Hai moitas frases feitas, ditos e refráns que están sendo substituídos por castelanismos por falta de difusión, porque nas televisións se oen máis e máis tempo en castelán, saquemos os nosos á luz!!!
O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro, que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .
Arriba o soño!!!
ResponderEliminarA ver unha fracesiña de reghalo que xa ma terás oído máis dunha vez: "Ser máis lento cá renfe".
Díselle a alghén (ou de alghén) que é moi pousado, que non ten axilidade ningunha para facer as cousas nin para moverse.
Non che sei se se di en máis lughares, ou tan sequera se o di outra xente; porque, a verdade é que só o oín na miña casa.
Por suposto: Vilariño (Poio).
Moita sorte nesta nova angueira.
Bicos da túa amigha.
Ai, que me acordei doutra: "Estar (frío) coma a do can". Dise dunha comida que é para comer quente e arrefriou.
ResponderEliminarDa miña casa, Vilariño (Poio).
Pola miña zona, Torroso (Mos) dise: manca-la pata ou manga-la pata cando un está sen facer nada, folgado.
ResponderEliminarCando falamos utilizamos unha chea de comparacións para darlle expresividade ás nosas palabras:
ResponderEliminar-San coma un buxo.
-Feo coma un croio.
-Feo coma un can.
-Fraco coma un can.
-Inchado coma un sapo.
-Cheo coma un ovo: naquela casa non faltaba de nada, estaba chea coma un ovo.
-Negro coma un pote.
-Serio coma unha pataca.
-Encorreado coma unha pataca.
-Grande coma un día sen pan.
-Seco coma unha acha.
-Ter cara de ferreiro.
UNHA VELLA E MAIS UN VELLO
ResponderEliminarFIXERON UNHA EMPANADA
A VELLA COMEUNA TODA
E O VELLO QUEDOU SEN NADA
A CONA QUE TE BOTOU
ResponderEliminarSE BOTARA UNHA PESCADA
COMIÁMOLA ENTRE TODOS
E NON NOS CHEGABA A NADA
NEVE NA LAMA
ResponderEliminarCHUVIA NA CAMA
Cereixiña (xoaniña) voa voa
ResponderEliminarteu pai vai en Lisboa
túa nai na herba seca
e non hai quen che dea a teta
Reirrei
cantos anos durarei
vinte e cinco
non o sei
un, dous, tres...
Ábreme a porta do muíño
ResponderEliminarque che quero dar castañas
eu a porta non cha abro
que eu ben sei as túas mañas
Eu fun ó muíño con Paula
ResponderEliminareu fun ó muíño con ela
ela durmiu nos meus brazos
eu durmín nos brazos dela
O QUE A LONXE VAI CASAR, OU TEN TACHA OU VAINA BUSCAR.
ResponderEliminarTorroso (Mos), Arcade (Soutomaior).
Miña nai por me casar
ResponderEliminarprometeume bois e vacas
aghora qu'estou casada
nin unha cunca de papas
A ver, aí vai unha palabriña que xa hai ben tempo que cha ía mandar e non a dei mandado.
ResponderEliminarENROLLAR (probablemente castelá, pero cun significado curioso)
Dixo o outro día meu pai: "Os cacahuetes enrollan".
Con isto quixo dicir que prexudican a evacuación das feces, que non deixan "ir ben por fóra", bah.
É palabra común en Vilariño (Poio).
Ola, Xosé Lois. Un pracer, ben sabes....
ResponderEliminarARDEN OS CANGOS, ARRIMARSE A ELES: Escoiteilla á miña mai, como non!, referíndose a que cando alguén gasta moito, aínda que non teña, hai que se aproveitar da situación. Lugo.
NESTE NIÑO XA NON ESTÁN OS PAXAROS DO ANO PASADO: Escoiteilla a unha amiga da Fonsagrada, referíndose a un rapaz co que estivera e que a deixara. Co paso do tempo, el intentou volver con ela, pero ela xa non tiña os mesmo sentimentos.
OS NENOS E OS CANS, SEGUNDO OS AFÁS.
A BESTA VELLA, VAI AOS TOXOS. do meu pai, Lugo.
E por hoxe chega, que non pode ser todo xunto..... Bicos, e parabéns
Ana de Lugo
POLO PAN BEILLA O CAN
ResponderEliminarÉ MELLOR ANDAR CA ORNEAR
ResponderEliminarFOI UNHA E LEVOUNA O GHATO
ResponderEliminarO MEU CAN PILLOU UNHA MOSCA
CANDO NACEU O SAPO NACEU A SAPA
ResponderEliminarCHÉIRAME A CAN, GHALIÑAS SERÁN!!
