Avançar para o conteúdo principal

ESCARPÓN

O escarpón (de escorpión) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire.
O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa.
Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro, que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo, rela e tamén grilo ceboleiro.

Comentários

  1. No Morrazo, desde pequeno escoitei esa palabra, pero sempre aplicada a unha persoa pouco sociable, que lle escapa á xente. Invariable en masculino e feminino.
    Ex.: Esa muller mira que é escarpón; non fala con ninguén. Teu irmán está feito un escarpón.

    ResponderEliminar
  2. Aplicado, no Morrazo, ao peixe chamado escarpón, un deles, porque en Galicia hai 3 diferentes. Tamén se chaman lagartos nalgunhas zonas.
    Este vive nos fondos blandos de area ou grava. Son moi desconfiados, e corren a enterrarse ante ó mínimo perigo. Os machos adultos teñen tonalidades azuis e unhas aletas tamén con bandas desa cor. As fémias e os xóvenes son menos chamativos, con tons marróns con manchas brancas, e as veces levan como 4 ou 5 sillas de montar no dorso. O fuciño e moi pronunciado.

    ResponderEliminar
  3. No Morrazo aplícase ao peixe chamado escarpón, un deles, porque en Galiza hai 3 diferentes. Tamén se chaman lagartos nalgunhas zonas.
    Este vive nos fondos blandos de area ou grava. Son moi desconfiados, e corren a enterrarse ante o mínimo perigo. Os machos adultos teñen tonalidades azuis e unhas aletas tamén con bandas desa cor. As fémias e os xóvenes son menos chamativos, con tons marróns con manchas brancas, e as veces levan como 4 ou 5 sillas de montar no dorso. O fuciño e moi pronunciado.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

O TEMPO

En galego para falar do tempo, tanto o cronolóxico coma o atmosférico, hai unha serie de expresións propias e diferentes dos idiomas veciños. Para falar do tempo cronolóxico empréganse tres verbos: HABER, FACER e IR, que moita xente confunde, supoño que por interferencia do castelán. O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado, sen unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana , hai un mes , enténdese que dende o momento en que falamos para atrás hai unha semana ou un mes, pero non se marca con precisión o comezo exacto. O verbo FACER utilízase acompañado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para indica-lo momento exacto a partir do cal contamo-lo tempo que queremos expresar: hoxe fai dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou , onde se expresa unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase para os aniversarios, en galego os anos fanse non se