Avançar para o conteúdo principal

A CARROUCHA DOS PITOS

Roháč obecný (Lucanus cervus)
En varios lugares do sur de Pontevedra a palabra carroucha utilízase para designar dous tipos de escaravello: o Lucanus cervus e varios escaravellos do xénero Blaps (Blaps lusitanica, Blaps mucronata, Blaps gigas, etc.).

O Lucanus cervus é a vacaloura, escornabois, alicornio, etc.

(Á dereita: unha femia e un macho de Lucanus cervus; abaixo, dous machos loitando)



Os outros escaravellos ós que lle chaman carroucha ou máis concretamente carroucha dos pitos son do xénero Blaps (Blaps lusitanica).  Chámanse carroucha dos pitos porque hai a crenza popular de que mantan os pitiños e chúchanlle o sangue. Esta crenza parece que non é verdadeira, xa que estes bechos aliméntanse de substancias orgánicas en descomposición, son saprófagos ou mesmo coprófagos (que comen merda, vaia).

Estes insectos teñen hábitos nocturnos. Durante o día están agochados en sitios frescos e húmidos. Unha das características que permite recoñecer estes insectos é que cando se senten ameazados segregan un líquido que produce un cheiro fedorento para protexerse dos predadores.

Comentários

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

VOCABULARIO

Se sabedes algunha palabra "rara" ou que consideredes pouco habitual, restrinxida a algunha zona concreta, etc. podedes engadila neste apartado, aprendédenos palabras!!!!