ResponderEliminarNO VIRAR DUNHA MAN
ResponderEliminarXA ERA MILLOR BOTARSE Ó PORCO
ResponderEliminarERA MILLOR IR Á CORTE E MATALAS TODAS
NON SE-LA CHAVE DAS NOCES
ResponderEliminar-Non sei para que queres iso, tampouco é que seña a chave das noces!
A Mariña (Lugo)
Cando abril rechaca
ResponderEliminarinda a vella queima a acha
No mes de maio
ResponderEliminarinda a vella queima o tallo
O home é o lume,
ResponderEliminara muller estopa,
vén o demo e sopra
O home e o can van a onde as dan
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarRabo de boi
ResponderEliminarrabo de besta
dixo meu pai
que era esta
Rabo de boi
ResponderEliminarrabo de besta
díxome Deus
que era esta
Febreiro mouco
ResponderEliminarsolo dura vinte e oito
se chega a durar máis catro
non queda nin can nin ghato
Febreiro mouco
ResponderEliminarsolo dura vinte e oito
se chega a durar máis
non quedan nin ghatos nin cans
Vaite febreiro
ResponderEliminarcos teus vinte e oito
que se duras máis catro
non queda nin can nin ghato
Febreiro mouco
ResponderEliminarvaite cos teus vinte e oito
que se duras máis catro
non queda nin can nin ghato
Remenda o teu pano
ResponderEliminarque che durará un ano
vólveo remendar
qu'aínda che volve durar
A CHUVIA NO MES DE SAN XOÁN, TOLLE O VIÑO E NON DÁ PAN
ResponderEliminarCEU EMPEDRADO, CHAN MOLLADO
ResponderEliminarNO SAN XOÁN, INDA A VELLA DI POR ONDE VÉN O VRAN
ResponderEliminarMORREU O RATO, TAPOUSE O BURATO
ResponderEliminarNo mes d'abril
ResponderEliminarfoxe o porco pró cubil
Así e todo
a rola a rolare
o cuco a cucare
colle o cestiño
e vai sementare
Pero así e todo
a vella meteuse dobaixo da xesteira
e pasoulle o tempo da sementeira
Así e todo
canta cuco, canta cuco
na rabixa do arado
as mozas que aghora hai
quéroncho mui avivado
NON SIRVAS A QUEN SERVIU, NIN PIDAS A QUEN PEDIU
ResponderEliminarNON SIRVAS A QUEN SIRVEU, NIN PIDAS A QUEN PIDEU
ResponderEliminarO DÍA QUE CASACHES TI, CASEI EU, PAU TI, PAU EU
ResponderEliminarCARNAVAL NA PRAZA, SEMANA SANTA NA CASA
ResponderEliminarNACE O CORVO NA PENA E SEMPRE QUE PODE VOLVE A ELA
ResponderEliminarLÚA NOVA TRONADA, TRINTA DÍAS MOLLADA
ResponderEliminarLÚA NOVA DE TRONADA, TRINTA DÍAS É MOLLADA
ResponderEliminarLÚA NOVA E TREBOADA, TRINTA DÍAS É MOLLADA
EliminarVinde rapaces,
ResponderEliminarmulleres e todos
vinde ve-lo dote
que me deu meu sogro
unha cabra cega,
un cabirto coxo
unha manta rota
cun remendo roxo
Polo san Román, tres días son de vrán
ResponderEliminarPolo san Martiño, tres días e un bocadiño
ResponderEliminarO DÍA DAS CANDELAS (Candeloria)
ResponderEliminarSe chove e venta
inverno entra
se chove e encora
inverno fóra
que ría que deixe de rir
a metá do inverno está por vir
Cando a Candeloria chora
Eliminarmedio inverno vai fóra,
e que chore ou que deixe de chorar
a metade o inverno está por pasar
EL SECRETO DE TU PECHO
ResponderEliminarNO SE LO CUENTES A TUS AMIGOS
QUE LAS AMISTADES SE ACABAN
Y TE SIRVEN DE TESTIGOS
EL CASAMIENTO Y LA MORTAJE DEL CIELO BAJE
ResponderEliminarAdicionais da Mariña:
ResponderEliminar"En Maio, aínda a vella quenta o tallo" (=sentada ao pé da lareira, en maio aínda vai frío).
"Cando de nordés chove, ata as pedras move".
Andar pra dentro,
ResponderEliminarandar fedorento,
andar pra fóra,
andar que namora