O caso do porco, que agora lles deu por chamar "celta", retrata moi ben a nosa triste historia, todo o de fóra é mellor có da casa, o noso non vale para nada, o do outro sempre é mellor có meu.
De pequeno sempre oín falar dun porco que algúns inda apreciaban e buscaban nas feiras sen moito éxito. Eu inda vin algún, dicían que era tan longo que case non daba volta no cortello, arqueaba o lombo coma unha aguía, tiña as patas longas, o rabo arrequichado acabado nun guecho de sedas longas, a barriga fonda e afundida nas illargas e o máis importante, tiña unha ourellas descomunais, dicíase que para que un porco fose bo as ourellas tiñan que comer con el no cunco. A este porco ninguén lle chamaba celta, nin nada polo estilo, a xente coñecíao como porco de vara, porco do rabaño, porco centieiro, poco do centeo e tamén como porco santiagués ou de Santiago; debe ser porque a comarca de Santiago foi un dos últimos redutos onde se conservaba antes da "redescuberta". Os dous primeiros nomes fan referencia á tradición de traelos soltos, andaban en rabaños ou varas polas carballeiras, unha tradición que parece que se está a recuperar co mesmo porco. O nome de "porco de vara" tamén se pode entender porque eran longos, tiñan moita vara. O motivo polo que se deixou de criar é porque eran animais de crecemento máis lento, tiñan moito touciño e eran demasiando grandes. A xente prefería criar outras razas máis pequenas, con máis carne, máis freba e en vez de matar un porco grande ó ano, matábanse dous pequenos e aproveitábase máis carne. Todo o mundo empezou a criar porcos xamoneiros e outras razas que daban máis carne en menos tempo. A economía é a economía, non se andaba con parvadas!!
Este porco ó que se lle chama modernamente "celta" pertence a unha estirpe europea antiga da que no noroeste da Península hai varias razas como o gochu asturcelta ou asturleonés e o porco bísaro portugués. Isto é o que di a páxina dedicada a esta raza: "De acordo com o Recenseamento Geral de Gados no Continente do reino de Portugal (1870), A definição de Bísaro é o nome que se dá nas províncias do centro e Norte do reino ao porco esgalgado pernalto e de orelhas pendentes para distinguir do porco roliço e pernicurto do Alentejo. O apelativo Céltico foi empregado por Sanson para exprimir a antiguidade do porco deste tipo que era o único que existia nos povos célticos da antiga Gália".

Comentários
Enviar um comentário