención e preguntei que significaba, ao que me respondeu que era unha casa sen dividir, onde todo o espazo interior está nunha única peza: a cociña, o dormitorio... No uso espontáneo a forma que usou foi sempre "lóghrima/alóghrima", penso que sen excepción, pero ao pedir aclaracións sobre a forma da palabra xurdiron as vacilacións entre "lóghrima", "lóghrida" e "lóghria", con preferencia por "lógrida". Así e todo, no uso espontáneo sen a presión do observador a forma utilizada foi sempre "lóghrima", polo que esa ten que ser a forma da que parta para determinar a orix
Mensagens recentes

ALAMBRAR

A palabra alambrar , derivada de alambre (latín aerāminem ‘bronce’) é un castelanimso de uso común no galego oral. No sur de Pontevedra, Mos e arredores, estes dous castelanismos substituíron as formas galegas arame / aramio e aramar / aramear . Esta forma, alambrar , utilízase con dous significados moi diferentes: por unha parte, alambrar é pór arames á viña (alambrar unha viña), pero tamén se usa co significado de ‘fuxir’, ‘saír correndo’, ‘correr velozmente’. Nun principio, poderíase pensar que se a palabra alambrar é un castelanismo, os seus significados tamén o serían. Sen reflexionar moito sobre o asunto, foi o que sempre pensei, pero o segundo significado deste verbo non aparece recollido en ningún dicionario de castelán, polo menos nos dicionarios en liña que consultei. Nos dicionarios galegos,  alambrar aparece recollida como forma incorrecta, mandan a aramar, para o primeiro significado: ‘pór arames’. No Dicionario de dicionarios aparece alambrar co primeiro signif

AS GALIÑAS NEGRAS

Os animais negros A etnografía sempre foi unha das miñas grandes paixóns: as crenzas populares, a mitoloxía, os tabús, as supersticións... P aréceme interesantí s imo saber que hai detrás delas, a que responden, as orixes, se son compartidas con outros pobos, en fin, un mundo apaixonante . Pois ben, unha cousa que me intriga bastante é o simbolismo que teñen os animais negros na cultura popular galega. A pesar de que a cor negra se relaciona coa morte, co loito e co mal (co escuro e as tebras), non é infrecuente que os animais desa cor gocen dunha boa consideración na cultura popular . D ende pequeno sempre lle oía dicir aos vellos que ter un animal negro na casa era boa cousa. Podía ser un gato negro, un can negro, unha galiña negra, unha vaca negra etc. Tíñanse por unha especie de protector es da casa, que gardaban a casa de influxos externos nocivos. E dos animais negros, as galiñas tiñan unha especial consideración, posto que mesmo se podían utilizar nunha sorte de “ritu

ORXABÁN (Verbena officinalis)

O orxabán , nome común da planta Verbena officinalis no sur da provincia de Pontevedra (Mos, Vigo, Cangas... xa dicía o padre Sarmiento que era propia da provincia de Tui), é unha planta herbácea, perenne, da familia das Verbenáceas, que nace de forma espontánea en terreos ermos, nas beiras dos camiños, en comareiros e en terras de poulo. Ten un talo erecto, que pode chegar ao metro de altura, con follas opostas, oblongas ou lanceoladas, e as flores lilas ou azuladas que saen en espigas terminais. Utilízase na medicina popular en varios remedios, ben como nas herbas de San Xoán. Historicamente é considerada unha planta sagrada, tanto polas civilizacións clásicas, gregos e romanos, como polos celtas e outros pobos. O nome orxabán (Torroso, Mos) non aparece recollido no Dicionario da Real Academia Galega , pero si aparece nas entradas do Dicionario de dicionarios ao lado da forma verxebán , coas variantes gráficas orxaván , orjaban , vergeban . Estas dúas formas tamén figuran