Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

BELDRO

Beldro ( Portulaca oleracea ), tamén beldroega . A palabra beldro á parte de referirse a esta planta, considerada unha herba mala que se pode converter nunha praga nos cultivos difícil de erradicar, tamén se utiliza como insulto para referirse a unha persoa desprezable.

OS CURRUMIÑOS

Agora que estamos no tempo do Entroido lémbrome de como era cando era pequeno. Daquela en Torroso (Mos) o Entroido era moito máis caseiro, sempre nos disfrazabamos con roupa vella que había nas huchas e no fondo dos armarios dos nosos pais ou dos avós. Cando estabamos caracterizados erámo-los currumiños . Os currumiños disfrazábanse para ir polas casas pedindo unha pesetiña ou un oviño. Acórdome que iamos casa por casa entoando unha ladaíña repetitiva: -cuuurumiiiño, cuuuurumiiiiño unha pesetiña, un oviño . A maioría da xente dábanos algo e facíanos rabear un pouco, pero había unha veciña que nos facía bailar o currú currú , era unha canción que só tiña esa letra, currú currú , cun ritmo que case sempre nos marcaba ela, dicíanos que tiñamos que gaña-lo que nos dese, era moi divertido. Os disfraces máis típicos eran de vellos, os rapaces disfrazábanse de mulleres e as raparigas de homes, de fantasmas cunha saba vella pola cabeza, de traballadores cunha funda, etc. Ó final do día rep...

O TEMPO

En galego para falar do tempo, tanto o cronolóxico coma o atmosférico, hai unha serie de expresións propias e diferentes dos idiomas veciños. Para falar do tempo cronolóxico empréganse tres verbos: HABER, FACER e IR, que moita xente confunde, supoño que por interferencia do castelán. O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado, sen unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana , hai un mes , enténdese que dende o momento en que falamos para atrás hai unha semana ou un mes, pero non se marca con precisión o comezo exacto. O verbo FACER utilízase acompañado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para indica-lo momento exacto a partir do cal contamo-lo tempo que queremos expresar: hoxe fai dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou , onde se expresa unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase para os aniversarios, en galego os anos fanse non...

A CARROUCHA DOS PITOS

En varios lugares do sur de Pontevedra a palabra carroucha utilízase para designar dous tipos de escaravello: o Lucanus cervus e varios escaravellos do xénero Blaps ( Blaps lusitanica , Blaps mucronata , Blaps gigas , etc.). O Lucanus cervus é a vacaloura, escornabois, alicornio, etc. (Á dereita: unha femia e un macho de Lucanus cervus ; abaixo, dous machos loitando) Os outros escaravellos ós que lle chaman carroucha ou máis concretamente carroucha dos pitos son do xénero Blaps ( Blaps lusitanica ).  Chámanse carroucha dos pitos porque hai a crenza popular de que mantan os pitiños e chúchanlle o sangue. Esta crenza parece que non é verdadeira, xa que estes bechos aliméntanse de substancias orgánicas en descomposición, son saprófagos ou mesmo coprófagos (que comen merda, vaia). Estes insectos teñen hábitos nocturnos. Durante o día están agochados en sitios frescos e húmidos. Unha das características que permite recoñecer estes insectos é que cando se senten amea...

"COUSAS DO SUR"

No sur de Pontevedra, e polo que se ve neste mapa tamén no Minho portugués, o sufixo - eiro ten os valores xerais do galego e a máis ten outro propio da zona, o de individualizador ou mellor dito de "uninumeralizador". Adquire este valor cando se aplica a substantivos  continuos ou colectivos, isto é, aqueles que categorizan as entidades como materia, masa e substancia e os que designan un colectivo en singular, por exemplo granceiro de gran : gran refírese ó conxunto dos grans de millo, ó que noutras zonas lle chaman a gra , granceiro é un único gran. Hai varios exemplos en que - eiro funciona como uninumeralizador: o gran - un granceiro o arroz - un arroceiro a area - unha areeira o millo - un milleiro o pelo - un peleiro a herba - unha herbeira o toxo - un toxeiro a palla - unha palleira o fento - un fenteiro o pendón - un pendoeiro a verdura - unha verdureira silva - silveira xesta - xesteira vide - videira verza - verceira pi...

"O PORCO CELTA"

O caso do porco, que agora lles deu por chamar "celta", retrata moi ben a nosa triste historia, todo o de fóra é mellor có da casa, o noso non vale para nada, o do outro sempre é mellor có meu. De pequeno sempre oín falar dun porco que algúns inda apreciaban e buscaban nas feiras sen moito éxito. Eu inda vin algún, dicían que era tan longo que case non daba volta no cortello, arqueaba o lombo coma unha aguía, tiña as patas longas, o rabo arrequichado acabado nun guecho de sedas longas, a barriga fonda e afundida nas illargas e o máis importante, tiña unha ourellas descomunais, dicíase que para que un porco fose bo as ourellas tiñan que comer con el no cunco. A este porco ninguén lle chamaba celta, nin nada polo estilo, a xente coñecíao como porco de vara , porco do rabaño, porco centieiro, poco do centeo e tamén como porco santiagués ou de Santiago; debe ser porque a comarca de Santiago foi un dos últimos redutos onde se conservaba antes da "redescuberta". O...

REFLEXIÓNS

Hai palabras que dunhas variedades dialectais a outras só se diferencian porque nunhas zonas a palabra ten un [m] e noutras un [b]. Parece como se nalgunhas palabras [m] e [b] se intercambiasen ou houbese vacilación entre estes dous fonémas nalgún período do idioma e en cada dialecto se fosilizase un dos dous alófonos: borno/morno, mandil/bandil, boneco/moneco, amoumado /aboubado, amoumar/aboubar, camallón/caballón/cabañón/camballón (en portugués: camalhão e cambalhão), borrea/murrea, menda/venda, mendar/vendar, tarabela/taramela, bonifate/bonifrate/monifate (en port. bonifrate), abeneiro/ameneiro/amieiro, cotobelo/cotomelo, garamelo/garabelo, bica/mica, barbaña/marmaña, barbañar/marmañar, marmallar/barballar, bochechas/mochechas, bornal/embornal/mornal, boucelo/moucelo, esboucelar/esmoucelar, mencía/bencía, carabuña/caramuña/carambuña; cotobelo/cotomelo, bocarte/mocarte, espavento posiblemente deu pamento, perico/mirica, amorroar/aborroar, enmorroada/aborroada, morra/borra, bacall...